O Alto dos Pinos é un lugar da parroquia de Piñeira, no concello lugués de Ribadeo. Tiña 14 habitantes en 2015 (6 homes e 8 mulleres) segundo datos do IGE[1]. Iso supón un aumento da poboación respecto a 2007 cando tiña 13 habitantes (5 homes e 8 mulleres), e dous habitantes máis que en 2006.
Localización
Sitúase nun pequeno alto cheo de pinos que aproveitaban para madeira e para leña. Formouse como consecuencia de asentamentos de veciños chegados doutros lugares próximos e da propia parroquia, que fixeron a súa vivenda nunha leira ou nun monte, despois de cortar os piñeiros. Era importante porque se cruzaban a estrada que unía A Coruña con Oviedo e a que une Piñeira con Folgosa.
Economía
Hoxe, despois da concentración parcelaria, xa non se traballa a terra coa axuda do gando, senón con maquinaria agrícola. As obras da autovía do Cantábrico, e antes as do ferrocarril Ferrol-Xixón separaron este lugar da parroquia e déronlle unha nova dimensión que se ve favorecida polo asentamento de pequenas industrias de servizos e algún taller, desaparecendo o cultivo agrícola, agás o de autoconsumo.
Lugares e parroquias
Lugares de Piñeira
Parroquias de Ribadeo
Notas