A esmorga

A esmorga
Ourense. Ruta da esmorga. Avenida Zamora.
Título orixinalA esmorga
Autor/aEduardo Blanco Amor
Ilustrador/aIsaac Díaz Pardo
CubertaLuís Seoane.[1]
OrixeArxentina
Linguagalego
ColecciónColección Mestre Mateo
Biblioteca Blanco Amor
Biblioteca Básica da Cultura Galega
Xénero(s)novela
EditorialEditorial Citania (Buenos Aires)
Editorial Galaxia (Galicia)
Data de pub.1959 en Buenos Aires [2]
1970 en Galicia
Formatorústica con lapelas
Páxinas120 (1ª ed.) [3]
ISBN(varias reedicións)
Seguido porOs biosbardos (1962)
Na rede
BNE: XX3383874
editar datos en Wikidata ]

A esmorga é unha novela tremendista[4] escrita por Eduardo Blanco Amor, publicada en Buenos Aires en 1959 e en Galicia en 1970. Foi unha das primeiras novelas galegas de posguerra, e marcou un fito na historia da literatura galega. A súa repercusión nas xeracións posteriores levouna a ocupar un lugar destacado do canon literario. O libro foi adaptado ao cinema e mailo teatro e traducido a varias linguas.

En 2020 Galaxia publicou unha edición ilustrada por Diego Estebo conmemorando os 50 anos da publicación en Galicia.[5][6]

Expediente de censura, 1969.

Trama

A novela narra a esmorga de tres personaxes, Cibrán o Castizo, Xanciño o Bocas, e Aladio Milhomes, que botan de bebedela un día enteiro e mais a súa noite, e que rematará co falecemento de dous deles e o axuizamento do terceiro. De feito, é este terceiro, Cibrán, quen lle conta toda a historia ao xuíz, e grazas ao cal coñecemos o sucedido (a súa versión do sucedido). A novela está dividida en cinco capítulos precedidos dun pequeno texto de introdución. A introdución está escrita polo autor do texto principal, que retoma a súa voz tamén nos dous últimos, mentres que a maior parte dos capítulos están postos directamente na voz de Cibrán.

A trama desenvólvese na cidade de Auria, representación de Ourense, con diversas referencias a espazos ourensáns reais. As 24 horas da esmorga transcorren en inverno, durante unha xornada de choiva, frío e xeada.

Personaxes principais

  • Cibrán o Castizo (Cipriano Canedo). Traballador das obras da estrada nacional. Na vintena. Orfo de pai, non se leva coa nai, e ten unha parella ocasional (A Raxada) con quen ten un fillo de catro anos (Lisardiño).
  • Xan o Bocas (Juan Fariña). De profesión descoñecida. Na vintena.
  • Aladio o Milhomes (Eladio Vilarchao). Xastre. Na vintena.

O tempo

A aventura narrada n'A esmorga ocorreu 90 anos antes da súa narración, e foi recollida a través dun proceso de investigación de fontes e de documentos.

...púxenme agora a escribir esta crónica, e coasi corenta anos de tere recollida tan lene documentación e a noventa dos sucesos mesmos.[7]

N'A esmorga hai tres tempos diferentes:

  • O tempo da historia: A sucesión de acontecementos que lles suceden ós esmorgantes, e que comprende unhas vinte e catro horas, dende antes do amencer dun luns ata o amencer do día seguinte.
  • O tempo en que se relata: Os diferentes momentos en que Cibrán enuncia o seu relato.
  • O tempo da escrita: Momento previo ó da comunicación literaria (ou tempo da lectura) en que o autor implícito transmite o conxunto da obra.
Ponte das Burgas.

Non hai demasiadas referencias ó transcurso específico do tempo, mais o movemento da acción (a sucesión de lugares e o camiño en que se desenvolve A esmorga) dá unha perspectiva temporal que está moi próxima á do tempo de ficción.

O tempo real é o do diálogo entre Cibrán e o xuíz. Transcorre en diversos momentos, dentro dunhas 48 horas. Permiten observar isto as alusións temporais dos comezos dos capítulos primeiro, segundo e terceiro, o final do cuarto, e algunha que outra alusión referente á comida.

O tempo real en relación cos capítulos desenvólvese do seguinte xeito: capítulo 1: hora de comer; capítulo 2: tarde; capítulo 3: mañá-xantar; capítulo 4: tarde e capítulo 5: tarde.

Ó final do 5.º capítulo hai unha referencia importante

. que vai pra dous días que non paso bocado...[8]

O lugar

Podemos definir A Esmorga como unha novela itinerante, ambientada nun espazo urbano. Esta é a sucesión de lugares polos que vai pasando a acción na cidade de Auria, transposición literaria do Ourense natal do autor:

  • O personaxe do narrador sae da casa da Raxada, máis aló de Mariñamansa, para estar ás sete no seu traballo na obra. Atopa o Bocas e o Milhomes antes de chegar ó mesón da Cristalina.
  • A taberna da tía Esquilacha (pasa unha hora):
...Cando espertaron, a eso dunha hora dempóis, seguía chovendo arreo e o día empardecera aínda máis, como si fora a vir a noite[9]
  • A Ponte da urbe (unha hora).
  • Casa dos Andrada. O cano grande da Burga (hora de comer).
  • Pasan o Barbaña, atallan polo Salto do Can e chegan ao pazo dos señores do castelo (tarde).
  • Na tardiña, os protagonistas camiñan pola estrada nova nos arrabaldes do Posío
Apañamos a roupa como poidemos, e aínda non tiñamos metidos os pantalóns, cando aparescéu na porta un cabaleiro de polainas cun vergallo na mau. Recuamos e sortimos pola fiestra baixa que daba ó camiño. Eisí, meio ispidos como estabamos, botamos a alandillar pola encosta do monte e non paramos até o souto dos castiñeiros onde rematamos de vestirnos, baixando logo coasi de rebollós até darmos na carreteira nova. Alí tomamos folgos, descansando un bo anaco. Logo pegando un arrodeo, fomos parar aos arrabaldos do Posío, cerca da ponte da Burga[10]

. Pasan pola Porta da Aira[11], pola fonte de San Cosme[11] e no barrio da Ferrería[12] deciden ir ver as prostitutas[13] (é noite).

  • Casa da Monfortina. A presenza do faroleiro mostra que a noite vai avanzada.
E nestas comezaron a ferrarnos botellazos dende o piso de enriba e vimos que chegaba, con grande troupeleo das zamancas nas losas da rúa, o faroleiro vello, acenando pra nós coa estopa do lume enriba do chuzo [14]
  • Casa de Nonó[15]. Saen á praza da Santísima Trindade,[16] pasan pola praza do Corrixidor[16]. É media noite
Cando paramos de correr, aló pola praza do Corrixidor, ouvíronse no reló da catedral as badaladas de meia noite[16]
Igrexa de Santa Eufemia.
Conque ao chegar perto da Praza Maor, oíronse as tres da mañá, no reló da Catedral[21]
  • Alameda. Canellón da Burga [105]. Casa dos Andrade [107].
Fonte do Rei.
Ponte Maior.
  • Volven sobre os seus pasos ao seren avisados de que a Garda Civil rolda na estación. Taberna do Sancristán. Leira do Abade das Vellas.[23] Campo das Bestas. Casa de Socorrito a Tola. Amence (pasaron vinte e catro horas).

O narrador

... O galego que eu tiña entón non me servía pra escribir a novela que eu quería, era moi limitado demáis. E eso levóu tempo, claro. Ás veces voltaba sobor das páxinas que levaba escritas e lía en voz alta pra ver a súa musicalidade, o ritmo do idioma que medraba, e non me gostaba, e veña a voltar atrás unha vez e outra. Hai partes de cinco ou seis redaccións até que atopaba o que buscaba...[24]
Extracto da novela na Insua dos Poetas.

Na obra non hai identificación entre autor e narrador. O autor só ten presenza nese primeiro texto introdutorio de documentación e nunha declaración asinada; o resto do relato preséntase dende a perspectiva dun narrador protagonista que narra en primeira persoa e que non accede á mente dos outros personaxes agás naquilo que estes deixan entrever polas súas miradas, faccións ou feitos.

Os coñecementos da acción narrativa que o narrador ten proceden así pois dunha perspectiva de "visión con", pois é estando á beira dos outros personaxes como el vai coñecendo os feitos. Pero esta visión, que é a única que se manifesta, está no seu fondo complementada por unha "visión dende fóra", pois o narrador é coñecedor tamén do que lle contan ó autor, dos papeis do xuízo e do que se lles oe ás xentes de Auria entre corenta e noventa anos despois de teren ocorrido os feitos.

A participación nos feitos do personaxe-narrador é a dunha testemuña presencial que se ve implicada nos feitos por un destino fatal. Cibrán o castizo é menos protagonista e máis inocente ca O estranxeiro de Albert Camus. O estranxeiro é un xoguete da forza fatal exercida polo Sol, mais Cibrán éo aínda máis do poder da chuvia que tira por terra o seu propósito de rexeneración. A chuvia íllao, déixao a mercede do pensamento, acaba aniquilándoo e ó mesmo tempo sérvelle de frouxo motivo de xustificación: A choiva tivo moito da culpa (p.51).

Será o día chuviñoso o que o determine a ir cos seus amigos esmorgantes. Os bos propósitos que na fin de semana conviñera coa súa amante quedaron diluídos e foron arrastrados pola chuvia. O traballo como meta de redención resultará imposible de atinxir e será nese ambiente de animadversión meteorolóxica onde comezará o viacrucis dos tres esmorgantes e que acabará no campo das bestas, especie de Gólgota esperpéntico a onde vai parar o lixo da cidade.

Presaxios e final

Rúa de Hernán Cortes.

Hai dous elementos que permiten entrever dende o comezo o tráxico final. Son a noite e o lume.

O personaxe principal vive nunha noite "como se fosen moitas noites xuntas". Incluso o día se puxo máis pardo e chuviñoso como se fose vi-la noite (páx. 35).

O mesmo agoiro observaremos no nervioso e impotente dirixir as miradas cara ao pazo incendiado (preséntasenos o lume como elemento purificador e de condenación) ou no viño a renxer polo lume cando están a piques de os botar da casa, que outrora fora vista como un paraíso, de Nonó.

Fonte do Rei.

Despois de saír da casa de Nonó aínda pasarán pola fonte do Rei, onde deciden volver á casa dos Andrada. De aí van ó campo das bestas, e só volverá Cibrán o Castizo para servir de narrador da aventura, pero unha vez cumprida a súa misión non se librará do tráxico final dos seus compañeiros, final ó que está predestinado dende un principio e que o autor se encarga de presentar como ambiguo.

Hai dous posibles finais. Un primeiro, o suicidio, viría apoiado pola teima de matarse que ten o protagonista (p. 122, 124). No caso de que se suicidase morrería como un Xudas esperpéntico, traidor á súa redención como home, como ser humano, morrería denigrado como un porco (esta afirmación procede de que "castizo" (páx. 19) é unha voz que se pon en relación cos porcos: ...eu son Cipriano Canedo e me chaman Cibrán ou o Castizo, como vostede goste, pois o meu pai tiña un castizo pra servire porcas, con licenza...).

O segundo posible final é que morra golpeado polos gardas civís. Isto entroncaría coa denuncia social perseguida polo autor que estaría acentuada con trazos tremendistas.

Con este ambiguo final e coa adopción da técnica do diálogo telefónico o autor consegue facer participar ao lector na obra, ó ter que maxinar o interrogatorio e decidir o remate que máis convenza de acordo coa nosa postura ante esas determinadas condicións sociais.

Asemade, a intemporalidade do relato, faino universal e válido para calquera época, polo que a denuncia social da obra adquire vixencia e actualidade.

Homosexualidade

É a primeira novela galega en que se aborda claramente a temática homosexual. Un dos personaxes, o Aladio o Milhomes, é caracterizado polo Cibrán o Castizo en varias ocasións polos seus trazos efeminados, e sente celos do Xan o Bocas cando este está coas prostitutas. Ademais, tanto o Milhomes coma o Bocas xogan acotío a estimularse, a beliscarse e a tocarse.

      Tamén trairéi de Madrid unha copia do "Proceso en Jacobusland" e deixareicha. A película sigue ben. A min no me acaba de encher, mais algún día farémola na Galiza autónoma, con cartos nosos e autores feitos por nós e no noso idioma, cuios direitos me reservei.

—Blanco Amor, 19/4/1978.[25]

Adaptacións e traducións

Cine

A obra foi levada ao cine co título de Parranda en 1977, con dirección de Gonzalo Suárez e guión do propio Blanco Amor,[26] e, o 15 de novembro de 2014, estreouse A esmorga, con dirección de Ignacio Vilar, no Festival de Cine Internacional de Ourense, e o 21 de novembro en toda Galicia.[27][28][29]

Teatro

Tamén foi levada ao teatro en diversas ocasións. O grupo ourensán Sarabela Teatro realizou senllas montaxes en 1996 e 2010, sobre a adaptación que escribiron os dramaturgos Begoña Muñoz e Carlos Couceiro. Ambas montaxes resultaron premiadas nos premios María Casares de teatro.

Traducións

Foi traducida:

Notas

  1. Francisco Mantecón e Manuel Janeiro na edición de 1986; Manuel Janeiro na edición de 2012...
  2. Imaxe da cuberta Arquivado 29/11/2014, en Wayback Machine. e da portada Arquivado 29/11/2014, en Wayback Machine. orixinais.
  3. Ficha da edición de 2014 Arquivado 30/09/2010, en Wayback Machine. na web de Galaxia. 152 páxinas na edición de 1986.
  4. Carta de Ramón Piñeiro a Fernández del Riego o 13 de marzo de 1956 (Dasilva, X. M., "As vicisitudes editoriais d'A esmorga Arquivado 23/09/2015, en Wayback Machine. en Grial n.º 184 Arquivado 29/11/2014, en Wayback Machine.).
  5. "A esmorga (Ilustrada)". Editorial Galaxia. Consultado o 7/8/2020. 
  6. Dasilva, Xosé Manuel (Outubro, novembro, decembro 2020). ""A esmora" ilustrada". Revista Grial. LVIII (228): 109, 110. ISSN 0017-4181. 
  7. Blanco Amor, A esmorga, Galaxia, ed. 1996, páx 9.
  8. Blanco Amor, A esmorga, Galaxia, ed. 1996, páx 141.
  9. Blanco Amor, A esmorga, Galaxia, ed. 1996, páx 35.
  10. Blanco Amor, A esmorga, Galaxia, ed. 1996, páx 71.
  11. 11,0 11,1 Blanco Amor, A esmorga, Galaxia, ed. 1996, páx 74.
  12. Blanco Amor, A esmorga, Galaxia, ed. 1996, páx 75.
  13. Blanco Amor, A esmorga, Galaxia, ed. 1996, páx 76.
  14. Blanco Amor, A esmorga, Galaxia, ed. 1996, páx 80.
  15. Blanco Amor, A esmorga, Galaxia, ed. 1996, páx 81.
  16. 16,0 16,1 16,2 Blanco Amor, A esmorga, Galaxia, ed. 1996, páx 91.
  17. 17,0 17,1 17,2 Blanco Amor, A esmorga, Galaxia, ed. 1996, páx 93.
  18. 18,0 18,1 Blanco Amor, A esmorga, Galaxia, ed. 1996, páx 95.
  19. Blanco Amor, A esmorga, Galaxia, ed. 1996, páx 98.
  20. Blanco Amor, A esmorga, Galaxia, ed. 1996, páx 101.
  21. Blanco Amor, A esmorga, Galaxia, ed. 1996, páx 103.
  22. Blanco Amor, A esmorga, Galaxia, ed. 1996, páx 121.
  23. Blanco Amor, A esmorga, Galaxia, ed. 1996, páx 130.
  24. Freixanes, Víctor F. (1976). Unha ducia de galegos. Vigo: Galaxia. p. 92. ISBN 84-7154-248-X. 
  25. Carta a Carlos Laíño falando da Parranda (filme de 1977). Faro de Vigo, 28/11/2014, p. 41.
  26. Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
  27. «A Esmorga» se estrenará el 21 de noviembre en toda Galicia con 50 copias La Voz de Galicia, 15/09/2014.
  28. «A Esmorga», del papel a los cines de toda Galicia ABC, 21/11/2014.
  29. «A esmorga», a corredoira movie. La Voz de Galicia, 21/11/2014.
  30. "Blanco Amor, Eduardo Modesto" en Dicionario biográfico de Galicia, Tomo 1, p. 114. Ir Indo Edicións, 2010, Vigo.
  31. Ficha Arquivado 16/11/2017, en Wayback Machine. en BiTraGa.
  32. "Imaxe da cuberta de On a bender". Arquivado dende o orixinal o 04/03/2016. Consultado o 16/11/2014. 

