Uxío-Breogán Diéguez Cequiel
Uxío-Breogán Diéguez Cequiel, nado en Madrid o 17 de febreiro de 1978, é un historiador galego.[1]
Traxectoria
É fillo de Fidel Diéguez. Naceu en Madrid, onde fixou a súa residencia parte da familia paterna a finais dos anos 40 e de onde é a súa familia materna, e reside en Galiza desde 1992. Licenciouse en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse en Historia Contemporánea pola Universidade de Barcelona coa tese Nacionalismo Galego. Desarticulación, resistencia e rearticulación (1936-1975). É profesor na Universidade da Coruña, na que dirixe a Cátedra de Memoria Histórica da UDC.[2] É membro do Padroado da Fundación Moncho Reboiras para o Estudo e a Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza.[3]
Os seus temas centrais de estudo e investigación son a historia do nacionalismo galego, os movementos sociais no tempo contemporáneo e a didáctica das Ciencias Sociais. Formou parte da primeira dirección dos CAE, e despois foi membro dos CAF, sendo claustral na Universidade de Santiago de Compostela entre 1998 e 2002, e da xunta reitora e padroado da Fundación Alexandre Bóveda desde 2003, entidade da que é presidente desde 2014 a 2016, sendo tamén un dos cofundadores de Murguía. Revista Galega de Historia, que dirixe desde 2003. É tamén impulsor, xunto a Xosé Estévez, do Manifesto Galeusca: 1933-2008 de historiadores, que deu lugar ao I Encontro Galeusca Historia (Barcelona, 2010), ao II Encontro Galeusca Historia (Bilbao, 2012) e ao III Encontro Galeusca Historia (A Coruña, 2015), ao IV Encontro Galeusca Historia (Palma de Mallorca, 2017), ao V Encontro Galeusca Historia (Gernika, 2019) e ao VI Encontro Galeusca Historia (Tarragona, 2021).[4][5]
Ten colaborado tamén en diversas publicacións, como Praza, A Trabe de Ouro, Grial ou Terra e Tempo, así como en xornais e emisoras de radio (Cadena SER, Cuac FM e Radiofusión).
Obras
Ensaio
Edicións
Obras colectivas
- Mare Nostrum. A Importancia do Mar en Galicia. VIII Semana Galega de Historia (2001). Asociación Galega de Historiadores.
- Estudo socioeconómico da bisbarra de Ortegal, en Ortegal: olladas e perspectivas (2007). Fundación para o Estudo e Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza. Libro e DVD.
- A presenza de Alexandre Bóveda no interior e no exilio (1936-1977), en A Galiza de Bóveda: actas - 2003, (2009). Universidade de Vigo.
- O nacionalismo galego nos seus programas políticos. O século XX, 2009, Fundación Galiza Sempre.
- Antón Moreda, memoria do exilio (2010). Asociación Galega de Historiadores.
- "A ollada exterior do nacionalismo galego (2010). Fundación Galiza Sempre.
- Síntese histórica do movemento obreiro galego: das orixes até 1984 (2010). Fundación para o Estudo e Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza.
- Viaxes e construcción do pensamento. Viaxes e viaxeiros na Galiza anterior a 1936 (2011). Universidade da Coruña/Fundación Vicente Risco.
- Do Piñeirismo ao Consello da Mocedade. O rexurdir do nacionalismo galego (2013). Fundación Moncho Reboiras. Con Xoán Carlos Garrido Couceiro.
- Galego, português, galego-português (2013). Por Arturo de Nieves e Carlos Taibo (coordinadores), Através Editora.
- Liberalismo, institucionalización educativa y construcción nacional. Encuentros y desencuentros entre identidades: el caso gallego, en La Constitución de Cádiz (2013). Universidade de Cádiz.
- As Irmandades da Fala (1916-1931) (2016). Laiovento.
- A Transición en Galiza (coord) (2023). Santiago: Laiovento. 376 páxs. ISBN 978-84-8487-627-4. Política, sindicalismo, lingua e literatura, asociacionismo cultural, feminismo, comunicación e represión entre o tardofranquismo e a preautonomía
Participación en congresos
- Introducción á imprensa nacionalista na IIª República: "Alento", un caso singular, IX Congreso de Novos Historiadores de Galicia, 2001, Asociación Galega de Historiadores.
- O nacionalismo xuvenil na Galiza republicana: De "Ultreya" á creación da "Federación de Mocedades Galeguistas", (1932-1934), X Congreso de Novos Historiadores de Galicia, 2002, Asociación Galega de Historiadores.
- Protagonistas da Asemblea: Rajoy, Bóveda e Castelao, Xornadas A Asemblea de Concellos Pro-Estatuto de Galicia, 2008, Instituto Padre Sarmiento/CSIC.
- Xénese e evolución do nacionalismo galego no primeiro terzo do s. XX. Educación, formación patriótica e soberanismo, no Congreso Emigración e educación (1900-1936). I Centenario das Escolas da Unión Hispano-Americana Valle Miñor (1909-2009), 2009, Arquivo da Emigración Galega-Consello da Cultura Galega/Instituto de Estudos Miñoranos/Universidade de Vigo/Universidade de Santiago de Compostela/Universidade da Coruña.
- O galeguismo e arredismo galego en Cuba no marco do primeiro terzo do S. XX, no Congreso Trans-National Negotiations: Cuba and Galiza, 2010, College of Arts and Law of University of Birmingham.
Colaboración en documentais
- Galiza en Canarias, 2006, Fundación para o Estudo e Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza.
- "O sector enerxético en Galiza: situación e perspectivas de futuro, 2011, Fundación para o Estudo e Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza.
- Mundo do Traballo e organización de clase (1936-1960), en Síntese Histórica do Movemento Obreiro Galego, 2012, Fundación para o Estudo e Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza.
- A Fazaña da Liberdade, 2013, Filmika Galaika.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
|