A presenza das aves na cultura popular galega, sexa en forma de vocabulario que as utiliza como metáfora, de ditos que recollen o seu aspecto ou comportamento, de refráns, cantigas ou contos, é moi ampla, como non pode resultar estraño. Así, as diferentes aves, domésticas ou non, serven como prognósticos meteorolóxicos (Cando chían os biluricos, moita auga e moito frío), como agoiros de boa ou mala sorte (como o canto do moucho nas inmediacións da casa familiar), como remedios medicinais (como queimar plumas de perdiz para aliviar as dores do parto), describen comportamentos da xente (ser unha laberca) ou son a base de multitude de lendas (como a do chasco e o pimpín co gallo da Fuxida a Exipto).
Obviamemnte, estas manifestacións culturais non pretenden unha exactitude biolóxica, como tampouco o pretende calquera outra expresión da cultura popular, senón que nacen da observación no campo (acertada ou non, coherente ou non) e se van estendendo -e modificando- mediante a transmisión oral.
Pé de paxaro: diferentes herbas do xénero Polygonum.
Pan de paxaro: planta, Sedum acre.
Locucións
Comer coma un paxariño: comer moi pouco, petiscar [1].
Mañán de paxaros: dise dunha cousa efémera, de pouca dura [2].
Paxaro de bo agoiro: dise de quen trae boas noticias [3].
Paxaro de conta: dise daquel con quen hai que tratar con cautela, ou con respecto [3].
Paxaro de mal agoiro: ademais de aplicarse a aquelas aves que se consideran que agoiran desgrazas, tamén se di das persoas que traen malas noticias ou que teñen unha mala aparencia [3].
Eladio Rodríguez recolle para esta ave o nome de galo monteiro, polo moño de plumas que ten sobra a cabeza [16]. Outro nome baseado na mesma morfoloxía é o de galo da braña.
O máis característico desta ave é o seu cheiro desagradable, motivo polo que recibe os nomes de galo merdeiro, galo merdento ou galo merdoso[22], créndose popularmente que a femia embouta o niño con excrementos humanos. O certo é que o cheiro se debe a que deixa amorear no interior do niño as dexeccións dos polos.
Tamén se pensaba que quen mirase detidamente este paxaro, engordaba; que se se fixaba a vista no ventre da bubela, terminaba reconciliándose con algún inimigo que tivese; e que quen levara no peto unha cabeza súa non sería enganado polos feirantes [23].
Chámase bubela ó parvo, a quen se distrae con facilidade e por calquera cousa.
Locucións
Ser unha bubela: dise das mozas lixeiras e aloucadas [23].
Ter cabeza de bubela: ser apampado e de pouco xuízo [23].
O carrizo, carriza, garrizo, pitorrei ou tinque, é un dos paxaros máis pequenos de Galicia. Hai autores que afirman que o seu canto anuncia chuvias [26], aínda que modernamente se nega este prognóstico [27].
Xa Sarmiento recolleu que os cativos respectan os niños de carrizo e nunca andarán no niño nin collerán as crías [28]. Eladio Rodríguez explica este feito (e, consecuentemente, a persecución a que someten ó chasco) na lenda de que, cando a Sagrada Familia fuxía a Exipto, os soldados de Herodes preguntaron a un carrizo se os vira pasar. O paxaro contestou: Tin tin, tin tin, por aquí non os vin. Logo preguntaron ao mesmo a un chasco e este contestoulles: Chas chas; por aí ben vas[29]. Aníbal Otero recolleu a mesma lenda na Estrada[30].
Neste mesmo sentido, en Cambados crese que quen colla unha carriza sufrirá mala sorte [31].
Tamén di Sarmiento [32] que se se pon a asar un carrizo, o asador dará voltas sen que ninguén o toque. Ou que, aínda sendo tan pequeno como é, pode apoñerse a unha aguia se esta o chega a acosar. Finalmente, tamén di que a súa carne ten propiedades medicinais e que comer dela pode curar as pedras no ril.
Léxico
Co nome de carrizo desígnase o que as fontes describen como unha especie de gaviota pequeña[33]. Ríos Panisse supón que se trata do carrán común (Sterna hirundo) [34].
Como adxectivo, carrizo describe a unha persoa de baixa estatura ou un animal moi pequeno [27].
Locucións
Chufa, carrizo, qu'eí vén o inverno!: expresión coa que se critica ironicamente a quen, sendo realmente un covarde ou débil, quere aparentar ante os demais de ser forte e valente [35].
Cantigueiro
O chasco e mais o carrizo/ e mais o escarabello/ anduveron ôs moquetes/ no medio do aparello[13].
O pisco e maila carriza/ trataron unha beillada,/ cando o pisco daba voltas/ a carriza punteaba[9][36].
Si ti viras o que eu vin/ no picacho do Barizo:/ setenta e cinco canteiros/ a cabalo dun carrizo[37].
Sei un niño de carrizo/ no cañoto dun repolo,/ déronme as mozas con il,/ levaron cañoto e todo[9].
Teño un niño de carrizo/ metidiño nunha xesta,/ si as nenas me dan con el/ ¡Ai, meu Deus!, que teñen festa[37].
Teño un niño de carrizo/ no pasadoiro da eira;/ vamos carriciño, vamos,/ vamos ver á costureira[38].
Marcial Valladares recolle que antigamente se consideraba un crime matar unha cegoña, e que en Tesalia (Grecia) tal crime se castigaba coa pena de morte [39]. Engadía que se trataba dunha ave descoñecida en Galicia, a diferenza da presenza habitual en Castela, afirmación que foi desmentida por outros coetáneos seus, como López Seoane, Murguía e Risco, que a localizan como habitual na Limia, especialmente ó redor da Lagoa de Antela[40].
Léxico
O nome de cegoña (e ceguñada ou zaguñada) designa a néboa [41].
Cigoña é o nome dun ferro da campá no que se ata a corda ou cadea coa que se tangue [42].
Pico de cigoña é un dos nomes dunha pequena planta, Erodium ciconium, tamén chamada agulleira e agulla de pastor pola forma longa e afiada dos seus froitos [43].
En Galicia, o corvo está considerada unha ave de mal agoiro (como tamén o é o can que ouvea de noite, a curuxa que vén pousar no tellado da casa ou o moucho que vén cantar), tanto pola cor negra da súa plumaxe, por comer carniza ou polo seu desagradable grallar. Ver un corvo no camiño, ou voando nas proximidades da casa ou que pase berrando por riba do tellado, agoira unha morte próxima na casa [51]. Por iso, cando se ve algún, hai que dicirlle: "Corvo agoireiro, vaite lixeiro, que nesta porta non hai carne morta" [52]. Aínda así, en Cambados coidan que dá mala sorte matar un corvo [31].
Francisco Lanza conta que na comarca de Ribadeo contan que cando os corvos voan pola mañá desde Asturias cara Galicia, din que veñen pra a escola; e que cando regresan á noite, volven da escola[53].
Léxico
Chámanse, despectivamente, corvos os seminaristas, en alusión á cor negra dos seus hábitos [53].
Grao de corvo é un dos nomes do cornizó do centeo.
Herba do corvo é un dos nomes do rícino (Ricinus communis) [54].
Corvo designa tamén un peixe, o muxe (Mugil cephalus), quizais debido a que se curva en forma de media lúa [55] ou á súa cor cinza escura [56].
Finalmente, forma parte do nome de dúas aves:
corvo cereixeiro ou ouriolo (Oriolus oriolus) [57].
corvo de/do mar, corvo mar, corvo mareiro, corvo mariñeiro, o corvo mariño, ave mariña do xénero Phalacrocorax[58].
Tamén se denomina perico zambullo[59]. Antón Santamarina dá a seguinte etimoloxía: "Denominación humorística que alude por un lado a su movilidad, que lo hace semejante a un perico 'carnero', que se dice también de 'la joven llegada a la pubertad que tiene modales hombrunos' (E.R.), y por otro lado a su manera de pescar zambulléndose. La forma 'perico' es dim. de Pero, por Pedro, nombre propio.
Locucións
Facer a ida do corvo: marchar e non volver. A frase fai alusión ó corvo que soltou Noé para saber se xa había terra firme [7].
Máis negro que un corvo: dise da persoa de cor moi escura. así como de calquera cousa de cor negra intensa [60].
Refraneiro
Cando o corvo canta, e o carballo zoa, Virxe Nosa Señora, cáse sabe a broa![61].
Como xa se dixo ó falar do corvo, tamén se considera a curuxa –como tódalas aves rapaces nocturnas- como un animal de mal agoiro, e anuncia unha morte próxima cando voa ou gralla nas proximidades dunha casa onde hai unha persoa enferma [77]. De aí o nome que se lle dá de paxaro da morte.
Tamén se cre que entra nas igrexas, atraída pola luz das lámpadas, a beber o aceite que conteñen.
Léxico
Curuxa é un dos nomes populares do peixe coñecido como sollo ou curuxo (coas variantes caruxo, coruxo e cruxo) (Scophthalmus rhombus) [78].
Curuxa: nome do bugallo do carballo, así chamado porque, facéndolle un burato, se converte nun chifre que emite un son semellante ó berro da curuxa [79].
Entre a sinonimia desta ave temos os nomes de pega meiga (en Moraña), pega marceña (A Estrada), pega marza (común) e galo cresto (Becerreá).
O primeiro destes nomes, pega meiga, obedece á capacidade que se lle atribúe de prognosticar o futuro, como tamén á pega común: se a vemos arrancar o voo cara a dereita, anuncia boa sorte, pero se o fai cara a esquerda agoira mala sorte [88].
Co nome de gaio cereixeiro desígnase ó ouriolo[89].
Refraneiro
Din que o viño que nace no maio que o bebe o gaio.
Martín Sarmiento propuxo que, do mesmo xeito que noutras partes de España se comían os ovos e a carne das gaivotas, tamén se deberían aproveitar en Galicia: "Y habiendo en las costas de Galicia tantos millones de gaviotas, se podrán escabechar en Galicia a millares" [91].
Locucións
Comer coma unha gaivota: comer ás presas, engulir a comida [92].
Refraneiro
A muller e a gaivota, canto máis vella máis tola[93].
Cando a gaivota anda á gravisela, mal pra nós e fame pra ela[94][95].
Cando a gaivota busca unha figueira, anuncia tempestades desa maneira.
Cando a gaivota vai para terra, xa non neva; cando vai para o mar, vai nevar[21].
Cando as gaivotas bailan a muiñeira, hai que garda-lo millo na eira[21].
Coma a gaivota, que canto máis vella vólvese máis tola[96].
En castelán denomínase graja ou grajo, e de aí o nome de graxos das Burgas con que se coñecía ós mozos de Ourense que se dedicaban a repañar canto atoparan de valor, en pequenos e continuos roubos na cidade (véxase a sección de cultura popular en Gralla grande).
Crese que intentou socorrer a Xesucristo cando estaba cravado na cruz, levándolle auga no peteiro, e, como agradecemento, recibiu o don de facer felices ás mozas. Se na mañanciña do día de San Xoán deixaba caer unha gota de auga que levara no pico sobre unha moza que se bañara antes de saír o sol, esta sería feliz o resto da súa vida [100][101]
A lavandeira debe o seu nome popular ó continuo movemento do rabo. Tamén se a coñece baixo os nomes vulgares de albardeira, costureira, labradora, lavandisca, pasturiña, paxariño da neve, rebandoira[102].
Ríos Panisse recolle de Corominas a suposición de que debe o nome popular ó feito de emigrar en novembro, por San Martín, pero rexeita esta hipótese por tres razóns: porque psicoloxicamente sempre ten máis importancia a chegada das aves migratorias (que neste caso sería en marzo) que a marcha; porque moitas outras aves migran tamñén na mesma época, sen que tomen o mesmo nome; e, sobre todo, porque realmente o martiño peixeiro non é unha ave migratoria, aínda que faga algúns movementos cara ao sur, feito que podería explicar unha maior abundancia en España a partir de novembro, quizais relacionada co fenómeno do verán de San Martiño.[34]
Armarlle ó merlo (a alguén): seducir, enganar a alguén para conseguir un obxectivo. Tamén, acabar coa paciencia do outro expoñéndose a que este termine saltando [108][109].
