Zubin Mehta (en hindi ज़ूबिन मेहता), nado o 29 de abril de 1936 en Mumbai (actualmente na India e daquela pertencente ao Imperio Británico), é un director de orquestra indio. É director vitalicio da ha-Tizmoret ha-Filharmonit ha-Yisre'elit (Orquestra Filharmónica de Israel).[1]
Traxectoria
Zubin Mehta naceu o 29 de abril de 1937 en Mumbai no seo dunha familia parsi, descendente dos zoroastros que saíran de Persia no século XVII fuxindo do islam.[2] Mehta era fillo de Tehmina Mehta e do violinista e director de orquestra indio Mehli Mehta, que en 1935 fundou a Bombay Symphony Orchestra e que fora director musical da American Youth Symphony nos Ánxeles, California (Estados Unidos).[3][4] A relación da súa familia coa música académica occidental fixo posible que Mehta, a pesar de que a música occidental fora unha rareza na India, medrara escoitándoa constantemente, ben nos ensaios da orquestra ou nos do grupo de cámara que tiña seu pai e que adoitaban ensaiar no salón da súa casa.[2] Foi precisamente de seu pai de quen recibiu as súas primeiras ensinanzas musicais, recibindo clases de piano e violín, ao mesmo tempo que estudaba nas ecolas xesuítas de St. Mary's School e St. Xavier's College.[1][5][6]
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas