Apolipoproteína D

APOD
Estruturas dispoñibles
PDBBuscar ortólogos: PDBe, RCSB
Identificadores
Nomenclatura
SímboloAPOD (HGNC: 612)
Identificadores
externos
LocusCr. 3 q29
Padrón de expresión de ARNm
Máis información
Ortólogos
Especies
Humano Rato
Entrez
347 11815
Ensembl
Véxase HS Véxase MM
UniProt
P05090 P51910
RefSeq
(ARNm)
NM_001647 NM_001301353
RefSeq
(proteína) NCBI
NP_001638 NP_001288282
Localización (UCSC)
Cr. 3:
195.57 – 195.58 Mb
Cr. 16:
3.11 – 31.13 Mb
PubMed (Busca)
347


11815

A apolipoproteína D (ApoD) é unha proteína que nos humanos está codificada no xene APOD do cromosoma 3.[1][2][3] A diferenza doutras lipoproteínas, que se producen principalmente no fígado, a apolipoproteína D prodúcese maiormente no cerebro e testículos.[4] É unha glicoproteína de 29 kDa descuberta en 1963 como compoñente da fracción de lipoproteína de alta densidade (HDL) do plasma humano.[5][6] É o principal compoñente do fluído do quiste mamario humano. O xene humano que a codifica foi clonado en 1986 e a secuencia proteica deducida revelou que ApoD é membro da familia da lipocalina, transportadores de moléculas hidrófobas pequenas.[7] A ApoD ten unha lonxitude de 169 aminoácidos, incluíndo un péptido sinal de secreción de 20 aminoácidos. Contén dous sitios de glicosilación (as asparaxinas 45 e 78) e o peso molecular da proteína madura varía de 20 a 32 kDa (ver figura 1). A estrutura terciaria resolta mostra que a ApoD está composta por 8 febras β antiparalelas formando unha cavidade hidrófoba capaz de recibir diferentes ligandos.[8][9] A ApoD tamén contén 5 residuos de cisteína, 4 dos cales establecen pontes disulfuro intramoleculares.

Figura 1

Función

A apolipoproteína D é un compoñente das lipoproteínas de alta densidade que non ten unha marcada semellanza coas secuencias doutras apolipoproteínas. Ten un algo grao de homoloxía coa proteína de unión ao retinol do plasma e outros membros da superfamilia da alfa 2 microglobulina de proteínas transportadoras, tamén coñecidas como lipocalinas. É unha glicoproteína dun peso molecular estimado de 33 KDa. Está estreitamente asociada co encima lecitina:colesterol aciltransferase, un encima implicado no metabolismo das lipoproteínas.[3] A apolipoproteína D ten unha importante implicación na interacción transitoria entre as partículas HDL e LDL e entre as HDL e as células.[10]

Interaccións e ligandos

A ApoD únese a hormonas esteroides como a proxesterona e a pregnenolona cunha afinidade relativamente forte, e aos estróxenos con menor afinidade.[11][12] Os estudos de modelaxe molecular identificaron a bilirrubina, un compoñente derivado do hemo, como un ligando potencial. Esta propiedade de unión foi demostrada experimentalmente despois.[8] O ácido araquidónico (AA) é un dos ligandos da ApoD e ten moita mellor afinidade que a proxesterona e a pregnenolona.[13] O ácido araquidónico é o precursor das prostaglandinas e leucotrienos, moléculas que están implicadas na inflamación, agregación de plaquetas e regulación celular.[14] Tamén se observou unha unión moi feble entre a ApoD e o colesterol.[15] Outros ligandos da ApoD son o ácido E-3-metil-2-hexenoïco, unha molécula presente nas secrecións das axilas;[16] o ácido retinoico, que está implicado na diferenciación celular; a esfingomielina e os esfingolípidos, que son importantes compoñentes das HDL e das membranas celulares.[17] O feito de que a ApoD se poida unir a tan gran variedade de ligandos apoia fortemente a hipótese de que podería ser unha proteína multiligando e multifuncional.

Importancia clínica

A ApoD é un biomarcador da síndrome de insensibilidade a andróxenos. A ApoD é un xene regulado á alza por andróxenos en células fibroblásticas escrotais normais en comparación coas células dos labios maiores de síndrome de insensibilidade a andróxenos completa (CAIS).[18] A ApoD está asociada con trastornos neurolóxicos e lesións en nervios, especialmente relacionados coa vaíña de mielina. A ApoD está elevada en modelos de ictus de rata.[4] Está tamén elevada en pacientes con esquizofrenia, trastorno bipolar e enfermidade de Alzheimer.[4]

Expresión da ApoD en células e tecidos

A análise da rexión promotora do xene APOD identificou un gran número de elementos regulatorios, entre os cales estaban elementos de resposta a esteroides, estróxeno, proxesterona e glicocorticoides. Tamén se observaron elementos de resposta a ácidos graxos, fase aguda, soro e ao factor inmunitario NF-kB.[19][20][21] A presenza de tanta cantidade de secuencias regulatorias suxire que a regulación da súa expresión é moi complexa.

A apolipoproteína D identificouse en 6 especies de mamíferos e tamén en polos,[22][23] mosca do vinagre,[24] plantas[25] e bacterias.[26] En humanos, monos, coellos e cobaias, a ApoD exprésase intensamente no sistema nervioso (cerebro, cerebelo e nervios periféricos). Non obstante, o nivel de expresión da ApoD varía moito de órgano a órgano e entre especies, e os humanos son os que mostran unha expresión da ApoD máis diversa, mentres que os ratos e ratas exprésana case exclusivamente no sistema nervioso (ver Figura 2). A concentración de ApoD no plasma humano varía entre 5 e 23 mg/100 mL.[27] No sistema nervioso o ARNm da ApoD exprésase en fibroblastos, astrocitos e oligodendrocitos[28][29][30] Como glicocoproteína con péptido sinal que é, a ApoD é unha proteína que é segregada. Porén, pode tamén ser activamente reintroducida na célula. A glicoproteína transmembrana basixina (basigin; BSG; CD147) foi identificada como o receptor da ApoD.[31] A BSG pertence á familia das inmunoglobulinas, e está implicada en varias patoloxías como o cancro e a enfermidade de Alzheimer.[32]

Figura 2

Modulación da expresión de ApoD

Estudos realizados en varios tipos celulares mostraron que a expresión da ApoD pode ser inducida por varias situacións estresantes, como a detención do crecemento, senescencia e estreses oxidativos e inflamatorios.[20][21] A expresión da ApoD tamén se incrementa en varias neuropatoloxías. A expresión de ApoD está modulada en certas patoloxías como a deficiencia de HDL familiar, a enfermidade de Tangier,[33][34] o déficit LCAT familiar (que afecta a lecitin-colesterol aciltransferase)[35] e a diabetes tipo 2.[36] Sobreexprésase en numerosos cancros,[37] incluíndo os de mama,[38][39] ovario, próstata,[40] pel[41][42] e no cancro do sistema nervioso central. En moitos casos a súa expresión está correlacionada cun estado do cancro moi diferenciado, non invasivo e non metastático.

Identificouse un papel desta proteína no metabolismo de lípidos nun estudo en ratos transxénicos que sobreexpresaban a ApoD humana no sistema nervioso central.[43] Estes ratos desenvolvían unha esteatose hepática e muscular acompañada de resistencia á insulina. Porén, ningún dos ratos transxénicos desenvolvía obesidade nin diabetes. A acumulación de lípidos inducida pola ApoD non se debe a unha lipoxénese de novo senón a un incremento da captación de lípidos en resposta á sobreprodución de prostaglandinas.[44]

Os niveis no plasma de ApoD diminúen significativamente durante un embarazo normal sen complicacións. A ApoD diminúe aínda máis en mulleres cun exceso de aumento de peso xestacional e nos seus bebés. Nestas mulleres a concentración de ApoD está estreitamente asociada con parámetros lipídicos.[45] En tecidos adiposos de mulleres con obesidade mórbida (IMC por riba de 40), a expresión da ApoD está correlacionada positivamente con parámetros de saúde metabólica. Os ratos femias ApoD-nulos (ratos nos que o xene da ApoD foi inactivado) presentan unha redución progresiva do volume óseo (de ata o 50%) coa idade.[46]

A ApoD e o sistema nervioso

Tanto os niveis da proteína ApoD coma os de apolipoproteína E (ApoE) increméntanse drasticamente no sitio da rexeneración despois dunha lesión por esmagamento dun nervio nas ratas.[47][48] Fixéronse observacións similares en coellos, monos calitríquidos e ratos.[49] Observáronse niveis elevados de ApoD no líquido cefalorraquídeo, hipocampo e córtex cerebral de pacientes humanos da enfermidade de Alzheimer, enfermidade cerebrovascular, enfermidade das motoneuronas, miningoencefalite e ictus.[50] A expresión da ApoD está alterada no plasma e cerebros post-mortem de pacientes esquizofrénicos.[51] En pacientes de párkinson ou de esclerose múltiple a expresión da ApoD increméntase fortemente nas células gliais da substancia negra.[52][53]

A enfermidade de Niemann-Pick tipo C (NPC) é un trastorno xenético que afecta o transporte de colesterol que vai acompañada por unha neurodexeneración progresiva crónica. En modelos animais de enfermidade de Niemann-Pick tipo C a expresión de ApoD aumenta no plasma e cerebro.[54] En ratas, a expresión de ApoD increméntase no hipocampo despois dunha lesión do córtex entorrinal. O ARNm da proteína ApoD increméntase na rexión ipsolateral do hipocampo xa aos 2 días despois da lesión, permanece alta durante 10 días e volve ao normal despois de 14 desde a lesión, un período considerado necesario para completar a reinervación.[55] Obtéñense resultados similares despois da inxección de ácido kaínico, un análogo do ácido glutámico que causa un grave dano neurodexenerativo no hipocampo[56] ou despois dun ictus inducido experimentalmente.[57][58] A expresión de ApoD tamén está aumentada no cerebro de persoas anciás.[50] En conxunto, estes datos suxiren que a ApoD xoga un importante papel na preservación e protección neural.

Os ratos transxénicos (Tg) son menos sensibles ao estrés oxidativo inducido polo paraquat, un xerador de radicais libres do oxíxeno, e reducían o nivel de peroxidación de lípidos. En contraste, os ratos apoD-nulos mostran un aumento da sensibilidade ao estrés oxidativo, unha elevación da peroxidación de lípidos no cerebro e un trastorno das capacidades locomotoras e de aprendizaxe. Resultados similares observáronse en modelos de mosca drosófila.[59] Os ratos infectados polo coronavirus humano OC43 desenvolven encefalite e desmielinación inflamatoria do sistema nervioso central, unha doenza moi similar á esclerose múltiple. Ratos transxénicos infectados co coronavirus OC43 mostran un aumento da supervivencia comparados cos animais control.[60] Os ratos transxénicos tratados con ácido kaínico mostran unha redución significativa das respostas inflamatorias e unha protección moito maior contra a apoptose no hipocampo que os animais control.[61] Os ratos ApoD-nulos cruzados con ratos APP-PS1, un modelo de rato da enfermidade de Alzheimer, presentaban un incremento do dobre da carga de placa amiloide no hipocampo. En contraste, a proxenia de ratos transxénicos cruzados con ratos APP-PS1 mostraban unha carga de placas amiloides no hipocampo reducida nun 35%, e un 35% a 65% de redución dos niveis de péptidos amiloides.[62]

Notas

  1. Drayna DT, McLean JW, Wion KL, Trent JM, Drabkin HA, Lawn RM (xuño de 1987). "Human apolipoprotein D gene: gene sequence, chromosome localization, and homology to the alpha 2u-globulin superfamily". DNA 6 (3): 199–204. PMID 2439269. doi:10.1089/dna.1987.6.199. 
  2. Drayna D, Fielding C, McLean J, Baer B, Castro G, Chen E, et al. (decembo de 1986). "Cloning and expression of human apolipoprotein D cDNA". The Journal of Biological Chemistry 261 (35): 16535–9. PMID 3453108. doi:10.1016/S0021-9258(18)66599-8. 
  3. 3,0 3,1 "Entrez Gene: APOD apolipoprotein D". 
  4. 4,0 4,1 4,2 Muffat J, Walker DW (xaneiro de 2010). "Apolipoprotein D: an overview of its role in aging and age-related diseases". Cell Cycle 9 (2): 269–73. PMC 3691099. PMID 20023409. doi:10.4161/cc.9.2.10433. 
  5. Ayrault Jarrier M, Levy G, Polonovski J (agosto de 1963). "[Study of Human Serum Alpha-Lipoproteins by Immunoelectrophoresis]". Bulletin de la Société de Chimie Biologique 45: 703–13. PMID 14051455. 
  6. McConathy WJ, Alaupovic P (febreiro de 1976). "Studies on the isolation and partial characterization of apolipoprotein D and lipoprotein D of human plasma". Biochemistry 15 (3): 515–20. PMID 56198. doi:10.1021/bi00648a010. 
  7. Drayna D, Scott JD, Lawn R (novembro de 1987). "Multiple RFLPs at the human apolipoprotein D (APOD) locus". Nucleic Acids Research 15 (22): 9617. PMC 306509. PMID 2891117. doi:10.1093/nar/15.22.9617. 
  8. 8,0 8,1 Peitsch MC, Boguski MS (febreiro de 1990). "Is apolipoprotein D a mammalian bilin-binding protein?". The New Biologist 2 (2): 197–206. PMID 2083249. 
  9. Eichinger A, Nasreen A, Kim HJ, Skerra A (outubro de 2007). "Structural insight into the dual ligand specificity and mode of high density lipoprotein association of apolipoprotein D". The Journal of Biological Chemistry 282 (42): 31068–75. PMID 17699160. doi:10.1074/jbc.M703552200. 
  10. Braesch-Andersen S, Beckman L, Paulie S, Kumagai-Braesch M (decembro de 2014). "ApoD mediates binding of HDL to LDL and to growing T24 carcinoma". PLOS ONE 9 (12): e115180. Bibcode:2014PLoSO...9k5180B. PMC 4267786. PMID 25513803. doi:10.1371/journal.pone.0115180. 
  11. Pearlman WH, Guériguian JL, Sawyer ME (agosto de 1973). "A specific progesterone-binding component of human breast cyst fluid". The Journal of Biological Chemistry 248 (16): 5736–41. PMID 4723913. doi:10.1016/S0021-9258(19)43566-7. 
  12. Lea OA (outubro de 1988). "Binding properties of progesterone-binding Cyst protein, PBCP". Steroids 52 (4): 337–8. PMID 3250014. doi:10.1016/0039-128x(88)90135-3. 
  13. Morais Cabral JH, Atkins GL, Sánchez LM, López-Boado YS, López-Otin C, Sawyer L (xuño de 1995). "Arachidonic acid binds to apolipoprotein D: implications for the protein's function". FEBS Letters 366 (1): 53–6. PMID 7789516. doi:10.1016/0014-5793(95)00484-q. 
  14. Kuehl FA, Jr; Egan, RW (28 de novembro de 1980). "Prostaglandins, arachidonic acid, and inflammation". Science 210 (4473): 978–84. Bibcode:1980Sci...210..978K. PMID 6254151. doi:10.1126/science.6254151. 
  15. Patel RC, Lange D, McConathy WJ, Patel YC, Patel SC (xuño de 1997). "Probing the structure of the ligand binding cavity of lipocalins by fluorescence spectroscopy". Protein Engineering 10 (6): 621–5. PMID 9278274. doi:10.1093/protein/10.6.621. 
  16. Zeng C, Spielman AI, Vowels BR, Leyden JJ, Biemann K, Preti G (xuño de 1996). "A human axillary odorant is carried by apolipoprotein D". Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America 93 (13): 6626–30. Bibcode:1996PNAS...93.6626Z. PMC 39076. PMID 8692868. doi:10.1073/pnas.93.13.6626. 
  17. Breustedt DA, Schönfeld DL, Skerra A (febreiro de 2006). "Comparative ligand-binding analysis of ten human lipocalins". Biochimica et Biophysica Acta (BBA) - Proteins and Proteomics 1764 (2): 161–73. PMID 16461020. doi:10.1016/j.bbapap.2005.12.006. 
  18. Appari M, Werner R, Wünsch L, Cario G, Demeter J, Hiort O, et al. (xuño de 2009). "Apolipoprotein D (APOD) is a putative biomarker of androgen receptor function in androgen insensitivity syndrome". Journal of Molecular Medicine 87 (6): 623–32. PMC 5518750. PMID 19330472. doi:10.1007/s00109-009-0462-3. 
  19. Lambert, J; Provost, PR; Marcel, YL; Rassart, E (20 de febreiro de 1993). "Structure of the human apolipoprotein D gene promoter region". Biochimica et Biophysica Acta (BBA) - Gene Structure and Expression 1172 (1–2): 190–2. PMID 7916629. doi:10.1016/0167-4781(93)90292-l. 
