Ministry of Foreign Affairs, Ministry of Foreign Affairs of Malaysia, Department of Foreign Affairs, Ministry of Foreign Affairs of the Republic of Singapore e Ministry of Foreign Affairs of Thailand
A Asociación de Nacións do Sueste Asiático (inglés: Association of Southeast Asian Nations ou ASEAN)[n. 1] é unha organización intergobernamental de estados do sueste asiático creada o 8 de agosto de 1967 por cinco países: Tailandia, Indonesia, Malaisia, Singapur e Filipinas, co propósito de fomentar a cooperación e asistencia entre os estados membros. Na actualidade está integrada por 10 países da rexión do sueste asiático; xa que os cinco primeiros posteriormente uníronselles Brunei (1984), Vietnam (1995), Laos (1997) Myanmar (1997) e Camboxa (1999). Papúa Nova Guinea ten status de observador.
De acordo co diario dixital Expansión (Datos Macro), habítana uns 646 millóns de persoas e o seu PIB anual é de 2,45 billóns de euros,[4] aínda que outras fontes apuntan a un PIB de 5,7 billóns de dólares.[5]
Os principais obxectivos da ASEAN son: acelerar o crecemento económico e fomentar a paz e a estabilidade rexional. A ASEAN estableceu un foro conxunto con Xapón, sostén un acordo de cooperación coa Unión Europea (UE), e iniciou conversacións para a cooperación comercial oficial con Unión Económica Eurasiática (UEE).[6] A súa sede principal atópase en Iacarta.
A ASEAN tamén se relaciona regularmente con outros países da rexión Asia-Pacífico e de fóra dela. Como socio principal da Organización de Cooperación de Shanghái, a ASEAN mantén unha rede global de alianzas e socios de diálogo e é considerada por moitos como unha potencia mundial,[7][8] a unión central para a cooperación en Asia-Pacífico, e unha organización prominente e influente. Participa en numerosos asuntos internacionais e alberga misións diplomáticas en todo o mundo.[9][10][11][12]
En novembro de cada ano os países membros celebran unha xuntanza.
Historia
Fundación
A antecesora da ASEAN foi a Asociación do Sueste Asiático (ASA), constituída o 31 de xullo de 1961 e integrada por Tailandia, Filipinas e a Federación Malaia.[13][14] A ASEAN creouse o 8 de agosto de 1967, cando os ministros de asuntos exteriores de cinco países -Indonesia, Malaisia, Filipinas, Singapur e Tailandia- asinaron a Declaración da ASEAN.[15] Tal e como se recolle na declaración, os obxectivos e propósitos da ASEAN son acelerar o crecemento económico, o progreso social e o desenvolvemento cultural da rexión, promover a paz rexional, a colaboración e a asistencia mutua en asuntos de interese común, prestarse asistencia mutua en forma de servizos de formación e investigación, colaborar para unha mellor utilización da agricultura e a industria co fin de elevar o nivel de vida da poboación, promover os «Estudos sobre o Sueste Asiático» e manter unha cooperación estreita e beneficiosa coas organizacións internacionais existentes con obxectivos e propósitos similares.[16][17]
Estes acontecementos tamén alentaron a formación previa da Organización do Tratado do Sueste Asiático (SEATO), liderada polos Estados Unidos, Reino Unido e Australia, con varios socios do sueste asiático en 1954 como unha extensión da política de "contención", que buscaba crear unha versión oriental da OTAN.[20] Con todo, os Estados membros locais do grupo ASEAN lograron unha maior cohesión a mediados da década de 1970, tras un cambio no equilibrio de poder despois da caída de Saigón e o final da guerra de Vietnam en abril de 1975 e o declive da SEATO.
O primeiro cume da ASEAN, celebrada en Balí, Indonesia, en 1976, deu lugar a un acordo sobre varios proxectos industriais e á firma dun Tratado de Amizade e Cooperación, e unha Declaración de Concordia. O final da guerra fría permitiu aos países da ASEAN exercer unha maior independencia política na rexión, e na década de 1990, a ASEAN xurdiu como unha voz líder en comercio rexional e cuestións de seguridade.[21]
O 15 de decembro de 1995 asinouse o Tratado sobre a Zona Libre de Armas Nucleares do Sueste Asiático para converter o sueste asiático nunha zona libre de armas nucleares. O tratado entrou en vigor o 28 de marzo de 1997, tras a súa ratificación por todos os Estados membros menos un. Entrou plenamente en vigor o 21 de xuño de 2001, despois de que Filipinas o ratificase, prohibindo de feito todas as armas nucleares na rexión.[22]
Expansión
O 7 de xaneiro de 1984, Brunei converteuse no sexto membro da ASEAN[23] e o 28 de xullo de 1995, Vietnam uniuse como o sétimo.[24]Laos e Myanmar uníronse dous anos despois, o 23 de xullo de 1997.[25]Camboxa ía incorporarse ao mesmo tempo que Laos e Myanmar, mais unha loita política interna retardou o seu ingreso ata o 30 de abril de 1999 trala estabilización do seu goberno.[25][26]
En 2006, a ASEAN recibiu o status de observador na Asemblea Xeral da Organización das Nacións Unidas.[27] Como resposta, a organización outorgou o status de "socio de diálogo" á ONU.[28]
O 15 de decembro de 2008, os estados membro reuníronse en Iacarta para lanzar unha carta, asinada en novembro de 2007, para achegarse a "unha comunidade ao estilo da Unión Europea".[29]
Desde aproximadamente o ano 100 a.C., o arquipélago do Sueste Asiático ocupaba unha posición central na encrucillada das rotas comerciais do océano Índico e do mar da China Meridional, o que estimulou a economía e a afluencia de ideas.[32] Isto incluíu a introdución dos alfasilabarios no sueste Asiático, así como a escrita chinesa en Vietnam. Ademais de varias escrituras indíxenas, diversas escrituras bráhmicas estaban moi estendidas tanto no sueste Asiático continental como no insular. Historicamente, escrituras como a pallava, a kawi (da antiga escritura támil) e a rencong ou a surat ulu utilizáronse para escribir o malaio antigo, ata que foron substituídas polo jawi durante as misións islámicas no arquipélago malaio.
[33]
Acharya, Amitav (2009). Constructing a Security Community in Southeast Asia: ASEAN and the problem of regional order (2nd ed.). Abingdon, Oxfordshire/New York: Routledge. ISBN978-0-415-41428-9.
Collins, Allan (2013). Building a People-oriented Security Community the ASEAN Way. Abingdon, Oxfordshire/Nova York: Routledge. ISBN978-0-415-46052-1.
Lee, Yoong, ed. (2011). ASEAN Matters! Reflecting on the Association of Southeast Asian Nations. Singapore: World Scientific Publishing. ISBN978-981-4335-06-5.
Haacke, Jürgen; Morada, Noel M., eds. (2010). Cooperative Security in the Asia-Pacific: The ASEAN Regional Forum. Abingdon, Oxfordshire/New York: Routledge. ISBN978-0-415-46052-1.