Descolonización de Asia

Agás nos imperios de China e o Xapón a penetración europea na Asia central e oriental concluíra a fins do século XIX, coa integración de extensos territorios, densamente poboados na organización dos imperios coloniais europeos. Tres grandes rexións asiáticas pertencían a tres imperios europeos. Todo o subcontinente do Indostán incorporárase dende o século XVII ó Reino Unido; Indonesia dependía a súa vez dos Países Baixos dende a mesma época. A terceira rexión colonial asiática era Indochina, que fora integrada dende mediados do XIX no Imperio francés.

Había en Asia oriental algúns outros territorios coloniais, herdanza dos vellos imperios ibéricos, pero o protagonismo do proceso de conquista da independencia política osténtano os países xurdidos desas tres rexións. De todos eles o de maior influencia en todo o mundo colonial foi o da India a xoia da coroa británica.

As colonias británicas: Independencia do Indostán

A independencia política da península do Indostán foi, salvando o illado caso das Illas Filipinas, que se liberou do protectorado americano en 1946, o primeiro paso decisivo da descolonización no continente asiático. Trátase dun proceso rápido, que se fai consonte co goberno británico. En febreiro de 1947 o propio presidente británico, o laborista Clement Attlee, fixa a data de transmisión do goberno a mans indias poñendo o ano seguinte como límite. Esta posición oficial acelera os acontecementos que culminan coa sinatura dos acordos de transmisión de poderes entre o derradeiro vicerrei da India, lord Mountbatten e os líderes dos dous grandes partidos indios: o Partido do Congreso de Gandhi e Nehru e a Liga Musulmá de Ali Jinnah, coa consecución ese mesmo ano da independencia oficial da India.

Porén, eran enormes os problemas que debía afrontar o proceso de descolonización. O primeiro deles foi resolver a partición da India británica, o que trouxo consigo a aparición de dous estados definidos por razóns relixiosas: A Unión India, de maioría hindú e Paquistán de maioría musulmá. Do goberno da India ocupouse Nehru e de Paquistán Ali Jinnah, aínda que por algún tempo se mantiveron ambos os países no seo da Commonwealth británica. O estado paquistaní atopábase dividido en dous territorio, ó oeste e leste da India separados por máis de dous mil quilómetros de distancia. Isto provocou non poucas dificultades, ata que en 1971 constituíuse na sección oriental un novo estado independente co nome de Bangladesh. A India rematou dividida en tres territorios. A formación dos dous estados na antiga India británica foi o resultado das tensións relixiosas acumuladas durante a segunda guerra mundial e da proposta de partición efectuada polo goberno laborista inglés. A partición deste inmenso territorio foi, en certo modo, un resultado das diverxencias fomentadas polos británicos no seu goberno da India, especialmente durante a segunda guerra mundial. Dado que os dirixentes do Partido do Congreso reclamaban unha India independente como condición para loitaren a prol dos británicos, estes propiciaron unha política de divide e vencerás, apoiando as reivindicacións dos musulmáns. A pesar dos esforzos de Gandhi por integrar baixo un mesmo teito político as dúas comunidades relixiosas, ó termo da guerra a Liga Musulmá de Jinnah estaba moi fortalecida e convencida de que só no momento da independencia sería viable a formación do estado de Paquistán.

O segundo problema estribaba en xestionar os efectos inmediatos da independencia. Os costos da partición foron enormes xa que abondaron conflitos territoriais e relixiosos. Por unha banda, producíronse sanguentos enfrontamentos civís en rexións, como Bengala ou o Panxab, onde cohabitaban hindús e musulmáns. Por outra banda, o fundamentalismo relixioso no que naceron ambos os estados provocou unha ondada de refuxiados en ambas as direccións, co conseguinte intercambio. Alén de todo isto quedaron por resolver algúns litixios fronteirizos, especialmente na rexión de Caxemira, onde se mantivo a tensión ata os anos 70, co estalido intermitente de guerras nas que interveu frecuentemente a ONU.