  20. 20,0 20,1 Do Carmo, S; Séguin, D; Milne, R; Rassart, E (15 de febreiro de 2002). "Modulation of apolipoprotein D and apolipoprotein E mRNA expression by growth arrest and identification of key elements in the promoter". The Journal of Biological Chemistry 277 (7): 5514–23. PMID 11711530. doi:10.1074/jbc.M105057200. 
  21. 21,0 21,1 Do Carmo, S; Levros LC, Jr; Rassart, E (xuño de 2007). "Modulation of apolipoprotein D expression and translocation under specific stress conditions". Biochimica et Biophysica Acta (BBA) - Molecular Cell Research 1773 (6): 954–69. PMID 17477983. doi:10.1016/j.bbamcr.2007.03.007. 
  22. Vieira, AV; Lindstedt, K; Schneider, WJ; Vieira, PM (decembro de 1995). "Identification of a circulatory and oocytic avian apolipoprotein D". Molecular Reproduction and Development 42 (4): 443–6. PMID 8607974. doi:10.1002/mrd.1080420411. 
  23. Ganfornina, MD; Sánchez, D; Pagano, A; Tonachini, L; Descalzi-Cancedda, F; Martínez, S (xaneiro de 2005). "Molecular characterization and developmental expression pattern of the chicken apolipoprotein D gene: implications for the evolution of vertebrate lipocalins". Developmental Dynamics 232 (1): 191–9. PMID 15580625. doi:10.1002/dvdy.20193. 
  24. Sánchez, D; Ganfornina, MD; Torres-Schumann, S; Speese, SD; Lora, JM; Bastiani, MJ (xuño de 2000). "Characterization of two novel lipocalins expressed in the Drosophila embryonic nervous system". The International Journal of Developmental Biology 44 (4): 349–59. PMID 10949044. 
  25. Frenette Charron, JB; Breton, G; Badawi, M; Sarhan, F (24 de abril de 2002). "Molecular and structural analyses of a novel temperature stress-induced lipocalin from wheat and Arabidopsis". FEBS Letters 517 (1–3): 129–32. PMID 12062422. doi:10.1016/s0014-5793(02)02606-6. 
  26. Bishop, RE; Penfold, SS; Frost, LS; Höltje, JV; Weiner, JH (29 de setembro de 1995). "Stationary phase expression of a novel Escherichia coli outer membrane lipoprotein and its relationship with mammalian apolipoprotein D. Implications for the origin of lipocalins". The Journal of Biological Chemistry 270 (39): 23097–103. PMID 7559452. doi:10.1074/jbc.270.39.23097. 
  27. Camato, R; Marcel, YL; Milne, RW; Lussier-Cacan, S; Weech, PK (xuño de 1989). "Protein polymorphism of a human plasma apolipoprotein D antigenic epitope". Journal of Lipid Research 30 (6): 865–75. PMID 2477480. doi:10.1016/S0022-2275(20)38304-8. 
  28. Smith, KM; Lawn, RM; Wilcox, JN (xuño de 1990). "Cellular localization of apolipoprotein D and lecithin:cholesterol acyltransferase mRNA in rhesus monkey tissues by in situ hybridization". Journal of Lipid Research 31 (6): 995–1004. PMID 2373967. doi:10.1016/S0022-2275(20)42739-7. 
  29. Provost, PR; Marcel, YL; Milne, RW; Weech, PK; Rassart, E (23 de setembro de 1991). "Apolipoprotein D transcription occurs specifically in nonproliferating quiescent and senescent fibroblast cultures". FEBS Letters 290 (1–2): 139–41. PMID 1915865. doi:10.1016/0014-5793(91)81244-3. 
  30. Provost, PR; Villeneuve, L; Weech, PK; Milne, RW; Marcel, YL; Rassart, E (decembro de 1991). "Localization of the major sites of rabbit apolipoprotein D gene transcription by in situ hybridization". Journal of Lipid Research 32 (12): 1959–70. PMID 1816324. doi:10.1016/S0022-2275(20)41899-1. 
  31. Najyb, O; Brissette, L; Rassart, E (26 de xuño de 2015). "Apolipoprotein D Internalization Is a Basigin-dependent Mechanism". The Journal of Biological Chemistry 290 (26): 16077–87. PMC 4481210. PMID 25918162. doi:10.1074/jbc.M115.644302. 
  32. Iacono, KT; Brown, AL; Greene, MI; Saouaf, SJ (decembro de 2007). "CD147 immunoglobulin superfamily receptor function and role in pathology". Experimental and Molecular Pathology 83 (3): 283–95. PMC 2211739. PMID 17945211. doi:10.1016/j.yexmp.2007.08.014. 
  33. Bodzioch, M; Orsó, E; Klucken, J; Langmann, T; Böttcher, A; Diederich, W; Drobnik, W; Barlage, S; Büchler, C; Porsch-Ozcürümez, M; Kaminski, WE; Hahmann, HW; Oette, K; Rothe, G; Aslanidis, C; Lackner, KJ; Schmitz, G (agosto de 1999). "The gene encoding ATP-binding cassette transporter 1 is mutated in Tangier disease". Nature Genetics 22 (4): 347–51. PMID 10431237. doi:10.1038/11914. 
  34. Alaupovic, P; Schaefer, EJ; McConathy, WJ; Fesmire, JD; Brewer HB, Jr (agosto de 1981). "Plasma apolipoprotein concentrations in familial apolipoprotein A-I and A-II deficiency (Tangier disease)". Metabolism: Clinical and Experimental 30 (8): 805–9. PMID 6790903. doi:10.1016/0026-0495(81)90027-5. 
