Nogueira de Ramuín é un concello da provincia de Ourense , pertencente á comarca de Ourense e á Ribeira Sacra . Segundo o padrón municipal, en 2017 tiña 2.033 habitantes (2.565 en 2003 ) .
Demografía
Censo total
2.033 (2017)
Menores de 15 anos
132 (6.49 %)
Entre 15 e 64 anos
1.134 (55.78 %)
Maiores de 65 anos
767 (37.73 %)
Evolución da poboación de Nogueira de Ramuín Fontes: INE e IGE .
1900
1930
1950
1981
2004
2009
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019
2020
2021
2022
2023
7.881
8.275
8.201
3.514
2.561
2.435
2.381
2.336
2.271
2.198
2.124
2.075
2.033
2.011
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)
Xeografía
O concello, de 98,3 km², abrangue trece parroquias. Está situado ao norte da provincia de Ourense, e limita ao norte cos concellos de Carballedo , Pantón , Sober , ao sur con Esgos e Xunqueira de Espadanedo , ao leste con Parada de Sil e ao oeste con Coles , A Peroxa e Pereiro de Aguiar .
Sitúase á beira da confluencia do río Miño co Sil , incluíndo tamén o val superior do río Loña. Cara ao sur está a depresión de Ourense, nas abas de Cabeza de Meda (1320 m).
Está comunicada a través da estrada OU-546 (Ourense - Monforte de Lemos) e da OU-536 (Ourense - Ponferrada).
Historia
Consérvanse restos do megalítico , as mámoas de Moura e de Lamagorzos. Do románico son o mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil e as igrexas de San Martiño de Nogueira e San Cristovo de Armariz.
Existen petos de ánimas en San Miguel do Campo, Eiradela, Pacios e Liñares.
Patrimonio
Galería de imaxes
Parroquias
Lugares de Nogueira de Ramuín
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Nogueira de Ramuín vexa: Lugares de Nogueira de Ramuín .
Notas
Véxase tamén
Outros artigos