O goberno da India independente benefíciase dunha grande estabilidade política asegurada en parte por unha continuidade familiar. O Pándit Nehru, pai da independencia xunto con Gandhi, goberna ata a súa morte en 1964 co apoio do Partido do Congreso. Tras dous anos de goberno de Shastri accede ó poder a filla de Nehru Indira Gāndhi que, á súa vez foi continuada polo seu fillo Rajiv Gandhi, ambos os dous foron asasinados por extremistas políticos en 1984 e 1991 respectivamente. India viviu a partir da independencia un período de enorme expansión económica e de gobernos de raíz democrática, o que contrasta coa evolución política de Paquistán, onde foron máis frecuentes os gobernos de ditadura militar.

A independencia da India tivo efectos inmediatos noutras posesións británicas de Asia, como Birmania, Sri Lanka e Malaisia. Nun espazo de 10 anos produciuse a descolonización dos territorios británicos no continente asiático. Do inmenso imperio colonial forxado no século XIX, constituído por varios centos de millóns de habitantes, só quedou adscrito ó Reino unido a cidade de Hong Kong, preto da cidade china de Cantón que rematou definitivamente coa devolución desta cidade a China, realizada a fins do ano 1997.

A independencia das colonias holandesas: Indonesia

A descolonización de Indonesia, que supón a liquidación do Imperio colonial holandés, foi tamén rápida. A finais do ano 1949 quedaron constituídos os Estados Unidos de Indonesia, con Sukarno como presidente. Pouco tempo despois transfórmase nun estado unitario, coa denominación de República de Indonesia. Pero o proceso seguido polos holandeses foi máis parecido ó dos franceses en Indochina que ó dos británicos na india. A influencia da ocupación xaponesa dende 1942 e a internacionalización do conflito indonesio proporcionaron diferenzas substantivas.

A ocupación das Indias holandesas polos xaponeses produciuse no curso de poucas semanas, dado que foi moi feble a resistencia do exército holandés. A presenza nipoa no arquipélago indonesio favoreceu a difusión dunha campaña fortemente antioccidental, asemade puideron desenvolverse as actividades dos nacionalistas indonesios dirixidas por Hatta e Sukarno, que non só foron apoiados polos xaponeses, senón que gozaron da súa tolerancia para crearen un exército indonesio. A ocupación xaponesa fixera posible concibir a independencia ós dous días da rendición xaponesa na segunda guerra mundial, Sukarno proclama a república de Indonesia.

Así e todo, os Países Baixos non aceptaron esta situación. Coa axuda do exército británico, recuperou o control sobre Indonesia, pero malia os sucesivos intentos de crear unha federación entre Holanda e as súas posesións ultramarinas, impúxose pouco a pouco a doutrina do abandono de Indonesia. Nesta situación influíron varios factores. Por unha banda a fortaleza do nacionalismo indonesio, que despregou unha guerra de guerrillas contra o exercito holandés, por outra a presión internacional a prol da descolonización, tanto entre os novos estados xa independizados como nos organismos internacionais como a ONU. Tras dúas operacións de policía en 1947 e 1948 contra a guerrilla, o apoio internacional a causa dos indonesios e un movemento de desobediencia civil levaron ó traspaso final da soberanía á República de Indonesia. A partir desta data, Indonesia desenvolvería un rol protagonista na organización política do Terceiro Mundo, acollendo a decisiva Conferencia de Bandung. Sukarno mantívose no poder ata 1965 no que unha revolta militar coloca no mesmo ó xeneral Suharto.

A independencia das colonias francesas: Indochina

O curso seguido por Indochina foi moi diferente dos casos anteriores tanto pola natureza política dos diversos pobos integrados so a mesma denominación, como pola peculiaridade da administración colonial imposta pola metrópole francesa. Na posguerra Francia, ensaiou unha estratexia moi diferente da británica ó prever na constitución de 1946 a constitución dunha Unión Francesa. Tratábase de integrar so a soberanía de Francia a diversidade de países que formaban parte do seu imperio. Mais esta opción tivo pouco éxito. A primeira fenda aberta foi precisamente a independencia de Indochina xoia asiática da república gala.

Tamén neste caso foi fundamental a experiencia na guerra e a ocupación xaponesa do territorio indochino, o que propiciou a formación dunha Liga para a independencia do Vietnam dirixida por Ho Chi Minh, que desembocou na proclamación da República Democrática de Vietnam en 1946. Ó igual que fixeran os holandeses en Indonesia, tamén os franceses tentaron recuperar militarmente o territorio de Indochina. O problema radicaba na zona norte onde se constituíra a RDV. As resistencias dos colonos franceses da Cochinchina (Vietnam do sur) a se uniren co Vietnam do norte, a cuxos dirixentes consideraban axitadores antifranceses, provocaron o fracaso dos intentos de integrar na unión francesa á República vietnamita. Comeza así unha guerra de oito anos (1946-1954) que remata coa derrota francesa. A partir de 1950 o conflito adquire dimensións internacionais. As milicias do Viet-Minh son apoiadas pola República Comunista da China, mentres que os franceses comezan a ser axudados polos EEUU na súa loita contra o avance comunista, para evitaren as consecuencias da coñecida teoría do efecto dominó.

Reproducíase en Indochina o bipolarismo que levara a guerra de Corea ou a partición de Alemaña. Tamén neste caso a solución sería a división do Vietnam tralo abandono da presenza francesa en Indochina. A saída dos franceses prodúcese trala Conferencia de Xenebra (1954) na que se acorda conceder plena independencia ós tres estados resultantes da descolonización: Laos, Camboxa e Vietnam. Isto supoñía a destrución de toda a política de acordos que os franceses desenvolveran dende 1946 para fortaleceren a unión en Indochina. Pola súa banda o estado vietnamita divídese en dúas zonas á espera dun referendo previsto para 1956 con vistas á posible reunificación de ambas as dúas zonas. O referendo non chegou a celebrarse porque era previsible a vitoria de Ho chi Minh. Para evitar esta consulta proclamouse antes a República de Vietnam do sur, apoiada polos EUA. A unificación das dúas zonas vietnamitas tardou aínda vinte anos, dado que non se vai producir ata o abandono do Vietnam polos estadounidenses (1973) e a entrada das tropas norvietnamitas en Saigón capital de Vietnam do sur (1975).

A descolonización de Indochina non rematou, pois coa ausencia francesa do sueste asiático. Ademais da guerra civil que viviu Vietnam, con fortes apoios internacionais de China e Estados Unidos o resto dos estados de Indochina independizados a partir dos acordos de Xenebra (Laos e Camboxa) sufriron durante moitos anos os vaivéns políticos derivados do conflito bélico desenvolvido preto das súas fronteiras. Pero a guerra en Indochina puxo claramente de relevo as fendas que tiña o colonialismo europeo en Asia, impotente ante a emerxencia de movementos nacionais de liberación e desautorizado polas regras da nova orde mundial establecida polas grandes potencias da posguerra. Setenta anos despois o dominio colonial de Francia no sueste asiático rematou en parte como comezara: cunha guerra no golfo de Tonkin. A primeira minou a credibilidade do goberno de Jules Ferry, grande adaíl da expansión ultramarina. A segunda guerra en Indochina deixou debilitado ó réxime da IV República que a guerra de Alxeria remataría por enterrar.

Read other articles:

Bandar Udara LabuanLapangan Terbang Labuan纳闽机场IATA: LBUICAO: WBKL LBULokasi bandar udara di KalimantanInformasiJenisPublik/MiliterPengelolaMalaysia Airports Holdings BerhadMelayaniLabuan, MalaysiaKetinggian dpl31 mdplKoordinat05°18′02″N 115°15′00″E / 5.30056°N 115.25000°E / 5.30056; 115.25000Landasan pacu Arah Panjang Permukaan m kaki 14/32 2,300 7,546 Aspal Statistik (2010)Penumpang505,903Pergerakan pesawat12,093Kargo dalam metrik ton4,59...

 

حملة بلاد الرافدين جزء من الحرب العالمية الأولى الخنادق العثمانية خلال حصار الكوت معلومات عامة التاريخ 6 نوفمبر 1914 إلى 14 نوفمبر 1918 الموقع بلاد الرافدين (العراق الآن) النتيجة انتصار الحلفاء، معاهدة سيفر الانتداب البريطاني على العراق المتحاربون المملكة المتحدة الهند البري...

 

جزء من سلسلة مقالات حولحقوق الإنسان النظرية حقوق الادعاء وحقوق الحرية حقوق فردية حقوق طبيعية وحقوق قانونية حقوق سلبية وإيجابية حقوق الإنسان المدنية والسياسية الاقتصادية والاجتماعية والثقافية الأجيال الثلاثة الحقوق حسب الفئة الطفل المستهلك الدائنون المتهمون الصم المسن...

