Este é un carrán de tamaño medio, 34–37 cm de longo e 70–80 cm coas ás estendidas. Confúndese doadamente co semellante carrán ártico (Sterna paradisaea) e o carrán rosado (Sterna dougallii).
O seu fino e afiado peteiro é vermello con extremos escuros. As longas patas son tamén vermellas. Sobre as ás ten unha cuña primaria escura, a diferenza do carrán ártico, no cal é gris uniforme. A súa longa cola esténdese só ata a punta das ás cando a ave está parada, a diferenza do carrán ártico e rosado, nos cales excede a punta das ás. Non é tan pálido coma o carrán rosado, e ten ás máis longas.
No inverno, a fronte e a parte ventral son brancas. Os carráns comúns xoves posúen unha extensa coloración de cor xenxibre e carecen do aspecto escamoso dos carráns rosados xuvenís.
O canto é un claro pip-pip, coma o carrán ártico pero máis lento e menos estridente.
Reprodución
Poñen de 2-4 ovos. É moi defensivo para co seu niño e crías novas e ataca aos humanos e outros depredadores grandes, mais a diferenza do máis agresivo carrán ártico raramente bate ao intruso, usualmente desviándose no último instante.
Alimentación
Esta especie aliméntase en colonias nas costas e illas e frecuentemente na terra en lagos de auga doce. Como todos os carráns, o carrán común aliméntase guindándose á auga para apañar peixes no mar ou en lagos de auga doce e grandes ríos. Usualmente mergúllase directamente, e non asomándose como fai o carrán ártico. A oferta do macho de peixe á femia é parte do ritual de apareamento. Os carráns comúns acadan unha idade de 23 anos ou máis nalgunhas ocasións.[1]
Conservación
O carrán común é unha das especies para as cales aplícase o Acordo para a Conservación de Aves Marítimas Migratorias Africanas-Asiáticas (EAWA).