Francisco Fernández del Riego incluíuno na súa Escolma da Poesía Galega en 1955. Creou con Manuel María a Colección Xistral. Atento nos seus últimos anos ás inquedanzas dos pintores novos, incorporouse ao grupo A Gadaña na exposición que estes vangardistas realizaron en Lugo. Morreu de cancro de lingua en 1965.
Na súa etapa canaria de posguerra escribiu poesía e publicou algúns cadernos: Alba esencial (1944), Redondel sin salida (1944), Muerte siempre (1945), La agonía junta (1946). En 1991 publicouse postumamente Sonetos de vida e morte, onde se recolle a súa produción poética en galego.