Refraneiro
Viva Dios e cante o merlo, que tras do vrau vén o inverno[108].
Cantigueiro
Canta tu, gorxa de sílgaro,/ que a do merlo xa cantou;/ o cantar é alegría,/ eu xempre a cantar estou[9].
Eu ben vin esta-lo melro/ dende salgueiro en salgueiro,/ casa eiquí, casa aculá,/ o melro xempre solteiro[9].
No outro lado do río/ ouvín cantar unha melra;/ éche a miña queridiña/ que anda segando na herba[9].
O melro canta na viña,/ o reiseñol no loureiro,/ os cregos cantan na igrexa/ serven a Dios por diñeiro[9].
O merlo e maila merla/ ían polo prado abaixo,/ a merla como é pequena/ escorreu, caieu debaixo[68].
Recitados
Foi a merla onde a formiga/ e pedíulle un pan prestado;/ a formiga lle repuxo:/ Mentras andas na silveira,/ chirlo merlo, chirlo merlo,/ traballa de vrau/ pra comer de inverno[110].
Crese que se un home se coloca a cabeza dun miñato sobre o seu estómago, será querido por todos, especialmente polas mulleres. Tamén, que se se colga a cabeza do miñato no pescozo dunha galiña, esta botará a correr e non parará ata sacarlla, ou que se frota a crista dun galo co sangue dun miñato, o tal galo non cantará nunca máis [111].
Recibe tamén os nomes de bexato, bouxato, buxato, buxarelo, bouxarelo.[112]
E dá o nome de miñato a unha variedade de escacho (Trigla lucerna).[56]
Refraneiro
Mal anda o miñato cando ten as aas rotas e o papo sano.[111]
O miñato ponse fraco vendo os paxaros e cobizándoos[111].
Cantigueiro
Miña nai doume unha tunda/ E despois doume dous bicos:/ Miña nai é agarimosa/ Como o bexato cos pitos[113].
Recitados
Bexato, bexato,/ ¿Qué levas no papo?/ -Leite callado./ -¿Quén cho callou?/ -Marica do Rey/ -Cálate, cálate,/ Que eu llo direi[114].
A denominación de moucho aplícase, ademais da ave, a dous crustáceos:
O santiaguiño (Scyllarus arctus), en Portonovo[56]. Ríos Panisse atribúe a orixe do nome no tamaño da cabeza deste animal, que o asemella a un moucho.
Moucho bravo designa a galatea (Galathea strigosa), tamén en Portonovo, polas mesmas razóns. A peor calidade deste segundo en comparación co primeiro explica o cualificativo de bravo[56].
Igualmente, co nome de moucho designa un peixe, a lorcha (Ophidion barbatum), sen que Ríos Panisse atope explicacións [56].
Eu ben vin, birimbón,/ esta-lo moucho, laroucho,/ da cabalo, larendo, derredor,/ coa escopeta, lareta,/ debaixo do brazo, larazo,/ deprendendo, larendo,/ a cazador[9].
Eu ben vin esta-lo moucho/ de rodillas dun penedo;/ anque remele-los ollos/ a ti non che teño medo[9].
Eu ben vin esta-lo moucho/ enriba daquel penedo / Non che teño medo, moucho./ Moucho, non che teño medo[9].
Eu ben vin esta-lo moucho/ por riba dun prexigueiro/ cunha subela na mau/ deprendendo a zapateiro[9].
Moucho que estás no penedo,/ eres de cartón,/ non che teño medo[9].
Pardal do mar: peixe máis coñecido como muxo (Mugil cephalus). Ríos Panisse supón que o nome provén do costume de moverse gregariamente, como as bandadas de pardais [56].
