Anatomía

Lección de Anatomía do Dr. Willem van der Meer, cadro de Michiel Jansz van Mierevelt, 1617.

A anatomía é o estudo da estrutura, situación e relacións das diferentes partes do corpo de animais ou plantas. É unha rama das ciencias naturais relativa á organización estrutural dos seres vivos, é dicir, a forma, topografía, localización, disposición e a relación entre si dos órganos que as compoñen.

Durante séculos, os coñecementos anatómicos baseáronse na observación da disección de plantas e animais. Porén, a compresión adecuada da estrutura implica un coñecemento da función dos organismos vivos. Por conseguinte, a anatomía é case inseparable da fisioloxía, que ás veces recibe o nome de anatomía funcional. A anatomía, que é unha das ciencias básicas da vida, está moi relacionada coa medicina e con outras ramas da bioloxía.

O anatomista é a persoa especializada en anatomía ou que se dedica ao seu estudo.[1]

Etimoloxía

Deriva do latín anatomĭa, e do grego antigo ἀνατομία [anatomía]; derivado do verbo ἀνατέμνειν [anatémnein], ‘cortar’ ou ‘separar’[a] composto de ἀνά [aná], ‘cara a arriba’[b] e τέμνειν [témnein], ‘cortar’)[c]

O termo designa tanto a estrutura dos organismos vivos como a rama da bioloxía que estuda ditas estruturas, que no caso da anatomía humana convértese nunha das chamadas ciencias básicas ou "preclínicas" da medicina.[2]

Historia da anatomía

Antigüidade

A anatomía comezou os seus primeiros descubrimentos en Grecia, pero de feito o primeiro rexistro do seu estudo que ten o home, iniciouse coa Idade de Pedra, aparentemente sobre o 3600 aC. Dentro deste período da prehistoria atopamos ó home de Cromañón, quen aprendeu a tratar feridas en animais, así como a realizar a trepanación a animais de varios tamaños. A paleontoloxía e a paleontopatoloxía axudaron á historia da medicina a detallar máis o achado dos descubrimentos do home de Cromañón, así como as pinturas rupestres en varias cavernas que amosan cardiotomías de mamuts, traqueotomías aplicadas a equinos, e varias miotomías con paquidermos e equinos, onde se empregaba instrumentación elaborada finamente con pedra traballada e puntas de madeira.

Idade de Bronce

Na Idade de Bronce, a anatomía tivo un grande impacto especialmente en Asia, e máis concretamente no subcontinente indio. A India foi a principal fonte de coñecementos anatómicos para todas as escolas de ensino da antiga ciencia médica e, co paso do tempo, empezando a transmitir as súas ensinanzas á China, a Oriente Medio e África. Na India, ó redor do século III aC, apareceu o Charaka Samhita, o rexistro escrito máis antigo de medicina interna, que foi escrito por Charaka, o grande impulsor da medicina da India ou Āyurveda. Desenvolveu a cirurxía reconstruciva, foi antecesor e mestre do lendario Shusruta e realizou exploracións anatómicas topográficas en cadáveres humanos, sobre todo das estruturas. Foi o primeiro en descubrir a existencia do aparello circulatorio. Charaka estableceu un método para a prevención da saúde, aínda funcional hoxe en día, polo cal é tamén considerado a escala mundial como un dos iniciadores da medicina preventiva, a cirurxía plástica e a medicina interna. Á súa vez, Charaka foi o primeiro en crear máis de 113 instrumentos cirúrxicos, e até hoxe en día algúns dos seus deseños seguen sendo empregados na práctica cirúrxica.

Idade de Ferro

Na Idade de Ferro, Hipócrates, o gran médico e filósofo grego, é considerado como o pai da medicina xeral. Plasmou as súas experiencias de anatomía no seu libro Corpus Hipocraticus, que contén desde orientacións prácticas sobre anatomía forense e clínica, até métodos de cirurxía humana e veterinaria que se empregaban entón en Grecia. Hai que mencionar tamén a Erasístrato, médico grego que iniciou importantes estudos en fisioloxía.

Idade Antiga

O primeiro instituto de anatomía estableceuse en Alexandría, Exipto[3][4] ó redor do ano 280 aC.[5] O mesmo pasou con outras moitas facultades e bibliotecas importantes, onde se podía atopar a ciencia e o coñecemento daquela época. Neste instituto de anatomía o rei autorizou a práctica de diseccións aos mortos, que deu a posibilidade de examinar corpos por dentro e describir os órganos.[5] En Exipto atopáronse indicios de importantes traballos de investigación na descrición do corpo humano. O traballo orixinal perdeuse, pero moitas destas obras foron traducidas polos médicos árabes que levaron a Persia ou Grecia, onde a tradición continuou.

Na Idade Antiga destaca tamén Galeno, un médico e filósofo grego. Elaborou un corpus escrito inmenso, cun contido exhaustivo, con máis de 125 volumes, que trataban sobre o estudo anatómico-funcional de varios sistemas: o muscular, o nervioso, o respiratorio e o circulatorio. A súa preponderancia como mestre de medicina durou máis de 1400 anos en Grecia. Estes coñecementos tamén se continuaron ensinando durante a Idade Media.[6]

Idade Media

Primeira páxina do primeiro libro do Kitāb al-Qānūn fī al-ṭibb (Libro do canon de medicina) de Avicena.

Debido á grande autoridade atribuída aos coñecementos anatómicos expresados por Galeno, sumada aos prexuízos morais e relixiosos que representaba o sacrilexio de practicar diseccións en cadáveres, o progreso no coñecemento da anatomía humana quedou paralizado durante a Idade Media.

O gran progreso da medecina árabe non incluíu as diseccións humanas, tamén por motivos relixiosos. Avicena por exemplo, que deu numerosos detalles anatómicos dentro da súa obra O Canon da Medicina estaba restrinxido en canto ás diseccións humanas.[7]

No século IX, o estudo do corpo humano volveu interesar aos sabios, grazas á escola de medicina de Salerno, en Italia, e á obra de Constantino o Africano, que traduciu do árabe ó latín numerosos textos médicos gregos. Despois, Guillemos de Salicet, Bruno dá Longobucco e outros médicos medievais seguiron as prácticas e recompilación de coñecementos en anatomía, fortemente influenciados por Galeno e Avicena.[8][9]

O edicto de Frederico II en Nápoles consistente a forzar a escola a introducir no seu currículo un adestramento práctico en anatomía no 1240, foi decisivo no desenvolvemento desta ciencia.[10]

Os precursores do período moderno de aprendizaxe en anatomía xurdiron en 1315 en Boloña (Italia), cando se practicou unha disección. Neste ano, as diseccións de corpos humanos volven ser rutina na escola médica. Os corpos que se usaban proviñan, en xeral, de persoas executadas como criminais. O profesor Mondino de Liuzzi foi o recuperador desta práctica, escribindo con todos os seus resultados o libro Anathomia (1316) que foi o primeiro libro de anatomía e fisioloxía da Idade Moderna, pero que se baseaba fortemente nas ensinanzas de Galeno e de Aristóteles. Este libro foi impreso por primeira vez en Padua en 1478, usándose durante séculos en 40 edicións.[11]

As diseccións naquel tempo usáronse só por motivos educativos, sen cuestionar os antigos libros de anatomía.

Idade Moderna

Portada de Anathomia, obra de Mondino dei Liuzzi, 1541.
Gravado de 1542 mostrando a Vesalius publicado na páxina XII na edición de 1543 "De humani corpóreos fabrica".

Os estudos de anatomía e patoanatomia floreceron outra vez no Renacemento, onde os universitarios de Europa tiveron outra vez a posibilidade de realizar diseccións ós mortos, cousa prohibida durante a influencia do catolicismo. Na Idade Moderna, Michelangelo Buonarroti, pintor, arquitecto e escultor italiano fixo grandes obras como David. Dentro desta época tamén xurdiron importantes personaxes, como é o caso de Paracelso, catedrático naqueles tempos da Universidade de Basilea. Un dos escritos médicos máis famosos de Paracelso foi Da Enfermidade dos Mineiros e outras Enfermidades de Mineiros, que documentaba os riscos laborais do traballo con metais, incluíndo estratexias e tratamentos preventivos.

Leonardo da Vinci tivo tamén unha importante tarefa dentro da anatomía, proporcionando ilustracións de precisión. Da Vinci empezou os seus debuxos de anatomía ó redor do ano 1489.[12]

O personaxe chave desta etapa do florecemento da anatomía foi André Vesalio. Os seus estudos permitiron exceder os estudos de Galeno, grazas ás súas prácticas de disección e autopsias. Todos os seus descubrimentos publicáronse no 1543 na súa obra: De humani corpóreos fabrica libri septem, que foi o primeiro libro con descricións correctas sobre a aparencia do corpo humano e do seu funcionamento.

Outros investigadores importantes no ámbito da anatomía foron Falopio, Miguel Servet, William Harvey (1578-1657), Malpighi e Descartes (1596-1650).

Idade Contemporánea

Imaxes do abdome por raios X (arriba), por resonancia magnética (centro), e por tomografía computadorizada tridimensional (abaixo).

Antes da época dos procedimentos médicos modernos, os principais medios para o estudo da estrutura do corpo eran a palpación e a disección. Foi o aparición do microscopio o que permitiu comprender os constituintes básicos dos tecidos vivos. A introdución das lentes acromáticas aumentou o poder de resolución do microscopio, o que permitiu a Matthias Jakob Schleiden e Theodor Schwann descubrir, en 1839, que as células son a unidade fundamental de organización de todos os organismos vivos. Dado que a investigación microscópica envolve o paso de luz polos obxectos a ser estudados, a invención do micrótomo vai permitir a realización de cortes extremamente finos. Desenvolvéronse tamén técnicas de coloración con colorantes artificiais que viñan permitir distinguir con maior facilidade os varios tipos de células e que, na fin do século XIX , deron orixe aos campos da citoloxía e histoloxía.[13]

A invención do microscopio electrónico en 1931 permitiu aumentar drasticamente o poder de resolución, o que vai permitir observar a ultraestrutura das células, dos orgánulos e outras estruturas no seu interior. Na década de 1950, a introdución da cristalografía de raios X para o estudo das estruturas proteicas, ácidos nucleicos e outras moléculas biolóxicas deu orixe ao novo campo da anatomía molecular.[13] A radiación electromagnética de onda curta, como os raios X, é capaz de atravesar o corpo e é por iso usada en radiografía clínica para observar estruturas anatómicas con diferentes graos de opacidade. Hoxe en día, as técnicas máis modernas como a imaxe por resonancia magnética, tomografía computadorizada, fluoroscopia ou ecografía permiten aos investigadores e profesionais da saúde examinar as estruturas anatómicas, vivas ou mortas, cun detalle sen precedentes.[14]

No ensino da anatomía, foi moi importante o Tratado de anatomía humana do francés Leo Testut. Considérase un dos tratados de anatomía máis completos e mellor ilustrados que existen.[15] A primeira edición é de finais do século XIX. A oitava edición, póstuma, publicouna na década de 1920 seu discípulo André Latarjet. A novena e última edición apareceu na década de 1950, finalizada polo fillo deste último, Michel Latarjet. A última reimpresión en español é da década de 1980.[16] Continua a ser bibliografía recomendada en innúmeras facultades de Medicina e un dos libros máis consultados por estudantes de medicina.[15]

Ramas da anatomía

Fotografía do manuscrito do Home de Vitruvio.

Durante séculos os coñecementos anatómicos baseáronse na observación de diseccións a plantas e animais. Con todo, a comprensión axeitada da estrutura implica un coñecemento da función dos organismos vivos. Polo tanto, a anatomía é case inseparable da fisioloxía. A anatomía, que é unha das ciencias básicas da vida, está moi relacionada coa medicina (humana ou veterinaria) e coa botánica. É conveniente subdividir o estudo da anatomía en diferentes aspectos. Unha clasificación baséase segundo o tipo de organismo en estudo; neste caso as subdivisións principais son as de anatomía vexetal ou botánica e a anatomía animal ou veterinaria. De igual maneira, a anatomía animal subdivídese en anatomía comparada, cando establece as similitudes e diferenzas entre os diferentes tipos de animais e estirpes biolóxicas.

