Wu Zetian

Modelo:BiografíaWu Zetian

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(zh-hant) 武曌(武則天) Editar o valor en Wikidata
Nome póstumo則天大聖皇后 e 則天順聖皇后 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de febreiro de 624 Editar o valor en Wikidata
Guangyuan, República Popular da China (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte16 de decembro de 705 Editar o valor en Wikidata (81 anos)
Luoyang, República Popular da China (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortedoenza Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMausoléu de Qianling (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Emperatriz da China Dinastia Zhou (690–705) (pt) Traducir
16 de outubro de 690 – 21 de febreiro de 705 (Shan Rang (en) Traducir)
← Ruizong de Tang (pt) TraducirZhongzong de Tang (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Grupo étnicoPobo han Editar o valor en Wikidata
RelixiónBudismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPoesía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónemperatriz consorte, poetisa, empress regnant (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloEmperador
Emperatriz consorte Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastía Tang e Dinastía Zhou Editar o valor en Wikidata
CónxuxeImperador Gaozong de Tang Editar o valor en Wikidata
FillosLǐ Hóng, Li Xian (incerteza), Si de Anding, Zhongzong de Tang, Ruizong de Tang, Taiping Editar o valor en Wikidata
PaisWu Shihuo Editar o valor en Wikidata  e Yang Editar o valor en Wikidata
IrmánsWu Shun
Wu Yuanqing
Wu Yuanshuang Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
Antigo Livro de Tang (pt) Traducir
Novo Livro de Tang (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1797595

Wu Zetian, nada o 17 de febreiro de 624 e finada en Luoyang o 16 de decembro de 705,[1][2] tamén chamada Wu Zhao, Wu Hou, Tian Hou durante o final da dinastía Tang, foi unha soberana chinesa que goberno non oficialmente como emperatriz consorte e oficialmente como rexente e emperatriz viúva e como emperatriz reinante. Durante vinte e cinco anos, cogobernou co seu marido e fillos e por quince co seu propio nome (皇帝) durante a breve dinastía Zhou (周, 690–705),[1] que interrompeu a dinastía Tang. Wu é a única emperatriz recoñecida na China en máis de dous milenios.

Wu foi a concubina do emperador Taizong. Trala morte del, casou co seu sucesor, o seu noveno fillo, o emperador Gaozong, comezando oficialmente o becoming huanghou de Gaozong (皇后, emperatriz consorte, título da consorte principal do emperador reinante) en 655, aínda que tivo un considerable poder político antes diso. Tras un infarto debilitador de Gaozong en 660, Wu Zetian converteuse na administradora da corte, posición equivalente á do emperador ata 705.[3]

A importancia para a historia do período de liderado político e militar de Wu Zetian inclúe a maior expansión do Imperio Chinés, que se estendeu moito máis alá dos seus límites territoriais, ata Asia Central, e unha serie de guerras na península de Corea, primeiro aliándose con Silla contra Goguryeo, e despois contra Silla pola ocupación do antigo territorio de Goguryeo. Para a China, ademais das consecuencias máis directas da súa loita para obter e manter o poder supremo, o liderado de Wu resultou en efectos importantes na sociedade e en relación do apoio estatal ao taoísmo, o budismo, a educación e a literatura. Wu Zetian tamén tivo un impacto nos monumentos coas estatuas das grutas de Longmen e a estela do mausoleo de Qianling, ademais da construción dalgúns grandes edificios e pezas de bronce que non se conservan.

Ademais da súa traxectoria como líder política, Wu Zetian tivo tamén unha activa vida familiar. Aínda que as relacións familiares en ocasións foron problemáticas, Wu Zetian foi nai de catro fillos, tres dos cales levaron o título de emperador, aínda que un deles só como honra póstuma. Un dos seus netos foi o recoñecido emperador Xuanzong de Tang.

Traxectoria

Mocidade

Naceu no seo dunha familia aristocrática de Shanxi, orixinaria da localidade de Wénshuǐ (文水). O seu pai Wǔ Shìhuo (武士彠) (577-635) fora un aliado do fundador da dinastía Tang, Tang Gaozu, que lle concedeu o título de duque de Taiyuan (太原郡公 Tàiyuán Jùngōng), mentres que a súa nai, a señora Yang (楊氏 / 杨氏 Yáng Shì) (579-670), coa que Wu Shihuo casara en segundas nupcias, estaba emparentada coa familia imperial da dinastía anterior aos Tang, a dinastía Sui. Non se sabe con certeza onde naceu a Emperatriz Wu. É posible que nacese na localidade de Lìzhōu (利州), onde estaba destinado o seu pai, ou talvez na capital imperial Chang'an.

De nena, talvez en 638 ou 636, ingresou no harén do emperador Tang Taizong, no quinto rango de concubinas (才人 cáirén).[4][5] En 649, faleceu o emperador Taizong e foi sucedido polo seu fillo, o emperador Tang Gaozong. A moza concubina pasou a formar parte do harén do novo emperador. Segundo a historia tradicional, trala morte do emperador a moza Wu ingresou nun mosteiro budista e, máis adiante, o novo emperador, prendado pola súa beleza, incorporouna ao seu harén. Porén, moitos historiadores actuais poñen en dúbida esta versión e ven máis probable que a moza Wu non pasase nunca polo mosteiro, senón que, trala morte do emperador Taizong, permanecese no palacio. É probable que antes da morte de Taizong xa comezase unha relación clandestina co príncipe herdeiro, o que explicaría a súa permanencia no harén de Gaozong, onde ocupou o posto de concubina de segundo rango. O feito de que a moza Wu fose concubina dun pai e un fillo era un motivo máis de escándalo para os moralistas confucianistas da época.[6][7]

De concubina a consorte

A súa presenza no harén non era vista con bos ollos pola consorte de Gaozong, a emperatriz Wang (王皇后 Wáng Huánghòu), que a vía como unha rival da concubina Xiāo Shúfēi (蕭淑妃 / 萧淑妃), coa que estaba enfrontada. Non obstante, a ambición e a capacidade de manipulación da concubina Wu, nesa época chamada Wǔ Mèiniáng (武媚娘), levárona a acadar a posición de emperatriz consorte. No ano 654, unha filla acaba de nacer de Wu foi asasinada, e Wu acusou a emperatriz Wang do crime.[3] Deste xeito, Wu conseguiu ser nomeada emperatriz consorte e, segundo a tradición, ela mesma se encargou de torturar ata a morte os seus rivales, a concubina Xiao e a emperatriz Wang. Algúns historiadores chineses mantiveron que o asasinato da nena foi obra da propia Wu para inculpar os seus rivales, mais é probable que esta lenda fose difundida polos seus inimigos.

A partir de novembro de 660, agravouse o estado de saúde do emperador Gaozong, e a emperatriz Wu comezou a gobernar dende a sombra. O seu poder incrementouse cando fixo executar os ministros da corte Shàngguān Yí (上官儀 / 上官仪) e Lǐ Zhōng (李忠) en xaneiro de 665. Segundo a lenda negra que atribúe todo tipo de infamias á emperatriz Wu, esta estaría envelenando o emperador nos últimos anos da súa vida para poder levar ela mesma as rendas do poder. Tamén se di que fixo matar o seu fillo máis vello, que se enfrontara a ela.

De consorte a soberana

Trala morte do emperador, no ano 683, foi o seu terceiro fillo, o emperador Tang Zhong Zhong, quen subiu ao trono, pero ao cabo de seis semanas, Wu empregou o seu poder para destituílo e darlle o trono a outro fillo seu, o emperador Tang Ruizong, que, como o seu irmán, gobernaría de maneira nominal por un breve período, ata que a súa nai decidiu ratificar de xeito público e oficial o seu poder, converténdose na primeira, e única, muller na historia da China que ocupou o trono imperial.

