Un xibolete, tamén xibbólet ou shibboleth (שִׁבֹּלֶת) refírese a calquera uso da linguaxe indicativo da orixe social ou rexional dunha persoa. De forma máis ampla, pode apuntar a calquera práctica que identifique aos membros dun grupo, unha especie de contrasinal.
Etimoloxía
A súa orixe é a palabra hebrea«šibbóleth» (שִׁבֹּלֶת (en hebreo: עברית)), que significa literalmente ‘espiga’ ou, segundo outras fontes, ‘torrente’. Deriva dunha historia do Antigo testamento na cal a pronuncia desta palabra foi utilizada para distinguir a membros dun grupo, a tribo de Efraím, cuxo dialecto carecía do son / ʃ /, a diferenza doutros, por exemplo os galaaditas, cuxo dialecto si o incluía. No capítulo 12 (versículo 6) do Libro dos Xuíces, nárrase o acontecido despois de que os habitantes de Galaad derrotasen a tribo de Efraím arredor do 1070 a. C. Cando os efraimitas superviventes tentaban cruzar o río Xordán, os seus enimigos vixiaban na beira para identificalos e matalos; os galaaditas puñan a cada viaxeiro unha proba sinxela:
4 Ocupou Galaad os baixíos do Xordán de diante de Efraím e aconteceu que, cando dicía un dos fuxitivos de Efraím "déixame pasar", preguntábanlle os homes de Galaad: ‑"Ti es efraimita". E respondía: ‑"Non". Daquela dicíanlle: ‑"Fai favor de repetir Xibbólet 5. E dicía: Sibbólet (pois non conseguía pronuncialo ben)" 6. Entón eles apreixábano e degolábano xunto ós areais do Xordán. E caeron naquel entón corenta e dous mil de Efraím.
En diversos conflitos entre grupos con diferentes linguas ou dialectos, un deles utilizou xiboletes para descubrir membros ocultos do grupo contrario. O masacre de haitianos acontecido na República Dominicana en 1937 recibiu o nome dun suposto xibolete empregado polas forzas do ditadorTrujillo. Os haitianos distinguíanse pola pronuncia da palabra perejil (é moi difícil para un haitiano esconder o ruvular en francés ou crioulo haitiano) (véxase Masacre do pirixel).
Uso cultural ou dialectal
Os membros dunha comunidade lingüística, ou os falantes dunha variante dialectal da mesma lingua, poden descoñecer o feito de que pronuncian un termo de forma distintiva. Ao falar pode descoñecerse ou non o efecto creado no interlocutor; e serve para autoidentificarse ou identificar aos forasteiros.
En galego
En Galiza hai palabras distintivas de lugares concretos, por exemplo "caropa" ou "caripa" para referirse á cortiza do piñeiro resaltarían a orixe da Illa de Arousa ou de Tirán respectivamente.[5]
No Grove a palabra "meu" actúa como xibolete[6]; por exemplo Yayo Daporta, nado en Cambados, para resaltar o seu vínculo cos grovenses (e a pesar de que do Grove a Cambados hai menos de 20km de distancia) empregouna no seu pregón da Festa do Marisco.[7]
En portugués
Na lingua portuguesaxibolete asumiu un significado máis amplo, e tamén pode indicar o recoñecemento dun hábito ou dunha característica específica, que permite recoñecer que o individuo pertence a un grupo distinto. Aparece en varios dicionarios e manuais de gramática e ortografía, e tamén se pode escribir xibolet, xibolé ou xibolê.
Segundo a lenda, durante a Revolta dos Segadores utilizábase o coñecido trabalinguas«setze jutges d'un jutjat / mengen fetge d'un penjat» ("dezaseis xuíces dun tribunal / comendo o fígado dun aforcado") para distinguir entre cataláns e casteláns. O «setze» contén a africada alveolar sonora ([d͡z]), un fonema ausente no castelán; segundo Joan Amades, “que os non cataláns cústalles pronunciarse e foi aceptado en xeral como o noso 'zidgolep' [sic.]”.
Outra lenda explica que durante a guerra de independencia, os Miquelets do Empordán obrigaron aos cativos a pronunciar a palabra "marfega". Quen a pronunciou como unha palabra cortante, ao estilo dos franceses, foi guindado por un penedo preto de Colera coñecido como o Salt dels Gavatxos (salto dos franceses).
Os bergueses (de Berga) pronuncian o nome da cidade con [e] pechado; os que o pronuncian co [ɛ] aberto son identificados como forasteiros e son obxecto de burla.
Os habitantes do Tarragonès que conservan a distinción b/v usan como xibolete a frase «beu vi bo de Valls» ("bebe bo viño de Valls").
En inglés
Hoxe, na lingua inglesa un shibboleth tamén ten un significado máis amplo. Refírese a calquera palabra ou frase que se pode usar para distinguir os membros dun grupo dos alleos, sexan ou non hostís. A palabra tamén se usa para referirse ao argot, cuxo uso axeitado identifica a un como membro dun grupo ou subcultura en particular. Figuradamente tamén é sinónimo de tabú.[10]
Na masonería
A palabra shiboleth úsase na masonería simbólica como unha palabra pase do grao de compañeiro.[11]