A anatomía tamén se pode clasificar segundo os procesos biolóxicos. Por exemplo, por unha banda, a anatomía do desenvolvemento (estudo dos embrións en diferentes etapas) e, pola outra, a anatomía patolóxica ou estudo descritivo dos órganos enfermos. Outras subdivisións, como a anatomía cirúrxica e a anatomía artística (como por exemplo na obra Home de Vitruvio de Leonardo da Vinci), baséanse na relación da anatomía con outras actividades baixo o título xeral de anatomía aplicada. Outra forma máis de subdividir a anatomía depende das técnicas empregadas, por exemplo a microanatomía, máis coñecida como anatomohistoloxía, que se basea nas observacións de células e tecidos obtidos con axuda do microscopio.

Dunha maneira máis exhaustiva, dentro da anatomía pódense considerar as seguintes ramas:

  • Anatomía topográfica: estuda sintéticamente as diferentes partes (órganos, aparellos, etc.) dos seres vivos e as relacións que se establecen entre elas de maneira relacionada coa posición que ocupan.
  • Anatomía veterinaria ou, como se coñece vulgarmente, anatomía animal: estuda a estrutura dos animais.
  • Anatomía humana: estuda a estrutura do ser humano, aínda que se enfoca a estudar a idade adulta.
  • Anatomía comparada: estuda as diferenzas e similitudes entre varias especies e estirpes.
  • Anatomía vexetal: estuda a estrutura da flora, que en xeral o seu estudo completo é de tipo botánico anatomohistolóxico.
  • Anatomía forense: estuda as estruturas do corpo humano sometidas a circunstancias de morte.
  • Anatomía patolóxica: estuda as estruturas do corpo humano que foron alteradas por enfermidades.
  • Anatomía clínica: estuda a estrutura do corpo humano sas e danadas para proceder á clínica.
  • Anatomía odontal: estuda a estrutura da cavidade oral. É un estudo exclusivo e profundo da odontoloxía.
  • Anatomía descritiva: estuda a estrutura do corpo humano en canto á súa pura descrición anatómica.
  • Anatomía funcional: estuda a estrutura do corpo humano de maneira fisiolóxica.
  • Anatomía cirúrxica: estuda a estrutura do corpo humano que é sometida, ou preparada para un procedemento cirúrxico.
  • Anatomía artística: estuda as estruturas diversas do corpo humano para ser aplicado en artes gráficas, e deseño biomédico.
  • Anatomía do desenvolvemento: estuda ás estruturas que cambian desde a etapa embrionaria até o comezo da mocidade.
  • Anatomía embriolóxica: estuda o cambio das estruturas e a súa condición na etapa embrionaria.
  • Anatomía pediátrica: estuda á estrutura do neonato cara ao principio da adolescencia.
  • Anatomía xeriátrica: estuda a estrutura do paciente durante a terceira idade.
  • Anatomía deportiva: estuda a estrutura anatómica do deportista.
  • Anatomía radiolóxica: estuda ás estruturas profundas por medio de aparellos radiolóxicos.
  • Anatomía segmentaria: estuda ao corpo humano en rexións e porcións.
  • Anatomía sistemática: estuda ao corpo humano en sistemas e aparellos.
  • Neuroanatomía: estuda todo o sistema nervioso.
  • Anatomohistoloxía: estuda a estrutura dos tecidos en función á súa disposición anatómica.

Nomenclatura

Planos de anatomía.

Antes de que a anatomía empezase a dispor de nomenclatura oficial, creouse un tipo de linguaxe técnica. A linguaxe técnica estandarízase, de forma que é o mesmo no mundo enteiro, por exemplo, vía o sistema NA (Nomina Anatomica), que foi o último en ser revisado en 1998.[17] Moitas das contribucións á linguaxe técnica fixéronse co latín ou latinización do grego antigo.

Para cada sinxela estrutura anatómica hai un nome (ás veces máis dun), de forma que se pode representar mediante diferentes cortes e direccións, que axudan a describir a estrutura completa.

Planos de sección

Normalmente úsanse tres planos para debuxar seccións do corpo humano: O plano horizontal, o plano frontal e o plano saxital. O plan medio é un tipo de plan saxital, que parte o corpo en dúas metades simétricas (sendo deste xeito o plan saxital que se mostra á imaxe). O plan medio é o único fixo, á maneira á cal se definiron. Pódese, por exemplo, facer un corte horizontal, frontal ou saxital de forma que respectan as súas direccións. Exemplos son o plan horizontal que se pode facer á altura dos ombreiros, do xeonllo ou calquera outra altura (vexa a imaxe).

Direccións

Direccións de anatomía.
Imaxe representando direccións rostral e caudal.

Para o estudo da anatomía pódense usar direccións[18] anatómicas que indican localizacións relativas ou percorridos de sistemas e órganos determinados. A base de direccións do ser humano é moi parecida á do resto de vertebrados. Os vertebrados intégranse nesta metodoloxía de estudo grazas á disposición básica que comparten:[19]

  1. Simetría bilateral: Moitas das estruturas e os órganos son simétricos a cada lado do plano medio.
  2. Disposición de tubo dentro dun tubo: Dentro da forma de cada vertebrado dispoñemos dun tubo dixestivo.
  3. Segmentación: Repetición de membros en dirección axial (costelas, extremidades, etc.).
  4. Columna vertebral baleira e nervada.
  5. Notocordio.
  6. Bolsas farínxeas.

Así pois, uns exemplos de direccións anatómicas son:

  • Cranial-Caudal ou Inferior-Superior
  • Medial-Lateral
  • Ventral e anterior-Dorsal e posterior
  • Proximal-Distal
  • Dereita-Esquerda
  • Superficial-Profunda

Tamén se usan en conxunto as direccións Rostral e Caudal.

Notas

  1. "ἀνατέμνω". Diccionario Manual Griego: griego clásico - español (en castelán). Vox: Spes. 1996.  «ἀνα-τέμνω cortar ao longo.»
  2. "ἀνά". Diccionario Manual Griego: griego clásico - español (en castelán). Vox: Spes. 1996. «ἀνά ADV. arriba // PRP.: [...] Con ac. cara arriba (ἀνὰ ποταμόν río arriba) [...]»
  3. "τέμνω". Diccionario Manual Griego: griego clásico - español (en castelán). Vox: Spes. 1996.  «τέμνω cortar, dividir; asolar [...]»

Referencias

  1. Real Academia Galega (ed.). "anatomista". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 23 de decembro de 2019. 
  2. García Guerrero, Marcos (xuño 2012). "Medicina y arte. La revolución de la anatomía en el Renacimiento". Revista Científica de la Sociedad Española de Enfermería Neurológica (en castelán) 0 (35): 25–27. 
  3. Sharon Daniel (2008). Orange Coast College, ed. "Geral Human Anatomy" (en inglés). p. 48. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 2011-04-02. 
  4. McArver Jr., Chuck. "The Hellenistic Age, 323-31BC: Government, Society, Economy" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2012. Consultado o 31 de decembro de 2016. 
  5. 5,0 5,1 kgi.edu (2009). "Historical Origins of Physiology" (PDF) (en inglés). p. 1. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de marzo de 2016. Consultado o 31 de decembro de 2016. 
  6. Universidade de Virxinia (2007). "Vaulted Treasures: Galen" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2012. Consultado o 2011-03-19. 
  7. Stuart Curran (ed.). "Anatomy" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de setembro de 2011. Consultado o 2011-09-14. 
  8. Foster, Michael (2008). "Surgery in the Middle Ages" (PDF) (en inglés). Consultado o 2011-09-14. 
  9. Di Faith, Wallis (2010). Medieval Medicine: A Reader (en inglés). p. 298. 
  10. Matteoli, Lorenzo (1999). "Frederick II Hohenstaufen: a "modern" medieval Emperor" (en 1999). Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2017. Consultado o 2011-09-14. 
  11. Hughes, J.T. (2007). Oxford University Press, ed. "History of anatomy" (en inglés). Consultado o 2011-09-14. 
  12. Aastorp, Harald (2004.). Forskningsrådet, ed. "Grunnleggeren av dean moderne anatomi." (en noruegués (bokmål)). Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2007. Consultado o 2011-03-19. 
  13. 13,0 13,1 "Microscopic anatomy". Encyclopædia Britannica (en inglés). Consultado o 14 de outubro de 2013. 
  14. "Anatomical Imaging" (en inglés). McGraw Hill Higher Education. 1998. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 25 de xuño de 2013. 
  15. 15,0 15,1 Ledezma Miranda, P. (2006). "Huellas de un maestro de la Anatomía francesa: Jean Léo Testut, 1849-1925". Revista del Instituto Médico Sucre (en castelán) LXXI (128): 98–105. 
  16. Testut, Leo; Latarjet, André; Latarjet, Michel (1988). Tratado de anatomía humana (4 volúmenes) (en castelán). Barcelona: Salvat. ISBN 84-345-1144-4. 
  17. Federative Committee on Anatomical Terminology. Terminologia Anatomica. Thieme, 1998.
  18. Cruz Vermella. "Introducció a l'estudi de l'Anatomia" (PDF) (en catalán). Consultado o 2011-03-30. [Ligazón morta]
  19. University of Central Florida. "Human Anatomy" (en inglés). Consultado o 2011-04-10. 

Véxase tamén

Read other articles:

Place in Western Cape, South AfricaKenilworthTop left: A view down the section of Main Road that runs through Kenilworth. Top right: Saint James Church. Centre left & right: Images from the J&B Met. Bottom: Kenilworth StationStreet map of KenilworthKenilworthShow map of Western CapeKenilworthShow map of South AfricaKenilworthShow map of AfricaCoordinates: 33°59′45″S 18°28′30″E / 33.99583°S 18.47500°E / -33.99583; 18.47500CountrySouth AfricaProvinceW...

Pogonomys Classificação científica Reino: Animalia Filo: Chordata Classe: Mammalia Ordem: Rodentia Família: Muridae Subfamília: Murinae Género: PogonomysMilne-Edwards, 1877 Espécies Ver texto Pogonomys é um género de roedor da família Muridae. Espécies Pogonomys championi Flannery, 1988 Pogonomys fergussoniensis Laurie, 1952 Pogonomys loriae Thomas, 1897 Pogonomys macrourus (Milne-Edwards, 1877) Pogonomys mollipilosus Peters & Doria, 1881 Pogonomys sylvestris Thomas, 1920 Refer...

フリーボード(英:Freeform) 開発元 Apple初版 2022年12月13日 (11か月前) (2022-12-13)対応OS iOS (16.2-), iPadOS (16.2-) and macOS (13.1-)プラットフォーム iPhone, iPad, Mac種別 仮想ホワイトボードライセンス Proprietaryテンプレートを表示フリーボード (英:Freeform) は、Apple によって macOS、iOS、および iPadOS デバイス向けに開発されたデジタルな仮想ホワイトボード アプリケーションで、2022

Rehabilitatie of eerherstel is een rechtshandeling waarbij een veroordeeld persoon of groep personen in zijn politieke en burgerlijke rechten hersteld wordt. Juridische rehabilitatie Bord over de rehabilitatie heksen in Nieuwpoort Dit kan in een individueel geval, wanneer nieuwe elementen naar voren gekomen zijn waaruit blijkt dat de persoon onschuldig was en onterecht veroordeeld werd. Dit kan ook collectief, zoals na een regimewissel, bijvoorbeeld tussen dictatuur en democratie, waarbij de ...

Artikel ini sebatang kara, artinya tidak ada artikel lain yang memiliki pranala balik ke halaman ini.Bantulah menambah pranala ke artikel ini dari artikel yang berhubungan atau coba peralatan pencari pranala.Tag ini diberikan pada Maret 2016. Kampung Citaringgul adalah sebuah kampung yang ada di Desa Simpang, Kecamatan Takokak, Kabupaten Cianjur, provinsi Jawa Barat, Indonesia.[butuh rujukan] Referensi Artikel bertopik geografi atau tempat Indonesia ini adalah sebuah rintisan. Anda da...

Vous lisez un « article de qualité » labellisé en 2011. Pour les articles homonymes, voir Saint-Jérôme (homonymie) et Jérôme. Jérôme de Stridon Saint Jérôme écrivant par Le Caravage (1606), galerie Borghèse. Bibliste, Père latin de l'Église d'Occident, Docteur de l'Église Naissance v. 347Stridon Décès 30 septembre 420  (v. 73 ans) Bethléem, Empire romain et Terre sainte Vénéré à Basilique Sainte-Marie-Majeure, Rome, Italie Vénéré par Église catholiqu...

Defunct political party in Italy This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Italian Democratic Party of Monarchist Unity – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (September 2014) (Learn how and when to remove this template message) Italian Democratic Party of Monarchist Unity Partito Democratico It...

永恆傳奇OnlineTales of Eternia Online类型大型多人線上角色扮演遊戲平台Microsoft Windows开发商南梦宫、多玩國运营商南梦宫、多玩國设计师豬股睦美 系列傳奇系列 模式大型多人在线游戏运营日日本:2006年3月3日停运日日本:2007年3月31日 《永恆傳奇Online》(英语:Tales of Eternia Online)是南梦宫(現萬代南夢宮遊戲)以2000年11月發售的PlayStation電子角色扮演遊戲《永恆傳奇》�...

Este artículo se refiere o está relacionado con un programa o serie de televisión reciente o actualmente en curso. La información de este artículo puede cambiar frecuentemente. Por favor, no agregues datos especulativos y recuerda colocar referencias a fuentes fiables para dar más detalles. La Isla, El Reality Programa de televisiónGénero RealityPresentado por Alejandro LukiniPaís de origen México MéxicoIdioma(s) original(es) EspañolN.º de temporadas 7N.º de episodios 44765 (Tem...

Major League Baseball franchise in Philadelphia Phillies redirects here. For other uses, see Phillies (disambiguation). Philadelphia Phillies 2023 Philadelphia Phillies seasonEstablished in 1883 Team logoCap insignia Major league affiliations National League (1883–present) East Division (1969–present) Current uniformRetired numbers114152032343642PPColors Red, white, blue[1][2][3]      Name Philadelphia Phillies (1883–present) Philadelphia Blue Jays...

 Nota: Não confundir com Bayamón. Coordenadas: 20° 22′ 39 N, 76° 38′ 24 W Localização de Bayamo Bayamo é um município e cidade de Cuba, capital da província de Granma[1]. É uma das maiores cidades da região de Oriente. A comunidade de Bayamo foi fundada em 5 de novembro de 1513 nas margens do rio Bayamo. Em 1827, Bayamo adquiriu o status de cidade. Geografia Latitude: 20° 22' 45 Norte Longitude: 76° 38' 36 Oeste Altitude: 54 metros Demografia População: Censo 1981...

This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: North Elvis Costello album – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (May 2014) (Learn how and when to remove this template message) 2003 studio album by Elvis CostelloNorthStudio album by Elvis CostelloReleased23 September 2003Studio Air (Lond...

Batang melenting getar adalah contoh sistem dasar dalam fisika dengan tenaga potensial lenting yang diubah menjadi teng kinetik dan sebaliknya. Dalam fisika, elastisitas atau kelentingan (dari Yunani ἐλαστός ductible) adalah kecenderungan bahan padat untuk kembali ke bentuk aslinya setelah terdeformasi. Benda padat akan mengalami deformasi ketika gaya diterapkan padanya. Jika bahan tersebut elastis, benda tersebut akan kembali ke bentuk dan ukuran awalnya ketika gaya dihilangkan. Alas...

Member of the Parliament of England John PyelBorn1310Died1382Known forMayor of London John Pyel (born c. 1310 – 1382) was a London merchant who was elected Mayor of London in 1372. Biography Church of St Peter, Irthlingborough He was born circa 1310 in Irthlingborough, Northamptonshire and inherited land there from his father, which he added to during his lifetime.[1] In 1353 he purchased the manor of Irthlingborough from Sir Simon de Drayton. His brother Henry became Archdeaco...

Peta infrastruktur dan tata guna lahan di Komune Saint-Germain-lès-Arpajon.  = Kawasan perkotaan  = Lahan subur  = Padang rumput  = Lahan pertanaman campuran  = Hutan  = Vegetasi perdu  = Lahan basah  = Anak sungaiSaint-Germain-lès-ArpajonNegaraPrancisArondisemenPalaiseauKantonArpajonAntarkomuneCC de l'ArpajonnaisKode INSEE/pos91552 /  Saint-Germain-lès-Arpajon merupakan sebuah komune di kanton Arpajon di département Essonne. Merupakan pinggira...

2019 Ring of Honor event Honor Reigns Supreme (2019)PromotionRing of HonorDateJanuary 13, 2019CityConcord, North CarolinaVenueCabarrus ArenaPay-per-view chronology ← PreviousFinal Battle Next →Road To G1 Supercard Honor Reigns Supreme chronology ← Previous2018 Next →2020 Honor Reigns Supreme 2019 was a professional wrestling event produced by Ring of Honor (ROH), that took place on January 13, 2019, at the Cabarrus Arena in Concord, North Carolina. The event was sh...

Nightclub in Ibiza PrivilegePrivilege NightclubFormer namesKuLocationSan Rafael, Ibiza, SpainOwnerJose Maria EtxanizTypeNightclub, music venueGenre(s)Electronic dance music, live music, performance artCapacity10,000Record attendance10,000ConstructionOpened1978Renovated1995Expanded1997WebsiteOfficial website Privilege Ibiza, originally known as Ku Club (1979–95),[1] is the world's largest nightclub[2][3] according to the Guinness Book of Records, also defined as ...

Ice hockey player Steve MacIntyre MacIntyre with the Penguins in 2011.Born (1980-08-08) August 8, 1980 (age 43)Brock, Saskatchewan, CanadaHeight 6 ft 5 in (196 cm)Weight 255 lb (116 kg; 18 st 3 lb)Position Left WingShot LeftPlayed for Edmonton OilersFlorida PanthersPittsburgh PenguinsNHL Draft UndraftedPlaying career 2002–2020 Steven Big Mac MacIntyre (born August 8, 1980) is a Canadian former professional ice hockey left winger, who last played f...

2020 studio album by KiiaraLil KiiwiStudio album by KiiaraReleasedOctober 9, 2020GenreElectropop[1]Length37:55Label Atlantic Warner Producer Andrew Cedar Arkadi Brenton Duvall Christina Galligan Emi Dragoi Felix Snow Innr Chld Jason Evigan Jussifer King Henry Louis Schoorl Mag M-Phazes Omega Sebastian Torres Tim Randolph Zach Skelton Kiiara chronology Low Kii Savage(2016) Lil Kiiwi(2020) Singles from Lil Kiiwi I Still DoReleased: July 17, 2020 Never Let YouReleased: August 21,...

Domaine ChandonLocationYountville, California, USAAppellationYountville AVAFounded1973Key peoplePauline Lhote, Winemaker, Sparkling WinesParent companyLVMHKnown forBrut ClassicBlanc de NoirsSweet StarVarietalsPinot Noir, Pinot Meunier, Chardonnay, Cabernet SauvignonTastingOpen to the publicWebsitewww.chandon.com Domaine Chandon is a winery located in Napa Valley in the town of Yountville, California, United States. Established in 1973 by Moët et Chandon businessman John Wright, it was the fi...