Corre a lenda de que cando as tropas de Herodes perseguían á Sagrada Familia na súa fuxida a Exipto, atoparon un pimpín e preguntáronlle se os vira pasar. Este contestou "pin, pin; por aquí non vin", coa idea de que non os atoparan. Máis alá atoparon un paspallás e volvéronlle a preguntar, ó que este contestou "paspallás, por aí bien vas". Por este motivo, os rapaces respectan os niños do pimpín, e coidan de que ninguén os toque, mentres que van polos niños do paspallás sen remorso ningún [121].
Cantigueiro
Catro aves escollidas / son as que pasan o mar: / o cuco e a andoriña, / a rula i o paspallás[9].
Catro aves voadoras / son as que pasan o mar: / a anduriña e mailo cuco, / a rula i o paspallás[4][9].
Eu ben vin esta-lo cuco/ enriba dun paspallás./ Se foi verdá, ou mentira/ mira a min que se me dá[122].
Tres avechuchos/ pasan o mar:/ o cuco, a rula/ i o paspallás[9].
A pega está considerada como ave de mal agoiro, por grallar e comer carniza. En Moraña cren que se, ó ir por un camiño, sae pola dereita, é sinal de boa sorte, pero se sae pola esquerda agoira mala sorte [125].
Recibe tamén os nomes de pega rabilán, pega rabilonga, pega rabilarga e pega rabuda, polo longo rabo característico; de pega lagarteira, por comer estes réptiles; e de pega carracheira, pega carrachenta ou pega porca, por comer carniza [126].
Outro córvido, o gaio (Garrulus glandarius), recibe estes nomes derivados: pega carniceira, pega carnizápega da fraga, pega marcha, pega marxa, pega marza, pega reboldá, pega rebordá, pega rebordán, pega rebuldán, pega rebuldana, pega reburdá ou pega retordá[45].
Chámase ollo de pega a unha calosidade que se forma nas dedas dos pés [110].
E pan de pega ou pan pego á posta de ovos da barbantesa (Mantis religiosa)[110].
Refraneiro
Cregos, frades, pegas e choias, dou ó demo istas catro xoias[5][127].
Dame unha pega sin mancha, dareiche unha maza sin chata[128].
Considérase símbolo do amor entre os cónxuxes, pola fidelidade que se gardan machos e femias cando conforman unha parella, pero tamén ten connotacións lúgubres e demoníacas, ó esculpirse con frecuencia nas sepulturas [134].
Léxico
Pomba: planta, herba dona ou pé de galiña (Fumaria officinalis) [43].
Herba da rula: planta, milfollas ou herba dos carpinteiros (Achilleae millefollium). Segundo Martín Sarmiento chámase así porque aparece baixo as viñas despois da cava, coincidindo co tempo das rulas, que andan entre estas plantiñas [135].
Pedra pomba: Sarmiento di que así chaman á pedra pómez en Marin, onde disque aparecen na beiramar [136].
Miña rula: expresión de cariño e tenrura dirixida a unha meniña ou, máis normalmente, á muller amada; adoita empregarse en diminutivo, miña ruliña[137].
Refraneiro
Cando a rula comenza a rular, colle o fol e vai sementar[137].
En pombas e en abellas nunca metas o que teñas.
O cuco a cucar, a rola a rolar, colle o cestiño e vai sementar[73].
Se en marzo non canta o cuco, nin en abril a bubela, e a ruliña non rulea, mala cosecha se espera.
Cantigueiro
A aquela pombiña blanca/ que anda no fondo da eira/ non me lle tíre-lo tiro/ que é a miña compañeira[9].
A rola anda arrolando/ por riba dun bido seco/ que lle levaron o niño/ as mozas de Rioseco[9][138].
A rola vai arrolando/ que lle levaron o niño;/ non o figueras ti, rola,/ tan á beira do camiño[9].
A rola vai arrolando/ que lle levaron os ovos;/ non os puxeras ti, rola,/ tan á beira dos meus ollos[9].
A rula desque é viuda,/ nunca pensa en ser casada,/ nem pousar en ramo verde,/ nem beber en agua crara[139].
Adios, ‘paloma hermosa’,/ quen te pudera levar/ no bolsillo do chileque/ como o papel de fumar[9].
Baixai abaixo, pombiñas,/ baixai abaixo e falaime,/ e se a morte vos merezo/ eiquí me tendes, mataime[9].
Canta a rula, canta a rula,/ canta no niño da pega:/ non sei se será sinal/ de que vén a morte negra[9].
Canta a rula, canta a rula,/ metida nunha gaiola;/ pra te bulrares de min/ cómpreche un ano de escola[9].
Canta a rula, canta a rula,/ por riba dunha figueira;/ a rula canta i eu choro/ por no’atopar quen me queira[9].
Canta, miña rula, canta/ que che hei mercar un vestido;/ pon o curazón alegre/ do teu amor tan querido[9].
¡Canta rula, canta rula,/ alá se doi naquel souto...! / ¡Coitadiño do que espera/ polo que está na man doutro[140].
Canta rula, canta rula,/ canta rula naquil souto,/ coitadiño do que agarda/ polo que está nas maus doutro[9].
Canta rula, canta rula,/ por riba daquil valado;/ as mulleres antre os homes/ é un gado mal gardado[9].
Canta rula, canta rula,/ por riba daquil penedo,/ non quero tomar amores/ con ningún mociño feo[9].
Canta rula, canta rula,/ por riba dun castiñeiro;/ xa non quero máis amores/ con ningún mozo gaiteiro[9].
Cásate cunha morena/ que son pombiñas sen fel;/ ten o curazón de ouro/ i os labios saben a mel[9].
Castellanos de Castilla,/ que lle fagués aos galegos, que iles van como palomas/ e vén coma corvos negros?[9].
Catro aves escollidas / son as que pasan o mar: / o cuco e a andoriña, / a rula e o paspallás.
Catro aves voadoras / son as que pasan o mar: / a anduriña e mailo cuco, / a rula i o paspallás.
Dame un traguiño de viño/ para molla-la garganta,/ cantareiche como a rula,/ verás como a rula canta[9].
Din que a reiña está preñada,/ que ten a barriga dura,/ ¡vai traer para Maio/ un corvo e mais unha rula![68].
Din que a reina esta sentada/ que ten a barriga dura:/ ¡vai traer para Maio/ un corvo e mais unha rula!
Do outro lado do río/ ten meu pai un castiñeiro;/ pensa que lle tira ás rolas/ e tíralle aos carballeiros[9][141].
Eu esquirbinche unha carta/ na ala dunha paloma:/ lévalle moitas lembranzas/ ás mozas de Santa Comba[9][142].
Gracias a Dios que cheguei/ onde non pensei chegar:/ a che da-las boas noites,/ pombiña, no teu pombar[9].
Heiche mercar, miña rula,/ un cantariño marelo:/ ha de saber todo o mundo/ que vivir sen ti non quero[9].
María, paloma mía,/ irmán do meu corazón,/ serafín do meu alvidro,/ morte da miña pasión[143].
Paloma que vas voando/ i as plumas che van caíndo,/ solo quixera saber/ o que me ibas decindo[9].
Palomiña encantadora,/ olla que son cazador;/ se che eu non tiro un tiro/ morrereime de delor[9].
Pombiña sen fel/ miña filla é:/ ten tino, Francisco,/ que ela anda á boa fe[9].
Por eiquí pasou a rola/ e mailo arrolador,/ tamén pasou Antoniño,/ ollos de namorador[9].
Tes un andar de pato/ e un meneo de pomba/ i un salero que te partes/ i unha lengoa enganadora[9].
↑Aníbal Otero, s. v. canabeira. Aníbal Otero identififica a canaveira coa cicuta. Pode ser unha denominación local pero o significado común é cana (Arundo donax) que, precisamente, abunda nas beiras dos ríos.
