Arcos de Valdevez é un concello do distrito de Viana do Castelo, Portugal limítrofe con Galicia, e englobado na rexión Norte e na subrexión Minho-Lima. Ten 445.89 km² de área e 24.761 habitantes (2001). Divídese en 51 freguesías. A capital é a vila de Arcos de Valdevez que ten 2.200 habitantes. Tras as eleccións de 2021, a cámara municipal está formada por 5 representantes do Partido Social Demócrata e 2 do Partido Socialista.
Demografía
Serie de poboación histórica de Arcos de Valdevez
Ano
1801
1849
1900
1930
1960
1981
1991
2001
2004
Poboación
21435
25824
31968
32163
38739
31156
26976
24761
24635
Freguesías
As freguesías son o equivalente ás parroquias en Galicia. Son as seguintes: