Álvaro Tauchert Soler, nado en Sant Cugat del Vallès o 9 de xaneiro de 1991, coñecido artisticamente como Álvaro Soler, é un cantante e compositor hispano-alemán. Deuse a coñecer polo éxito do seu primeiro sinxelo, El mismo sol, no verán de 2015. Unha versión da canción, xunto a Jennifer Lopez, ocupou os primeiros postos das listas musicais de máis de 25 países de Europa e Latinoamérica.[1] Un ano despois lanza o sinxelo Sofía. O vídeo oficial alcanzou máis de seiscentos millóns de reproducións en Youtube, co que logrou así un novo éxito.[2][3]
Traxectoria
De pai alemán e nai belga-española, pasou a primeira infancia na cidade de Sant Cugat del Vallès, a escasos quilómetros da súa cidade de nacemento.[4] Aos dez anos trasladouse a Toquio por motivos laborais do pai, até que con dezasete volveu a Barcelona. É políglota, fala español, catalán, alemán, inglés, francés, italiano e xaponés.[5][6][7]
2010-2014: Urban Lights
En 2010 creou co seu irmán Gregory e outros amigos o grupo Urban Lights,[8] que mesturaba pop británico, electrónico e indie. Realizaron concertos en diferentes salas de Barcelona e mesmo participaron no concurso ¡Tú sí que vales!, onde chegaron á final.[9][10]
Durante eses anos, Soler compaxinaba a música cos estudos de enxeñaría en Deseño industrial en ELISAVA.[11][12][13]
2015-actualidade: «El mismo sol» e álbum debut Eterno Agosto
A principios de 2015, Álvaro mudouse a Berlín, e alí gravou o seu primeiro sinxelo en solitario, El mismo sol. Tivo un grande éxito en Italia e Suíza, onde chegou a ser nº1 en vendas. Tamén entrou nas listas doutros países europeos como Alemaña, Francia, Bélxica, Austria ou os Países Baixos. Foi artista convidado na terceira edición do concurso The Voice of Italy.[14][15]
En iTunes entrou nas listas de 30 países europeos. Chegou a ser a 16ª canción máis descargada en Europa[16] e a 38ª a nivel mundial.[17] O 10 de agosto dese ano publicouse unha versión da canción, en español e inglés, xunto a Jennifer Lopez.[18][19] A finais de agosto comezaron a gravar o videoclip en Nova York.[20]
Debido ao impacto de El mismo sol en Italia e Suíza, decidiuse estrear en Italia o seu primeiro disco en solitario, Eterno Agosto, que entrou nas listas musicais de ambos países.[21] A finais de agosto estreouse en Francia e, durante o outono, en España.[22]
O 15 de abril de 2016 empezou a radiodifusión do sinxelo Sofía. O seu videoclip superou os catrocentos millóns de reproducións.
A cantante mexicana Thalía convidouno a participar nunha canción da versión de luxo do seu novo álbum, cuxo lanzamento estaba previsto para finais de 2017.[Cómpre referencia]
O 8 de abril de 2016 anunciouse que Soler sería xuíz da décima edición italiana de X Factor. O grupo Soul System, do seu equipo, foi o gañador da edición. [Cómpre referencia]
O 16 de xuño de 2017 publicou a súa colaboración co grupo colombiano Morat, "Yo contigo, tu conmigo", para a película Despicable Me 3, estreada ese mesmo ano. A canción conseguiu o disco de platino en España e en Italia, xunto co premio de Los 40 Principales á Canción do Ano Nacional.
O 29 de marzo de 2018 publicou un novo sinxelo, La Cintura. O 7 de setembro lanzouse o seu novo álbum, "Mar de Colores". Foi presentado xunto ao sinxelo La Cintura. Editouse tamén un remix coa colaboración de Flo Rida e Martina Stoessel.
En abril de 2020 publicou o sinxelo «Barrer a casa», composto durante o confinamento por consecuencia da pandemia de coronavirus. Composto e interpretado xunto a Sofía Ellar,[23] trata sobre a corentena, cunha mención ao «aplauso sanitario».
Discografía
Álbums de estudio
Sinxelos
Televisión
Ano
|
Programa
|
Posto
|
País
|
2013
|
¡Tú sí que vales!
|
Finalista
|
España
|
2015
|
Tu cara me suena
|
Invitado
|
2017
|
Tu cara me suena
|
X Factor
|
Xuíz
|
Italia
|
2018
|
Fama, ¡a bailar!
|
Invitado
|
España
|
Bailando con las estrellas
|
Operación Triunfo 2018
|
2019
|
La mejor canción jamás cantada
|
2021
|
The Voice Kids
|
Coach
|
Alemaña
|
Premios e nomeamentos
Notas
- ↑ "El español Álvaro Soler nos reveló cómo J.Lo le cambió la vida". Arquivado dende o orixinal o 7 de setembro de 2018. Consultado o 22 de abril de 2017.
- ↑ "Álvaro Soler llevará Sofía a Madrid y Barcelona" (en castelán). Cadena 100. 18 de xaneiro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 06 de setembro de 2018. Consultado o 30 de marzo de 2017.
Sofía non só alcanza o éxito de El Mismo Sol, senón que supera todos os éxitos conseguidos con El Mismo Sol en moito menos tempo. (...) Tamén che lembramos que Álvaro Soler, nado en Barcelona, viviu no Xapón, Alemaña e España medrando nun ámbito multicultural. Ten 4 fillos
- ↑ "Álvaro Soler: su éxito en datos - Cadena Dial". Cadena Dial (en castelán). 23 de xaneiro de 2017. Consultado o 30 de marzo de 2017.
O videoclip de ‘Sofía’ ten máis de 600 millóns de reproducións en todo o mundo, con 2,5 millóns diarias.
- ↑ Cuatro.com (14 de xaneiro de 2017). "Álvaro Soler: "No quiero hacer una cosa más bestia que 'Sofía'"". Cuatro Noticias (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2020. Consultado o 30 de marzo de 2017.
Soler naceu en Barcelona, mudouse a Sant Cugat (Barcelona) e, tras pasar parte da infancia no Xapón, hai dous anos que reside en Berlín (Alemaña)
- ↑ Álvaro Soler, un babel con “patas” ¡español, catalán, alemán, inglés, italiano y japonés!
- ↑ "Alvaro Soler Bio, Age, Career, Relationship, Height, & Net Worth" (en inglés). 21 de decembro de 2018. Consultado o 4 de maio de 2020.
- ↑ Fombella, Iván (17 de xuño de 2015). "Álvaro Soler, la 'voce'". El Mundo (en castelán). Consultado o 30 de marzo de 2017.
Naceu en Barcelona, de nai española e pai alemán, medrou no Xapón, vive en Berlín... e triunfa en Italia. (...) Si, eu síntome bastante español e sempre que vou a Barcelona síntome ben. Teño alí toda a familia e apetéceme sempre volver. Mais teño a mesma sensación en toda España.
- ↑ "Urban Lights, de 20 a 23 años, grupo musical" (en castelán). Telecinco. 15 de abril de 2013. Consultado o 30 de marzo de 2017.
- ↑ "Biografía de Urban Lights". Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2016. Consultado o 9 de agosto de 2015.
- ↑ Arandes, Berta (19 de xuño de 2012). "Componer para ayudar, la filosofía de Urban Lights". El Periódico (en castelán). Consultado o 30 de marzo de 2017.
- ↑ "Álvaro Soler: 'Me puse de meta dos años. Si no conseguía nada, olvidaría la música'". El Mundo (en castelán). 22 de setembre de 2015. Consultado o 30 de marzo de 2017.
Con 17 anos regresou a Barcelona para estudar Enxeñaría Industrial. A música seguíao acompañando.(...) Tras titularse, quixo apostar polo seu soño. "Púxenme de meta dous anos.(...) Unha semana despois de acabar a universidade, xunto a Urban Ligths, asinou un contrato de autor con Sony
- ↑ "Los 10 secretos del éxito de Álvaro Soler - Cadena Dial". Cadena Dial (en castelán). 10 de agosto de 2016. Consultado o 30 de marzo de 2017.
Álvaro Soler nunca descoidou os estudos e durante unha etapa estivo compaxinando os proxectos musicais coa carreira de enxeñaría industrial. O gran éxito que tiveron as súas últimas cancións obrigouno a centrarse na música e deixar a un lado, polo menos temporalmente, o grao universitario.
- ↑ "Álvaro Soler, el catalán que actuó con JLo en Las Vegas". La Vanguardia. 13 de febreiro de 2016. Consultado o 30 de marzo de 2017.
A adolescencia foi testemuña do seu espertar musical, aínda que nunca deixou os estudos e cursou Enxeñaría Industrial para ser diseñador de coches
- ↑ "La canción del verano en tierras transalpinas lleva la firma de un barcelonés el es mi novio de gissell :)".
- ↑ "Ventas en listas semanales europeas".
- ↑ "Ventas en Itunes el 22 de agosto de 2015 a nivel europeo".
- ↑ "Ventas en Itunes el 22 de agosto de 2015 a nivel mundial".
- ↑ "Jennifer López y Álvaro Soler, nueva versión".
- ↑ "Fecha de estreno de "el mismo sol" con Jennifer López". Arquivado dende o orixinal o 23 de agosto de 2015.
- ↑ "Videoclip con Jennifer López".
- ↑ "Ventas de Eterno Agosto".
- ↑ "Jennifer Lopez y Álvaro Soler lo van a petar". Los 40 (en castelán). 27 de agosto de 2015. Consultado o 30 de marzo de 2017.
- ↑ "Sofía Ellar y Álvaro Soler - Barrer a Casa" (en castelán). 2 de abril de 2020. Consultado o 11 de abril de 2020.
- ↑ 24,0 24,1 "DISCOGRAPHY ALVARO SOLER". Hung Medien. Consultado o 31 de xaneiro de 2017.
- ↑ 25,0 25,1 "DISCOGRAPHIE ALVARO SOLER". Hung Medien. Consultado o 31 de xaneiro de 2017.
- ↑ 26,0 26,1 "DISCOGRAPHIE ALVARO SOLER". Hung Medien. Consultado o 31 de xaneiro de 2017.
- ↑ 27,0 27,1 "ALVARO SOLER". Hung Medien. Consultado o 31 de xaneiro de 2017.
- ↑ 28,0 28,1 "DISCOGRAPHIE ALVARO SOLER". Hung Medien. Consultado o 31 de xaneiro de 2017.
- ↑ 29,0 29,1 "DISCOGRAPHIE ALVARO SOLER". Hung Medien. Consultado o 31 de xaneiro de 2017.
- ↑ 30,0 30,1 Para «Eterno Agosto»: "OLIS". olis.onyx.pl (en inglés). Consultado o 31 de xaneiro de 2017.
- ↑ 31,0 31,1 "ALVARO SOLER". Hung Medien. Consultado o 31 de xaneiro de 2017.
- ↑ "GOLD-/PLATIN-DATENBANK". BVMI. Consultado o 26 de febreiro de 2020.
- ↑ 33,0 33,1 33,2 33,3 Para visualizar as certificacións escribir "Alvaro Soler" na barra "Interpret", posteriormente premer "Suchen": "Gold & Platin". IFPI (en alemán). Consultado o 31 de xaneiro de 2017.
- ↑ "Certificazioni". IFPI (en italiano). Consultado o 22 de xullo de 2017.
- ↑ 35,0 35,1 35,2 35,3 "Bestsellery". ZPAV. Consultado o 12 de outubro de 2017.
- ↑ 36,0 36,1 36,2 "AWARDS". Hung Medien. Consultado o 31 de marzo de 2017.
- ↑ "Bestsellery". ZPAV. Consultado o 26 de febreiro de 2020.
- ↑ "Alvaro Soler feat Jennifer Lopez El Mimmo Sol". elportaldemusica.es. Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2017. Consultado o 31 de xaneiro de 2017. Arquivado 24 de xuño de 2017 en Wayback Machine.
- ↑ "GOLD-/PLATIN-DATENBANK". BVMI. Consultado o 31 de xaneiro de 2017.
- ↑ "GOUD EN PLATINA". Ultratop. Consultado o 31 de xaneiro de 2017.
- ↑ "Certificazioni". FIMI. Consultado o 12 de agosto de 2017.
- ↑ "Alvaro Soler Sofia". elportaldemusica.es. Consultado o 31 de xaneiro de 2017.
- ↑ "GOLD-/PLATIN-DATENBANK". BVMI. Consultado o 26 de febreiro de 2020.
- ↑ "GOUD EN PLATINA". Ultratop. Consultado o 31 de xaneiro de 2017.
- ↑ 45,0 45,1 "Les Certifications". SNEP. Consultado o 26 de febreiro de 2020.
- ↑ "Certificazioni". FIMI. Consultado o 31 de xaneiro de 2017.
- ↑ "Certificazioni". FIMI. Consultado o 31 de xaneiro de 2017.
- ↑ "Morat y Alvaro Soler - Yo Contigo, Tú Conmigo (The Gong Gong Song)". elportaldemusica.es. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2017. Consultado o 12 de outubro de 2017. Arquivado 13 de outubro de 2017 en Wayback Machine.
- ↑ "Certificazioni". FIMI. Consultado o 12 de outubro de 2017.
- ↑ "Alvaro Soler - La Cintura". elportaldemusica.es. Consultado o 26 de febreiro de 2020.
- ↑ "GOLD-/PLATIN-DATENBANK". BVMI. Consultado o 10 de setembro de 2018.
- ↑ "GOUD EN PLATINA". Ultratop. Consultado o 11 de novembro de 2018.
- ↑ "Certificazioni". FIMI. Consultado o 23 de xullo de 2018.
- ↑ "Certificazioni". FIMI. Consultado o 26 de febreiro de 2020.
- ↑ "Alvaro Soler - Magia". elportaldemusica.es. Consultado o 16 de novembro de 2021.
- ↑ "Urban Lights en Primavera Sound".
- ↑ "Urban Lights y el sueño del Primavera Sound".
- ↑ "Ganador del Coca Cola Summer Festival y doble disco de platino". Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2018. Consultado o 08 de febreiro de 2022.
Véxase tamén
Ligazóns externas