Avenida de Arteixo Mural da canteira de Santa Margarida, de Leopoldo Nóvoa
Tipoloxía Avenida de acceso e saída da cidade Dimensións Formato 2 ou 3 carrís por sentido Localización Inicio Rúa de Juan Flórez Fin Autoestrada de Carballo Localidade A Coruña Como chegar Bus Circulación Tránsito Peonil e rodado
A avenida de Arteixo é unha das principais vías de saída da Coruña . Vai dende a rúa de Juan Flórez ata a rotonda de Eduardo Diz, no polígono da Agrela . A partir de aí continúa baixo a denominación de estrada de Baños de Arteixo ata o comezo da AC-552 e a AG-55 . Ata o ano 2009 recibiu oficialmente o nome de Avenida de Arteijo,[ 1] mais as placas co topónimo castelanizado non se cambiaron ata xuño de 2017 .[ 2]
Historia
Placa co nome deturpado
A avenida de Arteixo aparece recollida por primeira vez no plan presentado por César Cort en 1945 co nome de Avenida do Parque, por arrodear o Parque de Santa Margarida [ 3] e concibiuse como alternativa á Avenida de Fisterra . A vía rematouse a principios da década de 1990 .
En 2017, a avenida recuperou o nome galego.[ 4]
Lugares de interese
Na avenida de Arteixo atópanse algúns lugares de interese, como o parque de Santa Margarida , co mural de Leopoldo Nóvoa ,[ 5] o Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa e o centro comercial Marineda City .
O edificio no número 10, de Ramón Vázquez Molezún (1956)[ 6] ten fenêtres en longueur , ao estilo Le Corbusier . O centro de saúde dos Mallos, de Noguerol e Díez (1998) está situado no número 96.[ 7] [ 8]
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
García López, Alfonso (2009). Calles con historia (en castelán) . Espacio Cultura Editores. ISBN 978-84-938089-1-4 .
Rueiro da Coruña
Avenidas Calellos, camiños e quellas Estradas Paseos Prazas Rondas Rúas