Unha lipoproteína é un complexo formado por elementos proteicos e lipídicos, que se manteñen unidos por enlaces non covalentes, que se encontra no sangue. Cada unha das lipoproteínas posúe unha masa molecular, estrutura e densidade características. Á porción proteica da lipoproteína denomínase apolipoproteína. A súa misión é transportar os lípidos insolubles polo sangue.
En xaxún hai catro lipoproteínas, denominadas en función da súa densidade:
Algúns proteolípidos transmembrana, especialmente os que se encontran en bacterias, denomínanse lipoproteínas, pero non están relacionadas coas partículas lipoproteicas do plasma antes mencionadas.[1] Estas proteínas transmembrana son difíciles de illar, xa que están estreitamente unidas á membrana lipídica, e adoitan necesitar lípidos para mostrar a súa verdadeira estrutrua e poden ser insolubles en auga. Xeralmente son necesarios deterxentes para illalas das membranas ás que está asociadas.