Walter Matthau (1963) |
|
Nacemento | (en) Walter John Matthow 1 de outubro de 1920 Nova York, Estados Unidos de América |
---|
Morte | 1 de xullo de 2000 (79 anos) Santa Monica, Estados Unidos de América |
---|
Causa da morte | infarto agudo de miocardio cancro colorrectal |
---|
Lugar de sepultura | Westwood Village Memorial Park Cemetery (pt) |
---|
Educación | The New School Seward Park High School (en) |
---|
Altura | 189 cm |
---|
|
Ocupación | humorista, actor de teatro, actor de televisión, actor, actor de xénero, actor de cinema, director de cinema, realizador |
---|
Período de actividade | 1947 - |
---|
Xénero artístico | Western e cinema de comedia |
---|
|
Rama militar | Forzas Aéreas do Exército dos Estados Unidos |
---|
Conflito | segunda guerra mundial |
---|
|
Cónxuxe | Carol Grace (1959–2000) |
---|
Fillos | Charles Matthau |
---|
|
|
Sinatura |
|
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
---|
|
Walter John Matthow,[1] coñecido como Walter Matthau, nado en Nova York o 1 de outubro de 1920 e finado en Santa Monica (California) o 1 de xullo de 2000, foi un actor estadounidense.
Traxectoria
Fillo dunha parella de xudeus inmigrantes, comezou a actuar nun campamento.
Durante a segunda guerra mundial serviu nas forzas aéreas, acadando o grao de sarxento. Acabada a guerra tomou clases de interpretación en Nova York. Tras aparecer no episodio piloto da serie Mr. Peepers en 1952, debutou no cinema en The Kentuckian, con Burt Lancaster.
O seu primeiro papel nunha comedia foi no teatro en 1965, na obra The Odd Couple, de Neil Simon con Art Carney. Cando a obra foi levada ao cinema repetiu o papel, pero esta vez con Jack Lemmon
En 1966 gañou o Oscar ó mellor actor secundario por En bandexa de prata, a primeira das súas colaboracións con Billy Wilder.
Filmografía
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas