A astrobioloxía é un campo de estudo interdisciplinar que combina aspectos da astronomía, bioloxía e xeoloxía, e que está enfocado principalmente ao estudo da orixe, distribución e evolución da vida en astros diferentes da Terra e no espazo en xeral. Provén das palabras gregasastron = estrela, bios =vida e logos= palabra/ciencia, e é tamén coñecido como exobioloxía (grego: exo = fóra) ou xenobioloxía (grego: xenos = foráneo).
Algúns dos máis importantes temas de investigación astrobiolóxica inclúen:
Como podemos determinar se a vida existe noutros planetas?
Pouco a pouco, tense comprobado que determinados organismos poden resistir as condicións ambientais no medio interplanetario, facendo máis verosímil a teoría da panspermia.[1]
Exobioloxía e xenobioloxía son termos tamén habituais na ciencia ficción, aínda que tipicamente eses termos refírense á bioloxía especulativa dun extraterrestre.