Yayo Daporta, nado en Cambados en 1975 e asentado no Grove[1], é un cociñeiro galego, chef do seu restaurante Yayo Daporta,[2] que o rexenta xunto coa súa irmá a sommelier Esther Daporta.[3] Ten unha estrela Michelín e dous soles da Guía Repsol.[4]
Carreira
Inicios
Yayo Daporta espertou as súas ganas de cociñar despois de traballar no restaurante Casa Solla[5] de Pepe Solla, e a partir de entón traballou en Alejandro, un restaurante de Almería, e El Amparo, restaurante de Carmen Guasp de Madrid.[6] A súa familia adícase ao marisqueo, tendo depuradoras de marisco na Ría de Arousa.[7]
Restaurante de seu
En 2005 abriu o seu propio restaurante e gañou un récord Guinness para o chef máis novo da historia en conseguir unha estrela Michelín.[8]
Presentador de TV
En 2014, presentou, xunto a Susi Díaz e Alberto Chicote, o programa de televisión Top Chef. Estivo activo na segunda tempada e deixou o programa para centrarse no seu restaurante.[9]
Notas
Véxase tamén