Xustiza artificial
Xustiza artificial (en castelán: Justicia artificial) é un filme hispano-portugués de 2024 dirixido por Simón Casal a partir dun guión de Casal e Víctor Sierra.[1][2][3] O filme está protagonizado por Verónica Echegui, Alberto Ammann, Tamar Novas e Alba Galocha, e conta no seu elenco con numerosos actores galegos, entre eles Xabier Deive na súa derradeira actuación antes do seu pasamento.[4] Estreouse dobrado en galego en Amazon Prime Video en 5 de decembro de 2024.[5] SinopseNun esforzo por automatizar e despolitizar a xustiza, o Goberno de España prevé substituír os xuíces por software de intelixencia artificial.[2][3] Personaxes
ProduciónA película foi producida por Justicia Artificial AIE, Tornasol Media, Abano Producións e Ukbar Filmes, coa participación de RTVE e Prime Video, e co apoio de ICAA e AGADIC.[2] [3] En novembro de 2022, RTVE informou do inicio da rodaxe en Galiza, gravado na Coruña, Muxía e outras localizacións da Costa da Morte. Foi filmado adicionalmente en Lisboa.[2] LanzamentoA película tivo a súa estrea mundial en Shanghai, no seu 26º Festival Internacional de Cinema (xuño de 2024). Foi preestreada o 5 de setembro de 2024 no Teatro Colón da Coruña, e nos cines comerciais en España o 13 de setembro de 2024 con A Contracorriente Films supervisando a distribución no Estado.[2] Notas
Véxase taménOutros artigos |