↑Xaquín Lorenzo explica que Rebolar era un terreo na serra do Leboreiro, próximo á parroquia de San Xes de Vilariño no concello de Lobeira; e engade que A Molar era un lugar da mesma parroquia, pero hoxe non aparece no Nomenclátor.
↑Xosé Moreiras Santiso: Os mil e un refrás galegos do home, Ed. do autor, Lugo 1977; Xosé Moreiras Santiso: Os mil e un refráns galegos da muller, Alvarellos, Lugo 1978; Federico Zamora Mosquera: Refráns e ditos populares gallegos, Galaxia, Vigo 1972; ; Xosé María Álvarez Blázquez: O libro da caza. Colección O Moucho 14. Edicións Castrelos, Vigo 1972 (2ª ed).
↑O cuco e a bubela volven a Galicia nas súas migracións na mesma época, por iso quen escoita un, escoita a outra. Parouvela non se recolle nos dicionarios.
↑Francisco Javier Rodríguez: Diccionario gallego-castellano (1854): No se le oye sino para anunciar lluvia pronta, y es un barometro seguro que da agua pronta; Juan Cuveiro Piñol: Diccionario gallego (1876): su canto es anuncio de mal tiempo ó lluvia.
↑ 27,027,1Eladio Rodríguez González, s. v. carrizo.
↑Frei Martín Sarmiento: Obra de 660 pliegos (1762): "Los muchachos tienen unas devotas supersticiones en virtud de las cuales casi veneran al carrizo y no le harán daño ni le desharán su nido".
↑Eladio Rodríguez González, s.v. tinque e s.v. chasco.
↑Aníbal Otero Álvarez: "Hipótesis etimológicas referentes al gallego-portugés", en Cuadernos de Estudios Gallegos XIII, 1949, 171-200.
↑ 31,031,1Adela Leiro Lois (dir.): Cambados: a tradición oral. Colexio Público Castrelo. Cambados 1986.
↑José María Pereda Álvarez: "Aportaciones léxicas y folklóricas al estudio de la lengua gallega", en Douro Litoral, 1953, VII-VIII, pp. 19-52. Localízao en Verín.
↑ 37,037,1 Xosé Ramón Fernández-Oxea: "Cancionero y refranero de Corme", en RDTP 1951. San Pedro de Barizo é unha parroquia do concello de Malpica de Bergantiños.
↑Benito Losada, citado no Diccionario da Real Academia Galega 1913, s. v. carrizo.
↑No orixinal: Gregos, se ben o refrán está alfabetizado no c.
↑Francisco Porto Rey: Diccionario gallego-castellano, 1900; ed. de María Xesús Bugarín e Begoña González Rei, 2000. O colector explícao así: "Refrán que alude a los diezmos y otros impuestos que pesaban en otro tiempo sobre los campesinos y que contribuían a la mala reputación de los curas, que eran los que los cobraban".
↑Vicente Risco: "Cultura espritual", en Historia de Galiza tomo I, 1962 (reed. Akal 1979, 416).
↑Segundo Mariño Ferro, esta crenza xa fora recollida por Plinio o Vello.
↑María do Carmo Ríos Panisse: Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. II. Mamíferos, aves y algas, Verba anexo 19, Universidade de Santiago 1983.
↑Juan Sobreira Salgado: "Vegetables de Galicia", 1790, en J. L. Pensado Tomé: Opúsculos lingüísticos del siglo XVIII, Galaxia, Vigo, 1974, pp. 241-267. No orixinal: Cando o corbo canta, y o carballo zòa, Virgen nosa Señora, cáse sabe a broa!.
↑Aníbal Otero: Vocabulario de San Jorge de Piquín. "Corvear" é grallar o corvo.
↑Eladio Rodríguez González, s. v. curuxa. Vicente Risco: Cultura espritual, 416.
↑M. do Carme Ríos Panisse: Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. I. Invertebrados y peces, 1977, Universidade de Santiago, Verba anexo 7.
↑Juan Sobreira Salgado: "Vegetables de Galicia" 1790, en J. L. Pensado Tomé: Opúsculos lingüísticos del siglo XVIII, Galaxia, Vigo, 1974, pp. 241-267, s. v. souto.
↑ 81,081,181,2Eladio Rodríguez González, s. v. curuxa.
↑Elixio Rivas Quintas, 1978. O etnógrafo recolle a mesma crenza en Asturias: cando se vea unha pega hai que dicirlle: Pega, meiga, escaramochada, si non me das buena suerte, mátote mañana, e se sae voando pola dereita teremos boa sorte, pero se sae pola esquerda, será mala sorte.
↑No orixinal: fun do mar. Engade Xaquín Lorenzo que, segundo Bouza Brey, se trata dunha fala de animais na que o paxaro chamado lavandeira dille ó labrego que ten que fiar o liño durante o inverno, mentres el migra ó mar; ademais debe facer que cada suco sexa un regeiro para asegurar que a planta estea sempre mollada.
↑San Matías celebrábase o 24 de febreiro, aínda que recentemente foi trasladado ó 14 de maio.
↑O millarengo é un paxaro máis coñecido como liñaceiro (Linnaria cannabina).
↑A fonte, Esmorís Recamán, describe o leiracho como un paxaro parecido á rula, de penuxe amarela verduxa e carne moi estimada. Ben pode tratarse do ouriolo.
↑Elixio Rivas Quintas 1978. Rivas Quintas di que a mesma crenza corre por Cudillero, en Asturias, onde se sae voando cara á dereita indica boa sorte, ó contrario de se sae voando cara á esquerda; neste caso, para librarse do agoiro, hai que dicir este ensalmo: "Pega, mega, escaramochada, si non me das buena suerte, mátote mañana".
↑Constantino García González, Elixio Rivas Quintas 1978.
↑No texto: Gregos, se ben o refrán está alfabetizado no c.
↑Hai unha Santa Comba en Bande e outra en Lobeira. Non sabemos a cal das dúas se referirá a cantiga.
↑Fermín Bouza-Brey: Paradela, 236. Alvidro significa arbitrio, segundo Rivas Quintas, que o recolleu en terras da Ulla e Paradela de Lugo (Frampas II).
↑Fermín Bouza-Brey 1929, 167. No orixinal: mail-a, rán.
↑Fermín Bouza-Brey 1929, 167. No orixinal: mail-a, rán.
↑Marcial Valladares Núñez. No orixinal: mazan bermelliña, d'un, quèn, roya.
ANÓNIMO: Refraneiro do viño. 505 sentenzas recollidas do pobo, Edicións Castrelos, Colección O Moucho, Vigo 1968.
BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204.
BOUZA BREY, Fermín (colector): "Novas cántigas e triadas da parroquia de Paradela, na terra da Ulla", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en Nós 96, 15.12.1931.
CERVIÑO FERRÍN, Mª Victoria: "Fraseoloxía e paremioloxía de Sebil, 2", en Cadernos de Fraseoloxía Galega 15, 2013, 441-462.
Losada, E., Castro, J. e Niño, E.: Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, Xunta de Galicia 1992.
MARTÍNS SEIXO, Ramón Anxo: "'Perdóolle o mal que me fai polo ben que me sabe'. Unha aproximación aos campos semánticos da comida e da bebida na fraseoloxía galega", en Cadernos de Fraseoloxía Galega 15, 2013, 463-486.
Aníbal Otero Álvarez: Vocabulario de San Jorge de Piquín, Verba anexo 7, Universidade de Santiago, 1977.
PEREDA ÁLVAREZ, José María: "Aportaciones léxicas y folklóricas al estudio de la lengua gallega", en Douro Litoral 1953, 5ª série, VII-VIII, pp. 19–52.
RÍOS PANISSE, M. do Carmo: Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia I. Invertebrados y peces, Verba anexo 7, Universidade de Santiago 1977.
RÍOS PANISSE, M. do Carmo: Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. II. Mamíferos, aves y algas, Verba anexo 19, Universidade de Santiago 1983.
RISCO, Vicente: "Cultura espritual", en Historia de Galiza I, Bos Aires 1962 (reed. Akal, Madrid 1979).