Xa en decembro de 689, impuxera a invención de doce novos caracteres, entre os cales estaba o carácter 曌 (zhào), que adoptou como novo nome propio. Once meses despois, en outubro de 690, proclamou a nova dinastía Zhou e asumiu o nome de "Emperador (Huangdi) Shenshen". Posteriormente, en 695, o seu nome imperial quedou fixado como "Emperador Tian Jin Lun Shenzhen" (天冊金輪聖神皇帝 / 天册金轮圣神皇帝 Tiāncè Jīnlún Shèngshén Huángdì).

O seu reinado caracterizouse pola promoción do budismo, convertido en relixión oficial en 691, o cal lle valeu moito apoio popular. Ademais, empregouse o budismo como elemento de lexitimación do seu reinado ata o punto de que un monxe afín á emperatriz (e tamén amante, segundo a lenda) chegou a propugnar a teoría de que o buda Maitreya, o buda do porvir, era unha muller. Xunto a esta política relixiosa, a emperatriz Wu continuou o seu estilo de goberno baseado nunha forma de despotismo brutal, con purgas e persecucións daqueles que se mostraban hostís ao seu poder.

No ano 700 ordenou un ataque masivo contra os nómades da actual Mongolia e 450000 soldados forzaron os mongois a retroceder.[8]

Abdicación

O 20 de febreiro de 705, xa con oitenta anos, non puido evitar o éxito dun golpe de estado, no que foron executados os seus ministros (e amantes, segundo a lenda) os irmáns Zhang, Zhāng Yìzhī (張易之 / 张易之) e Zhāng Chāngzōng (張昌宗 / 张昌宗). A emperatriz foi obrigada a abdicar, e o seu fillo o emperador Zhongzong volveu subir ao trono, restaurando a dinastía Tang o 3 de marzo de 705. A anciá Wu merrou varios meses despois, en decembro dese mesmo ano.

Notas

  1. 1,0 1,1 Pollard, Elizabeth (2015). Worlds Together Worlds Apart. Nova York: W.W. Norton Company. p. 318. ISBN 978-0-393-91847-2. 
  2. Paludan, 100
  3. 3,0 3,1 Paludan, 96
  4. "New Book of Tang, vol. 76". Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2008. Consultado o 19 de febreiro de 2008. 
  5. "Book of Tang, vol. 51". Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2007. Consultado o 11 de outubro de 2007. 
  6. See, e.g., Zizhi Tongjian, vol. 199. Afirmación de Chu Suiliang de que "servira" (eufemismo para as relacións sexuais) o emperador Taizong cando trataba de evitar que o emperador Gaozong a convertese en emperatriz.
  7. Luo Binwang, Declaration on Xu Jingye's Behalf Against Wu Zhao, recompilado en Guwen Guanzhi, vol. 7.
  8. "Mongolian Origin". Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2010. Consultado o 29 de novembro de 2010. 

Véxase tamén

Bibliografía

  • Beckwith, Christopher I. (2009). Empires of the Silk Road: A History of Central Eurasia from the Bronze Age to the Present. Princeton: Princeton University Press. ISBN 978-0-691-13589-2.
  • Libro Vello de Tang, vol. 6.
  • Cotterell, Yong Yap and Arthur Cotterell (1975). The Early Civilization of China. Nova York: G.P. Putnam's Sons. ISBN 978-0-399-11595-0.
  • Empress of China: Wu Ze Tian, by Jiang, Cheng An, Victory Press 1998
  • Fairbank, John King (1992). China: A New History. Cambridge, Massachusetts: Belknap Press/Harvard University Press. ISBN 978-0-674-11670-2.
  • Murck, Alfreda (2000). Poetry and Painting in Song China: The Subtle Art of Dissent. Cambridge (Massachusetts) e Londres: Harvard University Asia Center for the Harvard-Yenching Institute. ISBN 978-0-674-00782-6.
  • Libro Novo de Tang, vols. 4 e 76.
  • Paludan, Ann (1998). Chronicle of the Chinese Emperors: The Reign-by-Reign Record of the Rulers of Imperial China. Nova York: Thames and Hudson. ISBN 978-0-500-05090-3.
  • Rastelli, Sabrina (2008). China at the Court of the Emperors: Unknown Masterpieces from Han Tradition to Tang Elegance (25–907). Skira. ISBN 978-88-6130-681-3.
  • Scarpari, Maurizio (2006). Ancient China: Chinese Civilization from the Origins to the Tang Dynasty. Vercelli: VMB Publishers. ISBN 978-88-540-0509-9.
  • Watson, Burton (1971). Chinese Lyricism: Shih Poetry from the Second to the Twelfth Century. (Nova York: Columbia University Press). ISBN 978-0-231-03464-7.
  • Yu, Pauline (2002). "Chinese Poetry and Its Institutions", in Hsiang Lectures on Chinese Poetry, Volume 2, Grace S. Fong, editor. Montreal: Center for East Asian Research, McGill University.
  • Zizhi Tongjian, vols. 195, 199-208.