Artikel atau sebagian dari artikel ini mungkin diterjemahkan dari .NET Framework di en.wikipedia.org. Isinya masih belum akurat, karena bagian yang diterjemahkan masih perlu diperhalus dan disempurnakan. Jika Anda menguasai bahasa aslinya, harap pertimbangkan untuk menelusuri referensinya dan menyempurnakan terjemahan ini. Anda juga dapat ikut bergotong royong pada ProyekWiki Perbaikan Terjemahan. (Pesan ini dapat dihapus jika terjemahan dirasa sudah cukup tepat. Lihat pula: panduan penerjema...

 

Синелобый амазон Научная классификация Домен:ЭукариотыЦарство:ЖивотныеПодцарство:ЭуметазоиБез ранга:Двусторонне-симметричныеБез ранга:ВторичноротыеТип:ХордовыеПодтип:ПозвоночныеИнфратип:ЧелюстноротыеНадкласс:ЧетвероногиеКлада:АмниотыКлада:ЗавропсидыКласс:Пт�...

 

Sekolah Tinggi Theologi Jaffray JakartaLambang STT Jaffray JakartaMotoII Timotius 2:2JenisSwastaDidirikan6 Februari 1984 (PKJJ STT Jaffray Makassar)8 September 1991 (IFTK Jaffray Jakarta)11 Mei 2010 (STT Jaffray Jakarta)LokasiJakarta Timur, DKI Jakarta, IndonesiaKampusJalan Jatinegara Timur No. 35 Jakarta Timur, DKI JakartaNama julukanSTT Jaffray JakartaSitus webwww.sttjaffrayjakarta.ac.id Sekolah Tinggi Theologi Jaffray Jakarta (disingkat STT Jaffray Jakarta) adalah sebuah perguruan tinggi s...

Boeing 777X Boeing 777-9 saat peluncurannya pada Maret 2019 Jenis Pesawat jet berbadan lebar Negara asal Amerika Serikat Pembuat Boeing Commercial Airplanes Penerbangan perdana 25 Januari 2020 Diperkenalkan 2024 (direncanakan) Status Uji coba terbang Dibuat 2017–sekarang Jumlah 4[1] Harga satuan 777-8X: US$360,5 juta[2] 777-9X: US$388,7 juta[2] Dikembangkan dari Boeing 777 Boeing 777X adalah seri terbaru dari pesawat jarak jauh, berbadan lebar, bermesin ga...

 

In 1881 Darwin was an eminent figure, still working on his contributions to evolutionary thought that had had an enormous effect on many fields of science. Commemoration of Charles Darwin began with geographical features named after Darwin while he was still on the Beagle survey voyage, continued after his return with the naming of species he had collected, and extended further with his increasing fame. Many geographical features, species and institutions bear his name. Interest in his work ...

 

Article 48 de la Charte des droits fondamentaux de l'Union européenne traitant de la présomption d'innocence (en anglais). La présomption d'innocence est un principe juridique selon lequel toute personne qui se voit reprocher une infraction est réputée innocente tant que sa culpabilité n’a pas été légalement démontrée. La plupart des pays d'Europe reconnaissent et utilisent le principe de la présomption d'innocence (article 6 de la Convention européenne des droits de l'homme)[1...

Sceaux 行政国 フランス地域圏 (Région) イル=ド=フランス地域圏県 (département) オー=ド=セーヌ県郡 (arrondissement) アントニー郡小郡 (canton) 小郡庁所在地INSEEコード 92071郵便番号 92330市長(任期) フィリップ・ローラン(2008年-2014年)自治体間連合 (fr) メトロポール・デュ・グラン・パリ人口動態人口 19,679人(2007年)人口密度 5466人/km2住民の呼称 Scéens地理座標 北緯48度4...

 

Pour les articles homonymes, voir Domingo. Plácido Domingo Plácido Domingo en 2008. Données clés Nom de naissance José Plácido Domingo Embil Naissance 21 janvier 1941 (83 ans) Madrid ( Espagne) Activité principale Artiste lyriqueTénor Style Opéra Activités annexes Chef d'orchestre Années d'activité 1957-présent Récompenses Médaille d'or du mérite des beaux-arts (1983)Prix Prince des Asturies (1991)Grand prix Antoine Livio (2000)Prix Wolf en art (2012)Praemium Imperiale (...

