- Non confundir con Valentín García Gómez (1963), político extremeño do PSOE.
Valentín García Gómez, nado en Abades (Silleda) o 10 de xuño de 1970, é un sociolingüista e político galego.
Traxectoria
Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, cursou mestrado en Administración Local na mesma universidade. Foi responsábel do Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Estrada (1994-2011). Foi presidente da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) (1996-2002). A finais de 2011 asumiu a coordinación técnica da Rede de Dinamización Lingüística. En xaneiro de 2012 foi nomeado secretario xeral de Política Lingüística substituíndo a Anxo Lorenzo Suárez.
No ano 2017 foi recoñecido como Xuíz Honorario do Couto Mixto.
Predecesor: Anxo Lorenzo Suárez
|
Secretario Xeral de Política Lingüística 2012 - actualidade
|
Sucesor: no cargo
|
Véxase tamén
Bibliografía
- Santorum, Gracia (2009). Fervenza, ed. Dicionario de escritores de Deza. A Estrada. p. 34. ISBN 978-84-96368-00-2.
Ligazóns externas