A árbore do pan (Artocarpus altilis) é unha árbore da familia das moráceas.
Orixinaria da Polinesia e a Indonesia, espallouse a fins do século XIX e comezos do XX por todas as rexións tropicais húmidas. Pode chegar ata os 20 m de altura. O seu froito, voluminoso e fariñento, é comestible e cada árbore pode producir 800 por temporada. A súa madeira utilízase para construír casas e barcos.
Véxase tamén