 

ヨハネス12世 第130代 ローマ教皇 教皇就任 955年12月16日教皇離任 964年5月14日先代 アガペトゥス2世次代 レオ8世個人情報出生 937年スポレート公国(中部イタリア)スポレート死去 964年5月14日 教皇領、ローマ原国籍 スポレート公国親 父アルベリーコ2世(スポレート公)、母アルダその他のヨハネステンプレートを表示 ヨハネス12世(Ioannes XII、937年 - 964年5月14日)は、ロ...

NGC 4403   الكوكبة العذراء[1]  رمز الفهرس NGC 4403 (الفهرس العام الجديد)IRAS 12236-0724 (IRAS)MCG-01-32-008 (فهرس المجرات الموروفولوجي)PGC 40656 (فهرس المجرات الرئيسية)2MASX J12261279-0741059 (Two Micron All-Sky Survey, Extended source catalogue)GSC 05527-01832 (دليل النجم المفهرس)6dFGS gJ122612.8-074106 (6dF Galaxy Survey)LEDA 40656 (ليون-ميودون قاعدة بيانا...

 

200th anniversary of the arrival of the First Fleet in Australia Tall ship First Fleet re-enactment on Sydney Harbour, Australia Day, 1988. The Australian Bicentenary was marked with much ceremony across Australia. The bicentenary of Australia was celebrated in 1988. It marked 200 years since the arrival of the First Fleet of British convict ships at Sydney in 1788. History The Australian Bicentennial Authority official logo The bicentennial year marked Captain Arthur Phillip's arrival with t...

 

Peninsula located in northern Antarctica 69°30′S 65°00′W / 69.500°S 65.000°W / -69.500; -65.000 The Antarctic Peninsula, known as O'Higgins Land in Chile and Tierra de San Martín in Argentina, and originally as Graham Land in the United Kingdom and the Palmer Peninsula in the United States, is the northernmost part of mainland Antarctica. Antarctic Peninsula map Location of the Antarctic Peninsula within Antarctica The Antarctic Peninsula is part of the larger...

British immunologist (born 1956) Adrian HaydayFRS FMedSciHayday in 2016BornApril 1956 (age 68)Alma mater University of Cambridge (BA) Imperial College London (PhD) Awards FMedSci (2001)[citation needed] FRS (2016)[1] Scientific careerFields T cells Immunosurveillance Tumour immunology[2] Institutions King's College London London Research Institute Francis Crick Institute Yale University MIT ThesisStructure and activity of integrated polyoma viral DNA...

 

Lake in Ahmedabad, Gujarat, India Chharodi LakePanoramic view of the lakeLocationChharodi, Sarkhej–Gandhinagar Highway, Ahmedabad, GujaratCoordinates23°07′23″N 72°32′26″E / 23.12301°N 72.54054°E / 23.12301; 72.54054Lake typeArtificial lakePrimary inflowsStorm water and Narmada CanalBasin countriesIndiaSurface area42,593 m2 (458,470 sq ft)SettlementsAhmedabad Chharodi Lake is located near Chharodi village on Sarkhej–Gandhinagar Highwa...

 

Dutch football coach and a former player (born 1983) John Heitinga Heitinga as manager of Ajax in 2023Personal informationFull name John Gijsbert Alan Heitinga[1]Date of birth (1983-11-15) 15 November 1983 (age 40)[2]Place of birth Alphen aan den Rijn, NetherlandsHeight 1.80 m (5 ft 11 in)[3]Position(s) Centre backTeam informationCurrent team Liverpool (assistant coach)Youth career1987–1990 ARC1990–2001 AjaxSenior career*Years Team Apps (Gls)200...

كانت معاهدة إعادة التأمين، السارية من عام 1887 إلى عام 1890، اتفاقيةً دبلوماسيةً سرية للغاية بين ألمانيا وروسيا. لم يعرف سوى عدد قليل من كبار المسؤولين في برلين وسان بطرسبورغ وجودها. لقد لعبت المعاهدة دورًا حاسمًا في شبكة أوتو فون بسمارك المعقدة للغاية للتحالفات والاتفاقيات �...

 

2015 UK local government election This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: 2015 Arun District Council election – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (March 2020) (Learn how and when to remove this message) 2015 Arun District Council election ← 2011 7 May 2015 2019 → All 5...