No ano 2000 acorda o recoñecemento como Xuíz Honorario do Couto Mixto, aos que se signifiquen na labor cultural, etnográfica e na defensa e promoción deste territorio arraiano. Tamén para lembrar á figura que rexía os destinos daquel territorio, coa súa peculiar autonomía.
Historia
Antecedentes
Os habitantes do Couto tiñan o privilexio do autogoberno, mediante a elección dun Xuíz ou Alcalde polas cabezas de familia das tres aldeas, elección celebrada no inverno cada tres anos. Este Xuíz exercía as funcións gobernativas, administrativas e xudiciais fronte a delitos cometidos dentro dos límites do Couto. Alén diso, había a posibilidade de tomar acordos en concello aberto por tódolos veciños e podían empregar o dereito de revogación para mudar os representantes electos antes do final do seu mandato se se detectaba un mal desempeño das funcións para as que foron elixidos.
Asumiu o cargo de Xuíz en xaneiro de 1863, sendo elixido para pór fin ós abusos continuos e violacións da soberanía por parte das autoridades portuguesas e españolas. Renunciou ó cargo cando a partición e anexión do territorio era inminente. Foi seguido por un último Xuíz, que rematou o seu mandato coa partición e anexión formal do territorio, entre España e o Reino de Portugal, o 23 de xuño de 1868.
Publicou as súas memorias, en castelán, no 1907, co título: Interesante Historieta del Coto Mixto[1].
Xuíces Honorarios
Dende o ano 2000, esta Asociación nomea anualmente tres xuíces honorarios entre as personalidades ou organizacións que destaquen no seu labor cultural e etnográfico. Aos nomeados entréganlle simbolicamente unha chave, que lembra a que portaban os homes de acordo, un bastón, que simboliza o mando, e un diploma acreditativo.
Descrición
Os actos de entrega comezan cun pasa rúas pola aldea de Santiago dos Mixtos das persoas ou institucións recoñecidas ese ano.
Nesa data, significada para a veciñanza, engalánanse os corredores, balcóns e fiestras das casas con antigas colchas tecidas artesanalmente, o que lle dá un colorido e distinción especial á celebración.
A comitiva chega ao adro da Igrexa, onde é recibida polo público asistente. Dentro da igrexa ten lugar o lectura da acta da Asociación de Amigos do Couto Mixto onde se recollen os motivos dos merecentes da distinción dese ano. Recibida a Chave, o Bastón e o Diploma, a persoa distinguida diríxese aos membros da Asociación e ao público. Remata esta primeira parte dos actos coa chamada polo nome, parte do Presidente da Asociación, aos tres Homes de Acordo que a viva voz din Presente e diríxense ata a Arca das tres chaves, onde, cada un, insire a súa chave. Aberta a Arca, deposítase a acta da Asociación, os discursos dos homenaxeados e os libros publicados relacionados co Couto Mixto, se os houbera, e finalmente péchase a arca polos tres Homes de Acordo.
Fóra, no adro da igrexa, lugar onde se reunía o Goberno do Couto Mixto, en concello aberto, ao pé da escultura de Delfín Modesto Brandón, faise unha ofrenda floral á súa memoria e pronúnciase algún discurso, e nos últimos anos unha representación teatral relacionada coa figura do derradeiro xuíz do Couto Mixto.
Remata a xornada cunha fraternal comida o aire libre nas inmediacións da igrexa.