Animais fantásticos e onde atopalos[5] (en inglés: Fantastic Beasts and Where to Find Them) é un filme británico-estadounidense de fantasía dirixido por David Yates que se estreou no 2016. É unha precuela da serie de filmes de Harry Potter, e foi producido e escrito por J. K. Rowling, inspirado polo libro do mesmo nome. Está protagonizado por Eddie Redmayne como Newt Scamander, e por Katherine Waterston, Dan Fogler, Alison Sudol, Ezra Miller, Samantha Morton, Jon Voight, Carmen Ejogo, Ron Perlman e Colin Farrell nos papeis secundarios. É o primeiro filme da serie de Fantastic Beasts, e o noveno filme do mundo creado por J. K. Rowling.
Estreouse en galego o 18 de agosto de 2020 a través da TVG.
Personaxes
- Voz da dobraxe galega de Óscar Fernández.
- Voz da dobraxe galega de Ana Lemos.
- Voz da dobraxe galega de Tacho González.
- Voz da dobraxe galega de Monti Castiñeiras.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas