Os seus pais, Gerardo e Josefina, rexentaban o hotel Estrella en Santiago de Compostela.[2]
En 1936, durante a guerra civil española, foi chamado a filas polo bando nacional. Foi enviado ás frontes de Brunete e Belchite cando xa estaban case pacificadas, e despois embarcou no buque Baleares, que abandonou antes do seu afundimento. En 1938, como alférez provisional, marchou a Alemaña a facer cursos de perfeccionamento de aviación coa Luftwaffe. A súa promoción, chamada 9ª bis, titulouse o 26 de febreiro de 1939.[3]
Médico de profesión, participou no grupo Realidade Galega, formado por galeguistas históricos de tendencia conservadora.
En 1984 explicou no Parlamento de Galicia o seu encontro en Portugal o 6 de xullo dese ano con contrabandistas e narcotraficantes galegos en Vila Nova de Cerveira.[6][7]
O 30 de outubro de 1986 Barreiro, nunha xogada para conseguir a dimisión de Albor, e o resto dos seus conselleiros dimitiron nun aceno de apoio, agás os conselleiros do PDP e PL puxeron os seus cargos a dispor de Albor, quen non dimitiu e co apoio de Fraga mantívose como presidente con Mariano Rajoy como vicepresidente. En 1987 Barreiro marchou do partido, ingresou no grupo mixto e apoiou unha moción de censura do líder socialista Fernando González Laxe contra el, Fernández Albor deixou logo a presidencia, mantendo o escano ata 1989, ano no que foi elixido para o Parlamento Europeo, onde permaneceu até 1999.
Rodríguez-Polo, Xosé Ramón (2011): "Fernández Albor, Xerardo" en Diccionario Biográfico Español, Madrid: Real Academia da Historia.
Rodríguez-Polo, Xosé Ramón (2009): O triunfo do galeguismo. Opinión pública, partidos políticos e comportamento electoral na transición autonómica. Madrid: Editorial Dykinson.
Rodríguez-Polo, Xosé Ramón (2009): Ramón Piñeiro e a estratexia do galeguismo. Vigo: Xerais.