A Women's National Basketball Association (WNBA) é unha liga de baloncesto profesional feminina nos Estados Unidos. Actualmente está composta por 12 equipos. A liga foi fundada o 24 de abril de 1996, coma homóloga da National Basketball Association (NBA). Comezouse a xogar no ano 1997. Actualmente, a tempada regular xógase de xuño a setembro, coas Finais no mes de outubro.
Varios equipos da WNBA teñen o seu homólogo na NBA e xogan no mesmo pavillón. O Connecticut Sun, Seattle Storm e Tulsa Shock son os únicos equipos que non comparten nada con algún equipo NBA, a pesar de que as Seattle Storm compartiran cidade cos Seattle SuperSonics antes do seu traslado a Oklahoma City. Ademais deses tres equipos, o Chicago Sky é o outro único equipo que non comparte pavillón cun equipo da NBA. As catro franquías mencionadas anteriormente, xunto cos Atlanta Dream e os Los Angeles Sparks, teñen propietarios independentes. Esta independencia é moi importante para o crecemento da WNBA, xa que houbo un tempo onde todos os equipos da liga tiñan coma propietaria á NBA.
Draft da WNBA
Cada primavera, o Draft da WNBA ten lugar en Bristol, Connecticut. De 2005 a 2008 tivo lugar na cidade na que se celebraba a Final Four feminina da NCAA. De 2009 a 2010 tivo lugar nas oficinas da liga en Secaucus, Nova Jersey. O Draft ten actualmente tres roldas, onde cada equipo ten tres eleccións, deixando á parte os traspasos. A orde do Draft para os equipos clasificados para os playoffs o ano anterior básase no récord obtido. O equipo con maior récord, elixe máis tarde. Para as primeiras catro posicións do Draft, o proceso que se usa é similar ó do Draft da NBA.
Tempada regular
Tras o descanso de inverno, os equipos comezan os adestramentos en maio. Os adestramentos permítenlles ao corpo técnico avaliar xogadoras (especialmente rookies), evalúan os puntos fortes e débiles do equipo, preparan ás xogadoras para a tempada regular e escollen ás 11 mulleres que estarán no equipo e empezarán a tempada regular. Tras os adestramentos, hai unha serie de partidos amigables. A tempada regular comeza en maio.
Durante a tempada regular, cada equipo xoga 34 partidos, 17 en casa e 17 fóra. Cada equipo xoga 4 veces contra tres equipos da súa conferencia (12 partidos), 5 veces contra dous equipos da súa conferencia (10 partidos), e 2 veces contra os seis equipos da outra conferencia (12 partidos). Igual que na NBA, cada equipo xoga na casa e visita a un equipo polo menos unha vez cada tempada.
All-Star Game da WNBA
En xullo, a tempada regular tómase un respiro para celebrar o All-Star Game da WNBA. O partido forma parte dunha longa fin de semana de eventos, que ten lugar nunha cidade con equipo WNBA cada ano. O All-Star Game enfronta ás mellores xogadoras da Conferencia Oeste contra as mellores xogadores da Conferencia Leste. Durante a tempada, os fans votan ás xogadoras que queren que sexan titulares no partido.
Pouco despois do All-Star Game remata o prazo de traspasos. Despois deste día, os equipos non teñen permitido traspasar xogadores a outro equipo durante o resto da tempada, pero seguen podendo asinar e cortar xogadores.
Equipos
Conferencia
|
Equipo
|
Cidade
|
Pavillón
|
Capacidade
|
Entrada na WNBA
|
Adestrador/a
|
LESTE
|
Atlanta Dream
|
Atlanta, GA
|
State Farm Arena
|
18.118
|
2008
|
Nicki Collen
|
Chicago Sky
|
Chicago, IL
|
Wintrust Arena
|
10.387
|
2006
|
James Wade
|
Connecticut Sun
|
Uncasville, CT
|
Mohegan Sun Arena
|
9.323
|
1999*
|
Curt Miller
|
Indiana Fever
|
Indianapolis, IN
|
Bankers Life Fieldhouse
|
18.165
|
2000
|
Pokey Chatman
|
New York Liberty
|
White Plains, NY
|
Westchester County Center
|
5.000
|
1997
|
Katie Smith
|
Washington Mystics
|
Washington, D.C.
|
St. Elizabeths East Entertainment and Sports Arena
|
4.200
|
1998
|
Mike Thibault
|
OESTE
|
Dallas Wings
|
Arlington, TX
|
College Park Center
|
7.000
|
1998*
|
Brian Agler
|
Las Vegas Aces
|
Paradise, NV
|
Mandalay Bay Events Center
|
12.000
|
1997*
|
Bill Laimbeer
|
Los Angeles Sparks
|
Os Ánxeles, CA
|
Staples Center
|
18.997
|
1997
|
Derek Fisher
|
Minnesota Lynx
|
Minneapolis, MN
|
Target Center
|
19.356
|
1999
|
Cheryl Reeve
|
Phoenix Mercury
|
Phoenix, AZ
|
Talking Stick Resort Arena
|
18.055
|
1997
|
Sandy Brondello
|
Seattle Storm
|
Seattle, WA
|
Alaska Airlines Arena
|
10.000
|
2000
|
Dan Hughes
|
O asterisco (*) denota un movemento da franquía.
|
Equipos trasladados
Equipos desaparecidos
Véxase tamén
Ligazóns externas