Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Armental .
San Martiño de Armental [ 1] é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Vilasantar . Segundo o IGE en 2018 tiña 96 habitantes (53 homes e 43 mulleres) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 161 habitantes.
Eclesiasticamente pertence ao arciprestado de Sobrado , igual cás demais parroquias do concello, e incorpora desde 1867 a parroquia da Ciadella (do concello de Sobrado ).
Armental no Catastro de Ensenada (1752 ).
Armental no Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Pascual Madoz (1845 ).[ 2]
Xeografía
Situación
Armental sitúase no centro do concello de Vilasantar . Limita ao oeste coa parroquia de Vilasantar , ao sur con Présaras e Vilariño , ao leste con San Vicenzo de Curtis e ao norte con Fisteus (Curtis ).
Hidrografía
Pola parroquia discorren varios varios ríos e regatos, cuxas augas acaban todas no río Tambre . O río Cabalar separa a parroquia de Armental das de Présaras e Vilariño , mentres que o seu afluente, o Rego das Lanzas , sepáraa de San Vicenzo . Ao norte, o río Albeiro e o seu afluente, o Rego de Follente , serven como límite con Fisteus . O río dos Muíños fai de límite coa parroquia de Vilasantar . Tamén atravesan a parroquia o Rego do Bidueiro e o Rego do Pontigo .[ 3]
Clima
É unha zona fría en inverno, con constantes xeadas pola noite e precipitacións que de cando en vez poden chegar a converterse en neve . No verán as temperaturas son suaves. Encádrase dentro do clima temperado .
Historia
Na reforma parroquial de 1867, levada a cabo persoalmente polo arcebispo de Santiago de Compostela , García Cuesta , suprimiuse a parroquia eclesiástica da Ciadella e agregouse á de Armental, trasladándose ademais a igrexa parroquial á da Laxe .[ 4] [ 5]
Demografía
Século XVIII
Século XIX
Dicionarios xeográficos Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOPC) Censos (poboación de feito )
Século XX
Censos (poboación de feito ) Padrón municipal
Século XXI
Etnografía
Festas e celebracións
Festa da Ascensión, celébrase na Laxe nos primeiros días de maio.
Romaría Nova, celébrase en Eirixe sobre a segunda fin de semana de agosto.
Festa do Outono, celébrase en Eirixe sobre o San Martiño.
Festa de Santa Lucía, celébrase en Eirixe sobre o 13 de decembro .
Lugares e parroquias
Lugares de Armental
Parroquias de Vilasantar
Notas
↑ 1,0 1,1 1,2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
↑ 2,0 2,1 Madoz , Pascual (1845). Armental (San Martin de) . Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar (en castelán ) II (Madrid ). p. 574.
↑ "Información xeográfica de Galicia" . mapas.xunta.gal . Consultado o 11 de decembro de 2018 .
↑ "A reforma parroquial de 1867: a diocese de Santiago de Compostela". A parroquia en Galicia: pasado, presente e futuro (PDF) . Xunta de Galicia . 2009. pp. 127–128, 141. ISBN 978-84-453-4777-5 . Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de agosto de 2017. Consultado o 05 de decembro de 2018 .
↑ "Arciprestado de Sobrado" . Arquidiocese de Santiago de Compostela . Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2018. Consultado o 3.12.2018 .
↑ Censo de Población de la Corona de Castilla. Marqués de la Ensenada 1752 (PDF) (en castelán ) . II: Nomenclatores. Madrid : INE . 2016 [1993]. p. 121. ISBN 978-84-260-2716-0 .
↑ Censo de Aranda (PDF) (en castelán ) . IX: Diócesis de Santiago, Segorbe y Segovia. Madrid : INE . 2013 [2011]. p. 39. ISBN 978-84-260-3760-2 .
↑ Censo de 1787 “Floridablanca” (PDF) (en castelán ) . IV: Comunidades autónomas del Norte Atlántico. Madrid : INE . 2016 [1990]. p. 3829. ISBN 978-84-260-1970-7 .
↑ Miñano , Sebastián (1826). Armental (San Martin de) . Diccionario geográfico-estadístico de España y Portugal (en castelán ) I (Madrid ). p. 281.
↑ Armental (San Martin de) . Diccionario geográfico universal (en castelán ) I (Barcelona ). 1831. p. 479.
↑ Fariña Jamardo , Xosé (1990). Os concellos galegos . Parte Xeral. Fundación Barrié . p. 142. ISBN 978-84-87819-06-3 .
↑ Nomenclátor de los pueblos de España (en castelán ) . Madrid . 1858. p. 249.
↑ Nomenclátor estadístico de las parroquias que componen la provincia de La Coruña (en castelán ) . A Coruña . 1863. pp. 8–9. Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2018. Consultado o 16 de novembro de 2018 .
↑ "Provincia de La Coruña". Nomenclátor de las ciudades, villas, lugares, aldeas y demás entidades de población de España en 1.º de enero de 1888 (en castelán ) . III: Ciudad Real á Gerona. Madrid . 1892. p. 158.
↑ 15,00 15,01 15,02 15,03 15,04 15,05 15,06 15,07 15,08 15,09 Pazo Labrador , Alberto Xosé; Santos Solla , Xosé Manuel (1995). Poboación e territorio. As parroquias galegas nos últimos cen anos . Santiago de Compostela : Xunta de Galicia . p. 123. ISBN 978-84-605-3156-2 .
↑ Torres Luna , María Pilar de ; Pérez Fariña , María Luisa; Santos Solla , Xosé Manuel (1989). Municipios y parroquias de Galicia (en castelán ) . Universidade de Santiago de Compostela . p. 52. ISBN 978-84-7191-529-0 .
↑ "Nomenclátor estatístico de Galicia. Ano 1999" (XLS) . Instituto Galego de Estatística (IGE) .
↑ "Nomenclátor estatístico de Galicia. Ano 2000" (XLS) . Instituto Galego de Estatística (IGE) .
↑ Nomenclátor estatístico de Galicia. Anos "2001" (XLS) ; "2002" (XLS) ; "2003" (XLS) ; "2004" (XLS) ; "2005" (XLS) ; "2006" (XLS) ; "2007" (XLS) ; "2008" (XLS) ; "2009" (XLS) ; "2010" (XLS) ; "2011" (XLS) ; "2012" (XLS) ; "2013" (XLS) ; "2014" (XLS) ; "2015" (XLS) ; "2016" (XLS) e "2017" (XLS) . Instituto Galego de Estatística (IGE).
Véxase tamén
Outros artigos