Vera Ingrid Gudrun Janine Tiesler, nada en Frankfurt o 2 de setembro de 1965, é unha catedrática da Universidade Autónoma do Iucatán, académica e investigadora de orixe alemá, radicada en México. É especialista en Antropoloxía Esquelética, Particularmente en estudos da cultura maia, actual e ancestral.[1][2]
Adscrita ó Sistema Nacional de Investigadores, a doutora Tiesler posúe un doutoramento en antropoloxía pola Universidade Nacional Autónoma de México e é unha recoñecida académica no mundo dos estudos da cultura maia. Entre as súas investigacións máis salientables están o realizar estudos bio arqueolóxicos ós restos da chamada Raíña Vermella de Palenque e as súas investigacións sobre as modificacións cefálicas dos antigos maias, o que a converten nunha das autoridades máis recoñecidas neste eido.
Notas