Read other articles:

Constituency of Bangladesh's Jatiya Sangsad Lakshmipur-2Constituencyfor the Jatiya SangsadDistrictLakshmipur DistrictDivisionChittagong DivisionElectorate372,592 (2018)[1]Current constituencyCreated1984Party  ALCurrent MPNuruddin Chowdhury Noyon Lakshmipur-2 is a constituency represented in the Jatiya Sangsad (National Parliament) of Bangladesh since 2021 by Awami League politician Nuruddin Chowdhury Noyon. Boundaries The constituency encompasses Raipur Upazila and eight uni...

 

1951 1958 Élections législatives de 1956 dans le Gard le 2 janvier 1956 Type d’élection Élection législative Postes à élire 5 députés Corps électoral et résultats Inscrits 248 922 Votants 204 630   82,21 %  1,9 Votes exprimés 200 074 Parti communiste français Voix 69 730 34,85 %   2,9 Sièges obtenus 2 Union et fraternité française Liste Union et fraternité françaiseDéfense des intérêts agricoles et viticol...

 

Martin Škrtel Škrtel con la maglia del Fenerbahçe nel 2019 Nazionalità  Slovacchia Altezza 191 cm Peso 83 kg Calcio Ruolo Difensore Termine carriera 17 maggio 2022 Carriera Giovanili 1990-2001 Banik Prievidza Squadre di club1 2001-2004 Laugaricio Trenčín45 (0)2004-2008 Zenit San Pietroburgo74 (3)2008-2016 Liverpool242 (16)2016-2019 Fenerbahçe79 (6)2019 Atalanta0 (0)2019-2021 İstanbul Başakşehir30 (3)2021-2022 Spartak Trnava14 (0)[1&#...

Boudhanath बौद्धनाथPanorama BoudhanathAgamaAfiliasiBuddhismeLokasiLokasiKathmandu    NepalArsitekturTipeStupaTinggi maksimum36 meter (118 ft)[1] Situs Warisan Dunia UNESCONama resmi: Lembah KathmanduJenisKulturalKriteriaiii, iv, viDitetapkan1979 (sesi) ke-3Nomor referensi121Negara   Nepal Sepasang mata di Stupa Boudhanath Stupa Boudhanath dengan Bendera Permohonan Doa Boudhanath (Devanagari, Nepal: बौद्धनाथ) (juga dise...

 

Chinese-owned American meat processing company Smithfield Foods, Inc.Company typeSubsidiaryIndustryMeat processingFounded1936; 88 years ago (1936), as Smithfield Packing Company, Smithfield, Virginia, United StatesFoundersJoseph W. Luter, Sr.Joseph W. Luter, Jr.Headquarters200 Commerce Street, Smithfield, VirginiaArea servedWorldwideKey peopleShane Smith (CEO)ProductsMeat processingPork productsProduction outputAs of 2006 raised 15 million pigs and produced six billion pound...

 

Dáil Éireann Majelis IrlandiaDáil Éireann ke-33JenisJenisMajelis rendah dari Oireachtas PimpinanCeann ComhairleSeán Ó Fearghaíl, FF sejak 10 Maret 2016 Leas-Ceann ComhairleCatherine Connolly, Ind sejak 23 Juli 2020 TaoiseachSimon Harris, FG sejak 9 April 2024 TánaisteMicheál Martin, FF sejak 17 Desember 2022 Pemimpin OposisiMary Lou McDonald, SF sejak 27 Juni 2020 KomposisiAnggota160Partai & kursiPemerintah (80)   Fianna Fáil (36)   Fine Gael (33) &...

Indian Nepali poet Agam Singh GiriNative nameअगमसिँह गिरीBorn(1927-12-27)27 December 1927Darjeeling, IndiaDied31 January 1971(1971-01-31) (aged 43)Darjeeling, IndiaOccupationPoet, LyricistLanguageNepali, EnglishNationalityIndianNotable awardsRatnashree Gold Award Agam Singh Giri (Nepali: अगमसिँह गिरी, 27 December 1927 – 31 January 1971) was an Indian Nepali poet and lyricist from Darjeeling, India.[1][2][3][4] ...

 

Sporting event delegationTonga at the2008 Summer OlympicsIOC codeTGANOCTonga Sports Association and National Olympic CommitteeWebsitewww.oceaniasport.com/tongain BeijingCompetitors3 in 2 sportsFlag bearer Ana Po'uhilaMedals Gold 0 Silver 0 Bronze 0 Total 0 Summer Olympics appearances (overview)19841988199219962000200420082012201620202024 Tonga competed at the 2008 Summer Olympics, that celebrated in Beijing, China, from August 8 to August 24, 2008. Tonga was represented by the Tonga Spo...

 

هذه المقالة عن المجموعة العرقية الأتراك وليس عن من يحملون جنسية الجمهورية التركية أتراكTürkler (بالتركية) التعداد الكليالتعداد 70~83 مليون نسمةمناطق الوجود المميزةالبلد  القائمة ... تركياألمانياسورياالعراقبلغارياالولايات المتحدةفرنساالمملكة المتحدةهولنداالنمساأسترالي�...

artikel ini perlu dirapikan agar memenuhi standar Wikipedia. Tidak ada alasan yang diberikan. Silakan kembangkan artikel ini semampu Anda. Merapikan artikel dapat dilakukan dengan wikifikasi atau membagi artikel ke paragraf-paragraf. Jika sudah dirapikan, silakan hapus templat ini. (Pelajari cara dan kapan saatnya untuk menghapus pesan templat ini) Artikel ini tidak memiliki referensi atau sumber tepercaya sehingga isinya tidak bisa dipastikan. Tolong bantu perbaiki artikel ini dengan menamba...

 

Election in New Jersey Main article: 1872 United States presidential election 1872 United States presidential election in New Jersey ← 1868 November 5, 1872 1876 →   Nominee Ulysses S. Grant Horace Greeley Party Republican Liberal Republican Home state Illinois New York Running mate Henry Wilson Benjamin G. Brown Electoral vote 9 0 Popular vote 91,656 76,456 Percentage 54.52% 45.48% County Results Grant   50-60%   60-70% Greel...

 

Artikel ini tidak memiliki referensi atau sumber tepercaya sehingga isinya tidak bisa dipastikan. Tolong bantu perbaiki artikel ini dengan menambahkan referensi yang layak. Tulisan tanpa sumber dapat dipertanyakan dan dihapus sewaktu-waktu.Cari sumber: Pos Pelayanan Terpadu – berita · surat kabar · buku · cendekiawan · JSTOR Penimbangan bayi di Posyandu Kampung Benawa 1, Kais, Sorong Selatan, Papua Barat Posyandu Nusa Indah Sei. Jambu Desa Pasir Jaya, ...

Type of molecular geometry T-shaped molecular geometryExamplesClF3Point groupC2vCoordination number3Bond angle(s)90°, 180°μ (Polarity)>0 Structure of chlorine trifluoride, an example of a compound with T-shaped coordination geometry. In chemistry, T-shaped molecular geometry describes the structures of some molecules where a central atom has three ligands. Ordinarily, three-coordinated compounds adopt trigonal planar or pyramidal geometries. Examples of T-shaped molecules are the haloge...