  35. Albers, JJ; Adolphson, J; Chen, CH; Murayama, N; Honma, S; Akanuma, Y (9 de xullo de 1985). "Defective enzyme causes lecithin-cholesterol acyltransferase deficiency in a Japanese kindred". Biochimica et Biophysica Acta (BBA) - Lipids and Lipid Metabolism 835 (2): 253–7. PMID 4005283. doi:10.1016/0005-2760(85)90280-2. 
  36. Baker, WA; Hitman, GA; Hawrami, K; McCarthy, MI; Riikonen, A; Tuomilehto-Wolf, E; Nissinen, A; Tuomilehto, J; Mohan, V; Viswanathan, M (decembro de 1994). "Apolipoprotein D gene polymorphism: a new genetic marker for type 2 diabetic subjects in Nauru and south India". Diabetic Medicine 11 (10): 947–52. PMID 7895459. doi:10.1111/j.1464-5491.1994.tb00252.x. 
  37. Ryu, B; Jones, J; Hollingsworth, MA; Hruban, RH; Kern, SE (1 de marzo de 2001). "Invasion-specific genes in malignancy: serial analysis of gene expression comparisons of primary and passaged cancers". Cancer Research 61 (5): 1833–8. PMID 11280733. 
  38. Díez-Itza, I; Vizoso, F; Merino, AM; Sánchez, LM; Tolivia, J; Fernández, J; Ruibal, A; López-Otín, C (febreiro de 1994). "Expression and prognostic significance of apolipoprotein D in breast cancer". The American Journal of Pathology 144 (2): 310–20. PMC 1887137. PMID 8311115. 
  39. Søiland, H; Skaland, I; Varhaug, JE; Kørner, H; Janssen, EA; Gudlaugsson, E; Baak, JP; Søreide, JA (2009). "Co-expression of estrogen receptor alpha and Apolipoprotein D in node positive operable breast cancer--possible relevance for survival and effects of adjuvant tamoxifen in postmenopausal patients". Acta Oncologica (Stockholm, Sweden) 48 (4): 514–21. PMID 19107621. doi:10.1080/02841860802620613. 
  40. Aspinall, JO; Bentel, JM; Horsfall, DJ; Haagensen, DE; Marshall, VR; Tilley, WD (agosto de 1995). "Differential expression of apolipoprotein-D and prostate specific antigen in benign and malignant prostate tissues". The Journal of Urology 154 (2 Pt 1): 622–8. PMID 7541868. doi:10.1097/00005392-199508000-00082. 
  41. Miranda, E; Vizoso, F; Martín, A; Quintela, I; Corte, MD; Seguí, ME; Ordiz, I; Merino, AM (xuño de 2003). "Apolipoprotein D expression in cutaneous malignant melanoma". Journal of Surgical Oncology 83 (2): 99–105. PMID 12772203. doi:10.1002/jso.10245. 
  42. West, RB; Harvell, J; Linn, SC; Liu, CL; Prapong, W; Hernandez-Boussard, T; Montgomery, K; Nielsen, TO; Rubin, BP; Patel, R; Goldblum, JR; Brown, PO; van de Rijn, M (agosto de 2004). "Apo D in soft tissue tumors: a novel marker for dermatofibrosarcoma protuberans". The American Journal of Surgical Pathology 28 (8): 1063–9. PMID 15252314. doi:10.1097/01.pas.0000126857.86186.4c. 
  43. Do Carmo, S; Fournier, D; Mounier, C; Rassart, E (abril de 2009). "Human apolipoprotein D overexpression in transgenic mice induces insulin resistance and alters lipid metabolism". American Journal of Physiology. Endocrinology and Metabolism 296 (4): E802–11. PMID 19176353. doi:10.1152/ajpendo.90725.2008. 
  44. Desmarais, F; Bergeron, KF; Rassart, E; Mounier, C (abril de 2019). "Apolipoprotein D overexpression alters hepatic prostaglandin and omega fatty acid metabolism during the development of a non-inflammatory hepatic steatosis" (PDF). Biochimica et Biophysica Acta (BBA) - Molecular and Cell Biology of Lipids 1864 (4): 522–531. PMID 30630053. doi:10.1016/j.bbalip.2019.01.001. 
  45. Do Carmo, S; Forest, JC; Giguère, Y; Masse, A; Lafond, J; Rassart, E (2 de setembro de 2009). "Modulation of Apolipoprotein D levels in human pregnancy and association with gestational weight gain". Reproductive Biology and Endocrinology 7: 92. PMC 3224896. PMID 19723339. doi:10.1186/1477-7827-7-92. 
  46. Martineau, C; Najyb, O; Signor, C; Rassart, É; Moreau, R (setembro de 2016). "Apolipoprotein D deficiency is associated to high bone turnover, low bone mass and impaired osteoblastic function in aged female mice". Metabolism: Clinical and Experimental 65 (9): 1247–58. PMC 7094319. PMID 27506732. doi:10.1016/j.metabol.2016.05.007. 
  47. Boyles, JK; Notterpek, LM; Anderson, LJ (15 de outubro de 1990). "Accumulation of apolipoproteins in the regenerating and remyelinating mammalian peripheral nerve. Identification of apolipoprotein D, apolipoprotein A-IV, apolipoprotein E, and apolipoprotein A-I". The Journal of Biological Chemistry 265 (29): 17805–15. PMID 2120218. doi:10.1016/S0021-9258(18)38235-8. 
  48. Boyles, JK; Notterpek, LM; Wardell, MR; Rall SC, Jr (decembro de 1990). "Identification, characterization, and tissue distribution of apolipoprotein D in the rat". Journal of Lipid Research 31 (12): 2243–56. PMID 2090718. doi:10.1016/S0022-2275(20)42112-1. 
  49. Ganfornina, MD; Do Carmo, S; Martínez, E; Tolivia, J; Navarro, A; Rassart, E; Sanchez, D (15 agosto de 2010). "ApoD, a glia-derived apolipoprotein, is required for peripheral nerve functional integrity and a timely response to injury". Glia 58 (11): 1320–34. PMC 7165554. PMID 20607718. doi:10.1002/glia.21010. 
  50. 50,0 50,1 Terrisse, L; Poirier, J; Bertrand, P; Merched, A; Visvikis, S; Siest, G; Milne, R; Rassart, E (outubro de 1998). "Increased levels of apolipoprotein D in cerebrospinal fluid and hippocampus of Alzheimer's patients". Journal of Neurochemistry 71 (4): 1643–50. PMID 9751198. doi:10.1046/j.1471-4159.1998.71041643.x. 
  51. Thomas, EA; Dean, B; Pavey, G; Sutcliffe, JG (27 de marzo de 2001). "Increased CNS levels of apolipoprotein D in schizophrenic and bipolar subjects: implications for the pathophysiology of psychiatric disorders". Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America 98 (7): 4066–71. Bibcode:2001PNAS...98.4066T. PMC 31180. PMID 11274430. doi:10.1073/pnas.071056198. 
  52. Reindl, M; Knipping, G; Wicher, I; Dilitz, E; Egg, R; Deisenhammer, F; Berger, T (1 de outubro de 2001). "Increased intrathecal production of apolipoprotein D in multiple sclerosis". Journal of Neuroimmunology 119 (2): 327–32. PMID 11585636. doi:10.1016/s0165-5728(01)00378-2. 
  53. Ordoñez, C; Navarro, A; Perez, C; Astudillo, A; Martínez, E; Tolivia, J (abril de 2006). "Apolipoprotein D expression in substantia nigra of Parkinson disease". Histology and Histopathology 21 (4): 361–6. PMID 16437381. doi:10.14670/HH-21.361. 
  54. Yoshida, K; Cleaveland, ES; Nagle, JW; French, S; Yaswen, L; Ohshima, T; Brady, RO; Pentchev, PG; Kulkarni, AB (outubro de 1996). "Molecular cloning of the mouse apolipoprotein D gene and its upregulated expression in Niemann-Pick disease type C mouse model". DNA and Cell Biology 15 (10): 873–82. PMID 8892759. doi:10.1089/dna.1996.15.873. 
  55. Terrisse, L; Séguin, D; Bertrand, P; Poirier, J; Milne, R; Rassart, E (18 de xuño de 1999). "Modulation of apolipoprotein D and apolipoprotein E expression in rat hippocampus after entorhinal cortex lesion". Brain Research. Molecular Brain Research 70 (1): 26–35. PMID 10381540. doi:10.1016/s0169-328x(99)00123-0. 
  56. Ong, WY; He, Y; Suresh, S; Patel, SC (xullo de 1997). "Differential expression of apolipoprotein D and apolipoprotein E in the kainic acid-lesioned rat hippocampus". Neuroscience 79 (2): 359–67. PMID 9200721. doi:10.1016/s0306-4522(96)00608-2. 
  57. Rickhag, M; Wieloch, T; Gidö, G; Elmér, E; Krogh, M; Murray, J; Lohr, S; Bitter, H; Chin, DJ; von Schack, D; Shamloo, M; Nikolich, K (xaneiro de 2006). "Comprehensive regional and temporal gene expression profiling of the rat brain during the first 24 h after experimental stroke identifies dynamic ischemia-induced gene expression patterns, and reveals a biphasic activation of genes in surviving tissue". Journal of Neurochemistry 96 (1): 14–29. PMID 16300643. doi:10.1111/j.1471-4159.2005.03508.x. 
  58. Rickhag, M; Deierborg, T; Patel, S; Ruscher, K; Wieloch, T (marzo de 2008). "Apolipoprotein D is elevated in oligodendrocytes in the peri-infarct region after experimental stroke: influence of enriched environment". Journal of Cerebral Blood Flow and Metabolism 28 (3): 551–62. PMID 17851453. doi:10.1038/sj.jcbfm.9600552. 
  59. Ganfornina, MD; Do Carmo, S; Lora, JM; Torres-Schumann, S; Vogel, M; Allhorn, M; González, C; Bastiani, MJ; Rassart, E; Sanchez, D (agosto de 2008). "Apolipoprotein D is involved in the mechanisms regulating protection from oxidative stress". Aging Cell 7 (4): 506–15. PMC 2574913. PMID 18419796. doi:10.1111/j.1474-9726.2008.00395.x. 
  60. Do Carmo, S; Jacomy, H; Talbot, PJ; Rassart, E (8 de outubro de 2008). "Neuroprotective effect of apolipoprotein D against human coronavirus OC43-induced encephalitis in mice". The Journal of Neuroscience 28 (41): 10330–8. PMC 6671015. PMID 18842892. doi:10.1523/JNEUROSCI.2644-08.2008. 
  61. Najyb, O; Do Carmo, S; Alikashani, A; Rassart, E (agosto de 2017). "Apolipoprotein D Overexpression Protects Against Kainate-Induced Neurotoxicity in Mice". Molecular Neurobiology 54 (6): 3948–3963. PMC 7091089. PMID 27271124. doi:10.1007/s12035-016-9920-4. 
  62. Li, H; Ruberu, K; Muñoz, SS; Jenner, AM; Spiro, A; Zhao, H; Rassart, E; Sanchez, D; Ganfornina, MD; Karl, T; Garner, B (maio de 2015). "Apolipoprotein D modulates amyloid pathology in APP/PS1 Alzheimer's disease mice". Neurobiology of Aging 36 (5): 1820–33. PMID 25784209. doi:10.1016/j.neurobiolaging.2015.02.010. 

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Read other articles:

1922 song by Henry Busse, Henry Lange, Lou Davis This article is about the Jazz song. For the M*A*S*H character, see Margaret Houlihan. For the dog, see Lady Di (EastEnders). Hot LipsSong by Paul Whiteman and His OrchestraB-sideSend Back my HoneymanPublishedSeptember 19, 1922 (1922-09-19) by Leo Feist, Inc., New York[1]ReleasedSeptember 1922 (1922-09)[2]RecordedJune 23, 1922 (1922-06-23)[3]GenreSwingLength3:19[3]LabelVict...

 

Pour les articles homonymes, voir Gallagher. Rory GallagherBiographieNaissance 2 mars 1948BallyshannonDécès 14 juin 1995 (à 47 ans)LondresNationalité irlandaiseActivités Chanteur, mandoliniste, producteur de disques, guitariste, auteur-compositeur, compositeurPériode d'activité à partir de 1963Autres informationsMembre de TasteInstruments Guitare, mandoline, accordéonLabels Polydor Records, Atlantic RecordsGenres artistiques Blues, musique traditionnelleSite web www.rorygallagh...

 

هذه المقالة تحتاج للمزيد من الوصلات للمقالات الأخرى للمساعدة في ترابط مقالات الموسوعة. فضلًا ساعد في تحسين هذه المقالة بإضافة وصلات إلى المقالات المتعلقة بها الموجودة في النص الحالي. (سبتمبر 2019) منتخب المكسيك تحت 15 سنة لكرة القدم مشاركات تعديل مصدري - تعديل   منتخب المكس�...

American playwright Avery HopwoodHopwood in 1922Born(1882-05-28)May 28, 1882Cleveland, Ohio, United StatesDiedJuly 1, 1928(1928-07-01) (aged 46)Juan-les-Pins, Antibes, FranceOccupationPlaywrightNationalityAmericanEducationUniversity of MichiganGenreTheatre James Avery Hopwood (May 28, 1882 – July 1, 1928) was an American playwright of the Jazz Age. He had four plays running simultaneously on Broadway in 1920. Early life Hopwood was born to James and Jule Pendergast Hopwood on May ...

 

2017 Buryat head election ← 2002 10 September 2017 2022 → Turnout41.65%   CR Nominee Alexey Tsydenov Batodalay Bagdayev Party United Russia CPCR Popular vote 260,028 15,325 Percentage 87.43% 5.15% Head before election Alexey Tsydenov (acting) United Russia Elected Head Alexey Tsydenov United Russia The 2017 Republic of Buryatia head election took place on 10 September 2017, on common election day. Acting Head Aleksey Tsydenov was elected for his first full ter...

 

Cet article est une ébauche concernant une localité tchèque. Vous pouvez partager vos connaissances en l’améliorant (comment ?) selon les recommandations des projets correspondants. Moravský Krumlov Moravský Krumlov.   Administration Pays Tchéquie Région Moravie-du-Sud District Znojmo Région historique Moravie Maire Mandat Tomáš Třetina[1],[2] 2022-2026 Code postal 672 01 Démographie Population 5 677 hab. (2023) Densité 115 hab./km2 Géographie Coordo...

Star in the constellation Centaurus ε Centauri Location of ε Centauri (circled) Observation dataEpoch J2000      Equinox J2000 Constellation Centaurus Right ascension 13h 39m 53.25774s[1] Declination −53° 27′ 59.0081″[1] Apparent magnitude (V) +2.30[2] (2.29 - 2.31[3]) Characteristics Spectral type B1 III[4] U−B color index −0.92[2] B−V color index −0.22[...

 

FlashbackLagu oleh After SchoolDirilis20 Juni 2012 (2012-06-20)FormatMaxi single, unduh digitalDirekam2012GenreK-popDurasi17:41LabelPledis Entertainment, LOEN EntertainmentPenciptaTEXUProduserTEXU Templat:Korean membutuhkan parameter |hangul=. Flashback adalah album singel kelima oleh girlband Korea Selatan, After School. Maxi-single ini menandakan penampilan pertama dari anggota generasi kelima, Kaeun. Singel ini juga menandakan comeback pertama sejak kelulusan resmi Kahi dari ...

 

Ne doit pas être confondu avec Banque Rothschild ou Rothschild & Cie. Groupe Edmond de Rothschild Création 1953 Dates clés 2010 : la Compagnie Financière Edmond de Rothschild devient le Groupe Edmond de Rothschild Fondateurs Edmond de Rothschild Personnages clés Ariane de Rothschild Forme juridique Société par actions Siège social Genève Suisse Direction Ariane de Rothschild (CEO)Cynthia Tobiano (vice-CEO) Activité Banque privéeGestion d'actifsImmobilierCapital-inves...