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Vídeos externos
"Galicia letra a letra", Craig Patterson.

Ligazóns externas

Read other articles:

〈英雄〉Hero《絕命律師》分集吉米·麥吉爾的宣傳噱頭——他安排自己拯救懸掛在空中的工人,並將整個過程錄製下來。剧集编号第1季第4集导演科林·巴克西(英语:Colin Bucksey)编剧詹妮弗·哈奇森音乐《Unsquare Dance(英语:Unsquare Dance)》由戴夫·布鲁贝克四重奏樂團演奏摄影师亞瑟·阿爾伯特(英语:Arthur Albert)剪接凱利·狄克遜(Kelley Dixon)首播日期2015年2月23日 (201...

American basketball player Jasmine ThomasThomas in 2019No. 15 – Los Angeles SparksPositionPoint guardLeagueWNBAPersonal informationBorn (1989-09-30) September 30, 1989 (age 34)Fairfax, Virginia, U.S.Listed height5 ft 9 in (1.75 m)Listed weight143 lb (65 kg)Career informationHigh schoolOakton (Vienna, Virginia)CollegeDuke (2007–2011)WNBA draft2011: 1st round, 12th overall pickSelected by the Seattle StormPlaying career2011–presentCareer history2011�...

Coordenadas: 38° 9' N 16° 10' E Bovalino    Comuna   Localização BovalinoLocalização de Bovalino na Itália Coordenadas 38° 9' N 16° 10' E Região Calábria Província Régio da Calábria Características geográficas Área total 17 km² População total 8 350 hab. Densidade 491 hab./km² Altitude 11 m Outros dados Comunas limítrofes Ardore, Benestare, Casignana, San Luca Código ISTAT 080012 Código cadastral B098 Código post...

Blick von der Akropolis nach Nordosten Antike Funde auf Baustellen sind keine Seltenheit Wer Athen vom Flugzeug oder einem der Hügel im Stadtgebiet betrachtet, dem präsentiert sich die Stadt als weißes Häusermeer von Appartementhäusern und Büros. Diese unstrukturierte Teppichästhetik ist zum einen auf das rasante Wachstum (in den 1920/1930er Jahren und 1960/1970er Jahren) zurückzuführen, zum anderen auch auf die Bauordnung, die die Errichtung von dominanten Gebäuden zum Schutz der A...