 

PanditOmkarnath ThakurPandit Omkarnath ThakurInformasi latar belakangLahir(1897-06-24)24 Juni 1897[1]Jahaj,Khambhat (Gujarat) Negara Bagian Baroda, Kepresidenan Bombay, India Britania (sekarang Gujarat, India)Meninggal29 Desember 1967(1967-12-29) (umur 70)[2]Bombay, Maharashtra, India (present-day Mumbai)Genremusik klasik HindustanPekerjaanedukator musik, musikologisInstrumensingingTahun aktif1918–1960anArtis terkaitVishnu Digambar Paluskar Pt. Omkarnath Thakur (24 Juni...

 

«[...] un musicista che ha saputo, sia pure per lo straordinario successo di un'unica composizione, lasciare un segno indelebile di sé nella nostra cultura nazionale.» (Benedetti, p. 64) Michele Novaro raffigurato in un dipinto conservato al Palazzo del Quirinale Michele Novaro (Genova, 23 dicembre 1818[1] – Genova, 20 ottobre 1885[2]) è stato un compositore e patriota italiano. Indice 1 Biografia 2 Composizioni 3 Opere didattiche 4 Nella cultura di massa 5 Note 6 ...

French opera composer (1816–1878) François BazinBorn(1816-09-04)4 September 1816Marseille, FranceDied2 July 1878(1878-07-02) (aged 61)ParisNationalityFrenchCitizenship FranceOccupationComposer François Emmanuel Joseph Bazin (pronounced [fʁɑ̃.swa ba.zɛ̃]) (4 September 1816 – 2 July 1878) was a well-known French opera composer active during the nineteenth century. Biography Born in Marseille, Bazin was a student of Daniel Auber at the Conservatoire de P...

 

Italian prisoners of war working on the Arizona Canal (December 1943) In the United States at the end of World War II, there were prisoner-of-war camps, including 175 Branch Camps serving 511 Area Camps containing over 425,000 prisoners of war (mostly German). The camps were located all over the US, but were mostly in the South, due to the higher expense of heating the barracks in colder areas. Eventually, every state (with the exceptions of Nevada, North Dakota, and Vermont) and Hawaii, the...

 

Canadian children's animated television series Abby HatcherGenre Animation Educational Created byRob HoegeeDirected byKyran KellyVoices ofMacy DrouinWyatt WhiteChristian Dal DossoMichela LuciEmma BermanJacob SoleyHattie KragtenSophie CulliganLaaibah AlviLeo OrgilKaden StephenPaul Sun-Hyung LeeJosette JorgeTerry McGurrinKim RobertsChristian CampbellMac HeywoodCatherine DisherJane LukTheme music composer Ryan Carlson Summer Weiler Hanna Ashbrook Chris Sernel Opening themeAbby Hatcher by Macy Dr...

1936 1946 Élections de l'Assemblée constituante de 1945 à La Réunion le 21 octobre 1945 Type d’élection Élection législative Postes à élire 2 députés Corps électoral et résultats Inscrits 107 120 Votants 78 654   73,43 % Votes exprimés 77 748 Parti communiste français – Raymond Vergès Voix 40 802 52,48 %  Sièges obtenus 2 Socialisme – Raphaël Babet Voix 19 565 25,17 %  Sièges obtenu...

 

Ai Giochi della IX Olimpiade di Amsterdam nel 1928 vennero assegnati 27 titoli in gare di atletica leggera, di cui 22 maschili e 5 femminili. L'atletica leggera ai Giochi della IX Olimpiade di Amsterdam Fa il suo ingresso l'atletica femminile. Durata del programma: dal 29 luglio al 5 agosto 1928. Nazioni partecipanti: 40 (come a Parigi). Numero di atleti iscritti: 726, di cui 625 uomini e 101 donne. Ogni nazione può iscrivere in ciascuna specialità 4 atleti + 2 riserve. Sede delle gare: Sta...