Xián (nome)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Xián .
San Xián o Hospitaleiro , en Romai , Portas .
Xián [ 1] [ 2] [ 3] (pronunciado /ʃi'aŋ/ ) é un nome propio masculino galego . De orixe latina , é un xentilicio da familia Iulia , dedicado a Xúpiter , a través do latín Iulianus . Porén, neste nome galego, conflúe tamén un nome xermánico , frecuente no galego medieval , nas formas Egila e Egilanus , e que significaba puñal .[ 2] En galego tamén conta coas variantes Xiao ,[ 4] Xillao ,[ 4] Xullán [ 4] e Xulián .[ 4]
En xaneiro de 2023 existían 1.180 varóns en Galicia co nome Xián, cunha media de idade de 11,5 anos,[ 5] 60 co nome Xiao, cunha media de idade de 14,6 anos[ 6] e 39 co nome Xulián, cunha media de idade de 25 anos.[ 7] Non hai persoas rexistradas coas variantes Xillao ou Xullán.
Etimoloxía
Xián provén do latín iulianus , que significa de xulio ou pertencente á familia de Xulio , exactamente á familia do emperador Xulio César (en latín Gaius Julius Caesar). Este nome podería ter moitos máis significados entre os que están: xuvenil, rexo, vizoso, raíces fortes ou perennes. Outra definición aceptada comunmente é "o do cabelo encaracolado".
Santoral
Existen varios santos con este nome. Entre eles, san Xián o Hospitaleiro , de maior culto en Galicia; san Xián de Brivate ; e san Xián de Antince (ca. †304), mártir xunto á súa dona Basilisa.
Variantes noutras linguas
Julian , en inglés , alemán , neerlandés etc. Usado no Reino Unido , Estados Unidos , Irlanda , Albania , Australia , Alemaña , Polonia e Holanda .
Julien (Julienne) en francés .
Julián en castelán , usado en España e Hispanoamérica .
Juliano ou Julião en portugués , usado en Portugal e no Brasil .
Julià en catalán
Julen en éuscaro .
Giuliano en italiano .
Iyán en asturiano .
Outros:
Jolyon
Julijan
Juliyan
Julien
Julyan
Juleane
Julean
Juliaan
Julianne
Julion
Julyin
Julyon
Julienn
Julienne
Jullien
Jullin
Julyen
Jülyen
Jullian
Ιουλιανός (Iulianos, Ioulianos)
Juljan
Iulian
Iulică
Turiano
Lulo
Juli
Gabelica
Persoeiros
Galegos
Xulián Magariños , Negreira, 1904, foi un escritor e avogado galego.
Xulián Maure Rivas , Vigo,1941, é un ensaísta e editor galego.
Julián Ríos , Vigo, 1941, é un escritor galego en lingua castelá.
Julián Pellón Rodríguez , Larouco , 1816, foi un mestre e político galego.
Julián Martínez Larrán , Vigo, 1928, é un avogado e político galego.
Julián Rodríguez León , O Barco de Valdeorras, 1970, é un alpinista galego.
Julián Besteiro , Madrid, 1870, foi un político socialista español de orixe galega.
Julián Hernández , Madrid, 1960, é un cantante e guitarrista galego, un dos fundadores da banda Siniestro Total .
Julián Barrio , Manganeses de la Polvorosa (Zamora), 1946, é un crego católico galego, arcebispo de Santiago de Compostela desde 1996.
Julián Lucas Ramírez ,Cuenca, 1949, é un político galego do PPdeG.
Antigüidade
Xuliano (Flavio Claudio Xuliano), nado no ano 331, foi un emperador romano.
Anicia Xuliana , Constantinopla, 462, filla do augusto Anicio Olibrio, emperador de Occidente en 472.
Santos
Nobres
Notas
Véxase tamén
Outros artigos