Dompiñor, Piñeira, Ribadeo

Dompiñor

Vía do ferrocarril Ferrol-Xixón preto de Ribadeo (km 145)
ParroquiaPiñeira
ConcelloRibadeo
Coordenadas43°32′33″N 7°04′17″O / 43.542388888889, -7.0713055555556
Poboación73 hab. (2015)
editar datos en Wikidata ]

Dompiñor é un lugar da parroquia de Piñeira, no concello lugués de Ribadeo. Segundo o IGE[1] en 2015 tiña 73 habitantes (40 homes e 33 mulleres), un menos ca en 2007 (42 homes e 32 mulleres), e un máis que en 2006.

Orixe

Aparece documentado como Dompinol. Segundo Xosé María Rodríguez, ten a súa orixe na primitiva denominación de Villa domini Pinioli, que fai referencia ó nome do posesor latino Piniolus (Pinus + olus), como un dos primeiros poboadores históricos do lugar. Na súa evolución trocou -n- en -ñ- e -l- en -r- ata a forma actual, "piñor", que coa aglutinación de Dom- (Dominus) converteuse en Dompiñor.

Xeografía

Queda separado da capital parroquial pola vía de ferrocarril Ferrol - Xixón e pola construción da autovía do Cantábrico.

Os seus moradores eran e son labregos asentados que cultivaban a terra para autoconsumo e venda dos excedentes, despois de pagar as rendas das leiras que levaban en alugueiro ou cedidas en foros que conseguiron redimir algúns.

Dada a facilidade de comunicación e tránsito, asentouse no lugar algunha industria de servizos derivados do agro. Os minifundios van desaparecendo ó empregarse maquinaria agrícola que require leiras grandes. A concentración parcelaria influíu moito neste aspecto.

Lugares e parroquias

Lugares de Piñeira

Lugares da parroquia de Piñeira no concello de Ribadeo (Lugo)

O Alto dos Pinos | Arelongo | Barreiro | As Cruces | Dompiñor | A Eirexa | Folgosa | O Morgullón | O Outeiro | Río | Vilar

Parroquias de Ribadeo

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Ribadeo

Arante (San Pedro) | Cedofeita (Santa María Madanela) | Couxela (Santiago) | Covelas (San Vicente) | A Devesa (Santalla) | Ove (San Xoán) | Piñeira (San Xoán) | Ribadeo (Santa María) | Rinlo (San Pedro) | Santalla de Vilausende (Santalla) | Vilaframil (San Lourenzo) | Vilaselán (Santa María)

Notas

  1. ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en galego). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 6 de decembro de 2016.