  此条目的主題是1968年電影。关于金燕子的其他涵義,請見「金燕子」。 此条目也许具备关注度,但需要可靠的来源来加以彰显。(2022年1月14日)请协助補充可靠来源以改善这篇条目。 金燕子Golden Swallow基本资料导演張徹监制邵仁枚编剧倪匡 杜雲之主演王羽鄭佩佩羅烈午马制片商邵氏兄弟(香港)有限公司片长104分钟产地 英屬香港语言粵語、普通话上映及发行上映...

Strong aversion and prejudice against Armenians This article's lead section may be too short to adequately summarize the key points. Please consider expanding the lead to provide an accessible overview of all important aspects of the article. (February 2022) Sketch by an eyewitness of the massacre of Armenians in Sasun in 1894 Part of a series onDiscrimination Forms Institutional Structural Attributes Age Caste Class Dialect Disability Genetic Hair texture Height Language Looks Mental disorde...

هذه المقالة بحاجة لصندوق معلومات. فضلًا ساعد في تحسين هذه المقالة بإضافة صندوق معلومات مخصص إليها.   لمعانٍ أخرى، طالع إدارة التغيير (توضيح). إدارة التغيير هو مصطلح يستعمل في مجالين هما إدارة التغيير في العمل أو إدارة التغيير في المشاريع. في مجال إدارة التغيير في العمل ف

Coalition of political parties which contested the 1990 Nicaraguan general election For the earlier coalition of this name, see National Opposition Union (1966). Not to be confused with the National Opposing Union. This article has an unclear citation style. The references used may be made clearer with a different or consistent style of citation and footnoting. (March 2021) (Learn how and when to remove this template message) The UNO flag National Opposition Union (Spanish: Unión Nacional Op...

مجموعة النقاط الخامسة (L5) من نقاط لاغرانج تبدو واضحة بالأخضر، أما مجموعة النقاط الرابعة (L4) فهي تبدو بالأزرق الفاتح، يمكن ملاحظة المريخ باللون البرتقالي والأرض بلون أزرق، أما الكوكب ذو المدار البعيد فهو المشتري. طروادة مريخية أو الطرواديات المريخية هي مجموعة من الأجرام ال�...

2009 single by Big BangKoe o KikaseteSingle by Big Bangfrom the album Big Bang 2 B-sideOra Yeah!ReleasedNovember 4, 2009Genre J-pop J-hip hop Label YG Universal Music Japan Songwriter(s) Yamamoto Narumi Robin Producer(s) Teddy Big Bang singles chronology Bringing You Love (2009) Koe o Kikasete (2009) Lollipop Pt. 2 (2010) Koe o Kikasete (声をきかせて, lit. Let Me Hear Your Voice) is the third Japanese single[1][2] by the South Korean boy band Big Bang released under YG E...

This is a list of postal codes in Canada where the first letter is K. Postal codes beginning with K are located within the City of Ottawa, and surrounding eastern and central regions of the Canadian province of Ontario. Only the first three characters are listed, corresponding to the Forward Sortation Area (FSA). Canada Post provides a free postal code look-up tool on its website,[1] via its mobile apps for such smartphones as the iPhone and BlackBerry,[2] and sells hard-copy ...

Artikel ini perlu diwikifikasi agar memenuhi standar kualitas Wikipedia. Anda dapat memberikan bantuan berupa penambahan pranala dalam, atau dengan merapikan tata letak dari artikel ini. Untuk keterangan lebih lanjut, klik [tampil] di bagian kanan. Mengganti markah HTML dengan markah wiki bila dimungkinkan. Tambahkan pranala wiki. Bila dirasa perlu, buatlah pautan ke artikel wiki lainnya dengan cara menambahkan [[ dan ]] pada kata yang bersangkutan (lihat WP:LINK untuk keterangan lebih lanjut...

The Last TimeLagu oleh Taylor Swift menampilkan Gary Lightbody dari Snow Patroldari album RedDirilis4 November 2013 (2013-11-04)Genre Alternative rock folk rock Durasi4:59LabelBig MachinePencipta Taylor Swift Gary Lightbody Jacknife Lee ProduserJacknife Lee The Last Time adalah lagu karya penyanyi-penulis lagu asal Amerika Serikat Taylor Swift yang menampilkan Gary Lightbody (gitaris Snow Patrol) untuk album studio keempat Swift, Red (2012). Lagu The Last Time dirilis sebagai singel ketu...

Pertempuran KeramaiaBagian dari Peperangan Romawi Timur-ArabPeta Pertempuran Armada Arab–Bizantium di laut Mediterania, Abad ke 7–11Tanggal746LokasiKeramaia, SiprusHasil Kemenangan Kekaisaran Romawi TimurPihak terlibat Kekaisaran Romawi Timur Kekhalifahan UmayyahTokoh dan pemimpin Strategos of the Cibyrrhaeots tidak diketahuiKekuatan tidak diketahui 30 kapal lbsPerangArab – Romawi TimurKonflik-konflik perdana Mu'tah Datsin Firadh Penaklukan Kaum Muslim atas Syam Qaryatain Busrah Ajnadai...

中國各地語言生活 近代語言史:京 津 冀 晉 内蒙 辽 吉 黑 滬 苏 浙 徽 閩 贛 魯 豫 鄂 湘 粵 桂 瓊 川渝 黔 滇 藏 陕 甘 青 宁 新 港 澳 中国地方语言教学 方言電影史 語言電影列表 1949年前 1950年-1978年 1979年-1999年 2000年-2004年 2005年-2009年 2010年-2014年 2015年-2019年 语言電影史 港產片 澳門電影 藏語電影 停產 滬語片 厦语片 方言童謠/民歌 按地域:京 津 冀 晋 内蒙 辽 吉...

Disney media franchise based on the Alice books by Lewis Carroll See also: Portrayals of Alice in Wonderland § Disney Alice in WonderlandAbove: A logo used to represent the 1951 animated filmBelow: Logo used for the 2010 live-action filmCreated byWalt DisneyOriginal workAlice in Wonderland (1951)OwnerThe Walt Disney CompanyBased onAlice's Adventures in Wonderland and Through the Looking-Glassby Lewis CarrollFilms and televisionFilm(s) Alice in Wonderland (1951; animated) Alice in Wonder...

Було запропоновано об'єднати цю статтю або розділ з Джон Рескін, але, можливо, це варто додатково обговорити. Пропозиція із січня 2019. Зміст 1 Джон Рескін як теоретик в мистецтві і реставрації. 2 Погляди Джона Рескіна на реставрацію та охорону пам'яток 3 Висновок 4 Примітки Дж...

В Википедии есть статьи о других людях с такой фамилией, см. Поджио. Александр Викторович Поджио Дата рождения 15 (27) апреля 1798(1798-04-27) Место рождения Николаев (Николаевская область), Российская империя Дата смерти 6 (18) июня 1873(1873-06-18) (75 лет) Место смерти с. Воронки, Старод...

Marcus Aurelius mengenakan toga. Toga, pakaian ala Romawi kuno ini adalah sehelai kain sepanjang kira-kira enam meter (20 kaki) yang dililitkan ke sekeliling tubuh, dan umumnya dikenakan setelah mengenakan tunik. Toga terbuat dari wol,[1] dan tunik kerap terbuat dari linen. Setelah abad ke-2 SM, toga menjadi busana khusus pria, dan hanya warga negara Romawi yang diizinkan mengenakannya. Karena menjadi busana khusus pria, maka kaum wanita mengenakan stola. Sejarah Toga dalam bahasa lat...

1989 video game This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Beast Busters – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (September 2007) (Learn how and when to remove this template message) 1989 video gameBeast BustersNorth American flyerDeveloper(s)SNKImages Design (Amiga)Publisher(s)SNKU.S. GoldActivis...