White Light (Luz Branca) é o sexto álbum de estudio da banda irlandesa The Corrs[1]. Supuxo o regreso da banda dez anos despois do álbum de estudio Home, e despois de ter levado a cabo sendos proxectos en solitario Andrea e Sharon.
Foi editado o 27 de novembro de 2015. O primeiro sinxelo é Bring On The Night[2]. En xaneiro de 2016 deu comezo a xira "White Light Tour" polo Reino Unido e Irlanda, que continuará en maio de 2016 por Alemaña, Austria, Suíza e de novo as Illas Británicas.
Cancións
- I do what I like (Fago o que gusto)
- Bring on the night (Desata (fai saír) a noite)
- White Light (Luz branca)
- Kiss of life (Bico da vida)
- Unconditional (Incondicional)
- Strange Romance (Estraño romance)
- Ellis Island (Illa Ellis)
- Gerry's Reel (Reel de Gerry)
- Stay (Queda)
- Catch me when I fall (Cólleme cando caia)
- Harmony (Harmonía)
- With me stay (Comigo queda)
O título do álbum extráese dunha das súas cancións, "White Light", inspirada polo Club dos 27 (grupo de músicos populares que finaron á idade de 27 anos) e máis concretamente por Amy Winehouse[3]. O tema "Gerry's Reel" é unha cantiga instrumental que fai referencia a Gerry Corr, pai dos irmáns Corr, falecido en 2015. Por outra banda, Ellis Island fai referencia á Illa Ellis, preto da costa neoiorquina. Kiss Of Life foi co-escrita con Natasha Bedingfield e Unconditional con John Shanks.
Sinxelos
- Bring On The Night é o primeiro sinxelo de "White Light" e foi editado o 30 de outubro de 2015. O seu videoclip publicouse o 1º de decembro.
- I do what I like é o segundo sinxelo de "White Light" e foi editado o 17 de febreiro de 2015.
Lista de vendas
Notas
|
---|
|
Álbums de estudio | |
---|
Álbums ao vivo | |
---|
Recompilatorios | |
---|
Videografía | |
---|
Sinxelos | |
---|
Outras cancións | |
---|
Xiras | |
---|