Xosefina de Leuchtenberg

Modelo:BiografíaXosefina de Leuchtenberg

(1858) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento14 de marzo de 1807 Editar o valor en Wikidata
Milán, Italia Editar o valor en Wikidata
Morte7 de xuño de 1876 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
Palácio Real de Estocolmo, Suecia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaRiddarholmskyrkan Editar o valor en Wikidata
Rainha consorte da Suécia (pt) Traducir
8 de marzo de 1844 – 8 de xullo de 1859
← Desideria ClaryLuísa dos Países Baixos → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónconsorte, coleccionista de arte Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRaíña consorte
Duquesa
Princesa
Princesa (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Beauharnais (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeÓscar I de Suecia (1823, 1823–) Editar o valor en Wikidata
FillosCarlos XV de Suecia, Gustavo, duque de Uppland, Óscar II de Suecia, Eugênia da Suécia, Augusto, duque de Dalarna Editar o valor en Wikidata
PaisEugène de Beauharnais Editar o valor en Wikidata  e Augusta da Baviera Editar o valor en Wikidata
IrmánsThéodolinda von Urach
Eugênia de Leuchtenberg
Maximiliano de Beauharnais
Augusto de Beauharnais
Amelia de Leuchtenberg
Carolina Clotilde de Beauharnais Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteSvenskt kvinnobiografiskt lexikon (en) Traducir
Dicionário Biográfico Sueco (pt) Traducir, lang: lingua sueca Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Beauharnais-1 Find a Grave: 9483629 Editar o valor en Wikidata

Xosefina de Leuchtenberg, nada o 14 de marzo de 1807 en Milán (como Joséphine Maximilienne Eugénie Napoléone de Beauharnais) e finada o 7 de xuño de 1876 en Estocolmo, foi raíña de Suecia e Noruega entre 1844 e 1859, como consorte do rei Óscar I.[1]

Tamén foi Princesa de Bologne,[2] e Duquesa de Galliera e de Leuchtenberg.

Familia

Era a filla máis vella de Eugène de Beauharnais, primeiro duque de Leuchtenberg (concedido en 1817 polo rei Maximiliano I de Baviera) e de Augusta Amalia de Baviera (filla do rei Maximiliano I de Baviera e da princesa Guillermina de Hesse-Darmstadt).

Debía o seu primeiro nome á súa avoa paterna, a emperatriz Xosefina, e o seu terceiro ao emperador Napoleón Bonaparte.

Matrimonio

Retrato de Óscar I, esposo de Xosefina de Leuchtenberg.
Xosefina, como princesa herdeira de Suecia e Noruega.

Casou con Óscar, o príncipe herdeiro de Suecia e Noruega, o 22 de maio de 1823,[1] no palacio de Leuchtenberg, en Múnic.

O 19 de xuño do mesmo ano celebrouse unha cerimonia en Estocolmo.

Probabelmente o matrimonio tiña tamén fins de lexitimación dinástica, pois Xosefina era descendente, por liña materna, de Gustavo Vasa. Así mesmo descendía a través da súa e nai do impopular rei Cristián II de Dinamarca.

Seis días despois de chegar a Suecia tivo que renunciar ao seu terceiro nome, Napoleona, debido a que Suecia se aliñara no bando contrario a Napoleón durante as guerras deste en Europa.

Levou consigo varias xoias espectaculares herdadas da emperatriz Xosefina, elaboradas en prestixiosas xoiarías de París. Esas xoias pertencen aínda hoxe en día á familia real sueca.

En 1824 foi vicerraíña de Noruega e tería que viaxar acompañando ao seu marido á capital dese país, Kristianía (actual Oslo). Alí viviría a parella uns cantos meses antes de volver a Estocolmo.

Á morte de Carlos XIV Xoán de Suecia, o seu esposo Óscar subiu ao trono, como Óscar I, e Xosefina converteuse en raíña de Suecia e Noruega.

Entre as súas actividades como raíña encontrábanse as obras de caridade. Manifestou gusto pola pintura e promoveu as reformas propostas polo seu marido.

Xosefina foi tan popular na corte como entre o pobo sueco, a pesar de conservar a súa relixión católica, aínda que consentiu educar os seus fillos na relixión luterana. Segundo rumores, a raíña defendeu, en 1860, unha nova lei de liberdade relixiosa. A lei antiga permitía crenzas diferentes soamente se o individuo nacera nelas, prohibindo unha conversión da fe luterana.

Non se sabe se tivo algunha influencia política durante o reinado do seu marido (e no do seu fillo), pero certamente actuou como conselleira do rei. En 1848 tentou evitar unha guerra en Schleswig-Holstein. E sería responsábel dun tratado entre Suecia, Noruega, Francia e a Gran Bretaña en 1855.

Na súa vida privada padeceu a infidelidade de Óscar, que tivo un romance extramatrimonial coa famosa actriz sueca Emilie Högqvist, e outra relación coa aristócrata Jaquette Löwenhielm.[3]

Morte

A finais do mes de maio de 1876, Xosefina xa estaba bastante enferma, falecendo o 7 de xuño dese ano en Estocolmo, á idade de 69 anos. As súas últimas palabras foron: «Eu estou indo para casa agora. Estou moi feliz». O seu funeral seguiu o rito católico. Está sepultada na Igrexa de Riddarholmen, de capital sueca.

Descendencia

Co seu esposo Óscar I tivo os seguintes fillos:[1]

  1. Carlos (1826-1872). Duque de Escania, rei de Suecia e de Noruega de 1859 a 1872.
  2. Gustavo (1827-1852). Duque de Uppland.
  3. Óscar (1829-1907). Duque de Östergötland, rei de Suecia de 1872 a 1907 e de Noruega de 1872 a 1905.
  4. Euxenia (1830-1889).
  5. Augusto (1831-1873). Duque de Dalecarlia.

Galería de imaxes

Antepasados

Predecesor:
Desideria Clary

Raíña Consorte de Suecia e de Noruega

8 de marzo de 18448 de xullo de 1859
Sucesor:
Luísa dos Países Baixos

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 Darryl Lundy, Xenealoxía de Xosefina de Leuchtenberg (en inglés).
  2. Princesse de Boulogne 1807 en Oeuvres de Napoléon Bonaparte, Volume 4.
  3. Söderhjelm, Alma & Palmstierna, Carl-Fredrik (1944): Oscar I. Stockholm: Bonnier. Libris 22887 (en sueco).

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas