Severity: Notice
Message: Undefined offset: 1
Filename: infosekolah/leftmenudasboard.php
Line Number: 33
Line Number: 34
Atlas SLV-3 foi un lanzador orbital pertencente á familia de foguetes Atlas, formada en primeiro lugar por mísiles e máis tarde por foguetes espaciais.
O Atlas SLV-3 foi unha versión estandarizada do foguete Atlas para lanzamentos espaciais. Despois da básica viñeron caro revisións máis: os Atlas SLV-3A, SLV3-B, SLV3-C e SLV3-D, cada un coas súas variantes.
Consistía nun Atlas SLV-3 cunha segunda etapa Agena B, co que se conseguía poder lanzar ata 600 kg de carga á órbita xeoestacionaria. Lanzouse un único foguete desta variante.
Consistía nun Atlas SLV-3 cunha segunda etapa Agena D, incrementando a carga para a órbita baixa terrestre ata os 1000 kg e para a órbita xeoestacionaria a 700. Lanzouse 47 veces, con 5 fallos totais e un parcial.
Un Atlas SLV-3A, mellorado e máis potente, cunha segunda etapa Agena D. Lanzouse 12 veces, cun só fallo, e todos desde Cabo Cañaveral.
Un Atlas SLV-3B cunha segunda etapa Agena D. Lanzouse unha soa vez para poñer en órbita o observatorio espacial OAO-1.
Consistía nun Atlas SLV-3C, unha versión mellorada do foguete base, usando unha segunda etapa Centaur D. Capaz de poñer 1800 kg en órbita. Lanzouse 16 veces, todas desde Cabo Cañaveral, con tres fallos.
A última iteración dos Atlas SLV-3, o Atlas SLV-3D era unha versión máis potente e usaba unha segunda etapa Centaur D1A ou Centaur D1AR. Era capaz de poñer ata 1800 kg en órbita xeoestacionaria. Lanzouse 32 veces, todas desde Cabo Cañaveral, con dous fallos totais e un parcial.