Xosé Benito Reza

Modelo:BiografíaXosé Benito Reza
Biografía
Nacemento16 de abril de 1956 Editar o valor en Wikidata (68 anos)
Celanova, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeiro, escritor Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1096174 AELG: 544 BUSC: reza-xose-benito-1956 Dialnet: 1782081

Xosé Benito Reza Rodríguez, nado en Celanova o 16 de abril de 1956, é un enxeñeiro de montes e escritor galego.

Traxectoria

Enxeñeiro de montes pola Universidade Politécnica de Madrid (1980). Foi Director dos Parques Naturais Baixa Limia-Serra do Xurés e Invernadoiro (1995-1999) e Director Xeral de Conservación da Natureza (2005-2009) e como tal promoveu a Lei de Protección da Paisaxe de Galicia (2008), e declarou as primeiras paisaxes protexidas de Galicia. Promoveu a creación dos parques naturais da Baixa Limia-Serra do Xurés e do Invernadoiro, así como as reservas da biosfera “Río Eo, Oscos e Terras de Burón” e a do “Gerés-Xurés”. Impulsou e redactou a Lei de Protección da Paisaxe de Galicia, puxo en marcha o Comité de Árbores Monumentais de Galicia e o Observatorio Galego de la Biodiversidade.[1]

Foi presidente do Seminario de Estudos Celanovenses, membro da Fundación Curros Enríquez e do Grupo histórico arqueolóxico Larouco e secretario e xuíz honorario da Asociación de Amigos do Couto Mixto.[2]

Obras

Ensaio

  • Memorias do pedal. O Camiño portugués a Santiago (1999).
  • Celanova e o vento, con Xosé Luís Méndez Ferrín (1999).
  • Manuel Curros Enríquez (2001).
  • Vivir en Ancares (2002). Consellería de Medio Ambiente.
  • Arturo Noguerol Buján (2003).
  • O Macizo Central Ourensán (2009). Caixa Galicia.
  • Arnoia. Biografía de un río y una ribera (2012). CHMS.
  • Os ríos da raia seca (2013). CHMS.

Narrativa

  • Terradentro, 2017.

Obras colectivas

  • Galicia 2020 (2001). Ir Indo.
  • La Ribeira Sacra (2001). Caixanova.
  • Ribeira Sacra. Biodiversidade e Historia (2009). Fundación Xermán Estévez.
  • Natureza e paisaxe do Courel no Congreso sobre Uxío Novoneyra (2011). RAG.

Premios

Notas

  1. 1,0 1,1 Región, La (2024-08-04). "Xosé Benito Reza, escritor e ingeniero de montes celanovés, recibirá el premio Alecrín 2024". La Región (en castelán). Consultado o 2024-08-06. 
  2. "Centro de Documentación da AELG". aelg. Consultado o 6 de agosto de 2024. 
  3. "Xosé Benito Reza recibió el premio de Arraiano Maior". La Región. Consultado o 05/03/2022. 

Véxase tamén

Ligazóns externas