Arvicolinos
A dos arvicolinos (Arvicolinae) é unha subfamilia de mamíferos da orde dos roedores, suborde dos miomorfos, superfamilia dos muroideos e familia dos cricétidos.[1] Os representantes actuais da subfamilia agrúpanse en 7 tribos con 26 xéneros e 143 especies. A subfamilia comprende as trilladeiras pataqueiras, os lemmings e os ratos do almiscre. As súas especies están estreitamente relacionadas coas doutras subfamilias dos cricétidos (as que comprenden os hámsters e as ratas e os ratos do Novo Mundo).[2] Algúns autores refíerense á subfamilia como os microtinos (Microtinae), ou clasifican o taxon como unha familia plena, a dos arvicólidos (Arvicolidae).[3] O arvicolinos son o grupo máis numeroso dos roedores do hemisferio norte. Moitas veces se encontran fósiles de ósos acumulados por depredadores do pasado, como bufos e outras aves de rapina. Os fósiles deste grupo a miúdo úsanse para a datación bioestratigráfica de sitios arqueolóxicos en América do Norte e Europa.[4] Características![]() A característica máis sinxela para identificarmos un arvicolino é polos seus dentes molares, que tienen cúspides prismáticas en forma de triángulos alternos. Estes molares son de coroa moi elevada (hipsodontes) e de crecemento continuo, moi ben adaptados á dieta herbívora, xa que as principais plantas das que se alimentan conteñen importantes cantidades de substancias abrasivas , como os fitólitos; os dentes desgástanse pola abrasión durante a vida adulta do animal, e crecen continuamente contrarrestando así o seu continuo desgaste.[5] Os arvicolinos teñen unha distribución holoártica e, xunto aos tilomiinos (Tylomyinae), son os únicos muroideos que se expandiron por América a través da ponte de Berinxia. Estes animais poden viviren na zona subnival, por debaixo da capa de neve invernal, sen necesidade de hibernaren. Outra característica destes animais son as grandes flutuacións do tamaño das súas poboacións. Os máis dos arvicolinos son pequenos, peludos, de cola curta, como as trilladeiras ou os lemmings. Algúns, como as especies dos xéneros Ellobius e Hyperacrius, son escavadores e están ben adaptados á vida subterránea. Outros, como os dos xéneros Ondatra, Neofiber e Arvicola, desenvolveron un maior tamaño corporal, asociado cun estilo de vida acuático. DistribuciónOs arvicolinos teñen unha distribución holoártica e, xunto aos tilomiinos (Tylomyinae), son os únicos muroideos que se expandiron por América a través da ponte de Berinxia. Encóntranse en toda América do Norte desde Guatemala até o norte, en toda Eurasia, no Xapón, en Taiwán, no suroeste da China, no norte da India, no Oriente Medio, incluíndo Asia Menor, e en África (Libia).[6] TaxonomíaDescriciónA subfamilia foi descrita en 1821 polo naturalista inglés John Edward Gray,[1] nun traballo publicado en Lond. Med. Repos. 15: 303.[7] EtimoloxíaO nome científico Arvicolinae está formado sobre a raíz do nome do seu xénero tipo, Arvicola, coa adición do sufixo do latín científico -inae, propio dos nomes das subfamilias de animais. SinónimosAdemais de polo nome actualmente válido, a subfamilia xcoñeceuse tamén polos sinónimos:[7]
Clasificación: tribos e xénerosSubfamilia arvicolinos (Arvicolinae) Gray, 1821 ![]() ![]() ![]()
Coñécense tamén dúas tribos fósiles: a dos dicrostoniquinos (Dicrostonychini), cun único xénero, Predicrostonyx † e unha única especie Predicrostonyx hopkinsi †, e a dos cletrionomiinos (Clethrionomyini), cos xéneros Altaiomys †, Mimomys †, Pitymimomys †, Borsodia †, Allophaiomys † e Prolagurus †. Estado de conservaciónNa subfamilia dos arvicolinos, a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) cualificou, en 2004, a 23 especies como de risco pouco preocupante (LC), unha especie como case amenazada (NT), Myopus schisticolor, 4 especies vulnerábeis (VU), Alticola montosa, Microtus mexicanus, Microtus kikuchii e Myodes andersoni, 2 especies en perigo de extinción (RN), Ellobius alaicus e Microtus transcaspicus, 3 especies en perigro crítico (CR), Dicrostonyx vinogradovi, Microtus evoronensis e Microtus mule, e 7 especies das que se carece de datos suficientes para cualificar o seu status. Por outra parte, moitos arvicolinos tenñen áreas de distribución restrinxidoas, o que as fai vulnerábeis á peida de hábitat.[8] Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigosLigazóns externas
|