Vilar, Piñeira, Ribadeo

Vilar

Aparcadoiro cuberto en Ribadeo (Eroski - Vegalsa) Editar o valor en Wikidata
ParroquiaPiñeira
ConcelloRibadeo
Coordenadas43°32′23″N 7°03′47″O / 43.539794272017, -7.0629774757639
Poboación130 hab. (2022)
editar datos en Wikidata ]

Vilar é un lugar da parroquia de Piñeira, no concello lucense de Ribadeo, na comarca da Mariña Oriental. Segundo o IGE,[1] en 2022 tiña 130 habitantes (72 homes e 58 mulleres).

Toponimia

Parece que o seu nome vén do que se consideraba unha pequena vila formada por un agrupamento de dúas ou tres casas nas que había algún establecemento de carácter público, como unha tenda de comestibles, bar ou serraría, e unha gran pradería para os gandeiros, que incluso no transcurso da guerra civil española serviu de campo de aterraxe.

Na actualidade viuse transformada polas obras da autovía do Cantábrico e por estar cerquiña de Ribadeo. Isto comportou un aumento da poboación, con novas vivendas, talleres e industrias. A súa situación fai que medre e teña un crecemento importante debido tamén ás facilidades de comunicación que ten con Asturias, Lugo e A Coruña. No lugar hai unha zona comercial con hipermercados Eroski-Vegalsa, Mercadona e Lidl, Bricoking, Merkal e un hipermercado chinés.[2]

Lugares e parroquias

Lugares de Piñeira

Lugares da parroquia de Piñeira no concello de Ribadeo (Lugo)

O Alto dos Pinos | Arelongo | Barreiro | As Cruces | Dompiñor | A Eirexa | Folgosa | O Morgullón | O Outeiro | Río | Vilar

Parroquias de Ribadeo

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Ribadeo

Arante (San Pedro) | Cedofeita (Santa María Madanela) | Couxela (Santiago) | Covelas (San Vicente) | A Devesa (Santalla) | Ove (San Xoán) | Piñeira (San Xoán) | Ribadeo (Santa María) | Rinlo (San Pedro) | Santalla de Vilausende (Santalla) | Vilaframil (San Lourenzo) | Vilaselán (Santa María)

Notas

  1. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 26 de febreiro de 2023. 
  2. José Alonso (6 de novembro de 2016). "Vilar, de ser un barrio de las afueras de Ribadeo a capital comercial asturgalaica". La Voz de Galicia (en castelán). 

Véxase tamén

Outros artigos