Santa María da Ciadella, antigamente Santa María da Ciadella de Curtis (en latín: sanctae Mariae Cidadelie de Curtis),[2] é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Sobrado. Está situada entre as dúas actuais parroquias de Curtis: Curtis, pertencente ó concello de Curtis, e San Vicenzo de Curtis, pertencente ó de Vilasantar. Segundo o IGE en 2009 tiña 83 habitantes (43 mulleres e 40 homes) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 94 habitantes.
O topónimoA Ciadella provén de Cidadelie, isto é, unha ‘cidadela’ ou ‘cidade pequena’.[4] Mais tamén antigamente facíase referencia á Ciadella coma Cidadelie de Curtis.[2] Estoutro topónimo Curtis procedería, con seguranza, de cohortis, ou sexa, da lexión que había no campamento romano da Ciadella.[5][6] Outra teoría máis improbábel é que procedese do oficio de curtidor de peles, presente antigamente por todo o territorio de Curtis.[7][8] Adicionalmente, existen outras dúas parroquias con igual topónimo curtense e que se achan contiguas á Ciadella: Curtis e San Vicenzo de Curtis.
Xeografía
A parroquia da Ciadella ten unha superficie de 7,50 km²[9] pola que se espallan 12 núcleos de poboación.[10]
Na reforma parroquial de 1867, levada a cabo persoalmente por García Cuesta, arcebispo de Santiago de Compostela, suprimiuse a parroquia eclesiástica da Ciadella, sendo agregada á de Armental e pasando a igrexa parroquial á da Laxe.[15][16]
Antigamente no monte da Corda existía un hospital de peregrinos xunto a unha capela baixo a advocación de San Roque. Esta capela foi trasladada primeiro ó inmediato lugar da Torre e despois, contra 1990 e polo párroco de Cumbraos, ás Cruces. No entanto, aínda se conserva un cruceiro denominado Cruceiro da Corda. Por outra banda, un dos obxectivos dos peregrinos de antano que empregaban esta ruta era visitar o santuario de San Pedro de Mezonzo.[34]
Adicionalmente, existe outra variante proposta e sinalizada polo concello de Curtis, a cal procede de Santa Mariña de Lagostelle (Guitiriz) e atravesa o municipio curtense pasando por Paradela, O Castelo, Gorxá, Recareo, Santaia e A Penencia antes de chegar á Ciadella. Prosegue cara a Sobrado onde tamén entronca coa que vén de Toar.[35] Alén desta variante, un ancestral camiño conectaba A Ciadella con Gorxá polo monte da Corda. O feito de se distribuíren mámoas á beira de todo o seu percorrido, denota unha grande antigüidade.[36]
↑ 2,02,1Tombo de Sobrado, folios 56r-58r (c. 995), en Flórez, Henrique (1765). España Sagrada(en latín)19. Madrid. p. 386. Ecclesiæ Sanctæ Mariæ Cidadelie de Curtis
↑Nomenclátor estatístico de Galicia. Anos "2001", arquivado dende o orixinal(XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2002", arquivado dende o orixinal(XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2003"(XLS); "2004", arquivado dende o orixinal(XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2005", arquivado dende o orixinal(XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2006"(XLS); "2007", arquivado dende o orixinal(XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2008", arquivado dende o orixinal(XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2009", arquivado dende o orixinal(XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2010", arquivado dende o orixinal(XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2011", arquivado dende o orixinal(XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2012", arquivado dende o orixinal(XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2013", arquivado dende o orixinal(XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2014", arquivado dende o orixinal(XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2015", arquivado dende o orixinal(XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2016", arquivado dende o orixinal(XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 e "2017", arquivado dende o orixinal(XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018. Instituto Galego de Estatística (IGE).
↑"Concello de Sobrado"(PDF). Delimitación do trazado e o ámbito vinculado ao Camiño Norte - Ruta da Costa (Informe). Xunta de Galicia. 2014. p. 4. Consultado o 6.4.2019.