Dispute between Yemen and Eritrea Hanish Islands conflictPart of the conflicts in the Horn of AfricaMap of the Hanish islandsDate15–17 December 1995LocationGreater Hanish, Zaqar-Hanish archipelagoResult Eritrean military victory[1]Territorialchanges The Permanent Court of Arbitration determined that most of the archipelago belonged to Yemen, while some small islands closest to Eritrea belonged to Eritrea.[2][3]Belligerents  Eritreasupported by:  Israel (all...

 

Chlopsidae Chlopsis bicolor Klasifikasi ilmiah Domain: Eukariota Kerajaan: Animalia Filum: Chordata Kelas: Actinopterygii Ordo: Anguilliformes Genera Lihat teks. Chlopsidae, atau belut palsu, adalah keluarga belut yang ditemukan di terumbu karang di seluruh dunia. Seperti namanya, mereka agak mirip dengan belut armang dalam penampilan. Namun, mereka lebih kecil dari moray yang sebenarnya, mulai dari 11 hingga 42cm dalam panjangnya. Genera Famili ini terdiri dari marga-marga berikut ini: Fami...

 

كأس جبل طارق لكرة القدم 2014 تفاصيل الموسم كأس جبل طارق لكرة القدم  النسخة 60ª (1ª riconosciuta dalla UEFA)  البلد المملكة المتحدة  التاريخ بداية:8 يناير 2014  نهاية:10 مايو 2014  المنظم اتحاد جبل طارق لكرة القدم  البطل نادي لينكولن ريد إيمبس  مباريات ملعوبة 20   عدد المشاركين...

ShershaahSutradaraVishnuvardhanProduserHiroo Yash JoharKaran JoharApoorva MehtaShabbir BoxwalaAjay ShahHimanshu GandhiDitulis olehSandeep SrivastavaPemeranSidharth MalhotraKiara AdvaniPenata musikSkor:John Stewart EduriLaguTanishk BagchiB PraakJaaniJasleen RoyalJaved-MohsinVikram MontroseSinematograferKamaljeet NegiPenyuntingA. Sreekar PrasadPerusahaanproduksiDharma ProductionsKaash EntertainmentDistributorAmazon Prime VideoTanggal rilis 12 Agustus 2021 (2021-08-12)[1] Dura...

 

Norwegian curler (born 1962) This biography of a living person needs additional citations for verification. Please help by adding reliable sources. Contentious material about living persons that is unsourced or poorly sourced must be removed immediately from the article and its talk page, especially if potentially libelous.Find sources: Pål Trulsen – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (August 2011) (Learn how and when to remove this message) ...

 

Wine making in Iran A wine-pourer or saghi, Safavid court painting, 17th century Isfahan. Persian wine, also called May (Persian: می), Mul (Persian: مل), and Bâdah (باده), is a cultural symbol and tradition in Iran, and has a significant presence in Iranian mythology, Persian poetry and Persian miniatures. History Recent archaeological research has pushed back the date of the known origin of wine making in Persia far beyond that which writers earlier in the 20th century had envisaged...

府中用水(ふちゅうようすい)は、多摩川の4か所から引かれ、東京都国立市・府中市を流れ最終的に調布市で多摩川に合流する用水路。 東京都で唯一である疏水百選の一つ。付近では古代中世から農耕が盛んになり、これによって江戸幕府の経済基礎を支える為に本用水が整備利用されてきた。 概要 国立市の府中用水 府中崖線の南側に沿って流れる約6kmの農業用水路...

 

Company where shareholders/members have unlimited legal liability This article is part of a series onCorporate law By jurisdiction Anguilla Australia BVI Canada Cayman Islands India South Africa UK United States Vietnam European Union France Germany General corporate forms Company Conglomerate Cooperative Corporation Holding company Joint-stock Partnership General Limited Limited liability Private limited Shell corporation Shelf corporation Sole proprietorship Corporate formsby jurisdiction E...

 

Pour les articles homonymes, voir Renard (homonymie). Wendie Renard Wendie Renard avec l'Olympique lyonnais en 2019. Situation actuelle Équipe Olympique lyonnais Numéro 3 Biographie Nom Wendie Thérèse Renard[1] Nationalité Française Naissance 20 juillet 1990 (34 ans) Schœlcher (Martinique) Taille 1,87 m (6′ 2″)[2] Poste Défenseure centrale Parcours junior Années Club 1997-2005 Essor Préchotin 2005-2006 RC Lorrain Parcours professionnel1 AnnéesClub 0M.0(B.) 2006-...

This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Mupperum Deviyar – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (February 2024) (Learn how and when to remove this message) 1987 Indian filmMupperum DeviyarPosterDirected byK. ShankarScreenplay byK. ShankarStory byK. P. ArivanandhamProduced byM. Sarojini DeviSta...

 

ペドロ1世Pedro I カスティーリャ国王 15世紀作、スペイン国立考古学博物館収蔵在位 1350年 - 1366年、1367年 - 1369年別号 ガリシア国王出生 (1334-08-30) 1334年8月30日 カスティーリャ王国、ブルゴス死去 (1369-03-23) 1369年3月23日(34歳没) カスティーリャ王国、トレド、モンティエル埋葬 カスティーリャ王国、セビリア大聖堂王室礼拝堂配偶者 ブランシュ・ド・ブルボン  フア�...