Urraca Froilaz (Urraca Froile ) foi unha nobre galega de finais do século XI , filla do conde Froila Arias de Traba e Ardiu Díaz de Aranga .
Traxectoria
Territorio aproximado da herdanza paterna de Urraca Froilaz. A unión das terras de Urraca, entre o río Tambre e o mar, e as do seu home Pedro Froilaz n na zona noroccidental do reino, deron lugar ao Condado de Trastámara [ 3] .
Foi unha importante aristócrata, descendente dalgunha das mais antigas liñaxes nobiliarias galegas. A súa nai Ardiu Díaz (Ardiu Diat ), proviña da familia dos condes de Présaras [ 4] , fundadores do Mosteiro de Sobrado dos Monxes [ 5] , foi filla do conde Diego Gutérrez, mordomo regis do rei Fernando I e da nobre Acenda Seriz. O seu pai o conde Froila Arias , foi señor da terra de Traba[ 6] , nas bisbarras de Soneira e Bergantiños [ 7] , e irmán do bispo Cresconio de Iria , tutor do rei García II .
De ambos proxenitores herdou importantes dominios territoriais[ 8] e outras posesións. Entre estas últimas, un palacio en Compostela, situado entre o Mosteiro de San Martiño Pinario e a igrexa de Santiago[ 3] , e o Mosteiro de San Xoán de Sabardes , que restaurou e dotou de importantes bens[ 9] . Por parte da súa nai Acenda, Urraca herdou tamén a reclamación da propiedade do mosteiro de Sobrado dos Monxes . Este mosteiro, pasara á propiedade real após a fracasada revolta de Sexeredo, visabó de Urraca contra o rei Fernando I no ano 1050 . Baseándose nesta reclamación, no ano 1118 , a raíña Urraca e o seu fillo Afonso VII restituiron o mosteiro aos seus fillos Vermudo e Fernán [ 10] .
Urraca casou no ano 1088 con Pedro Froilaz[ 11] , herdeiro como ela de extensos territorios situados na área noroccidental do reino galego , a unión das pertenzas dos cónxuxes abranguían a maior parte da actual provincia da Coruña , desde o río Tambre até o Mar Cantábrico e desde as terras de Aranga até o océano Atlántico , e conformaron o Condado de Trastámara , cuxo primeiro posesor coñecido foi o propio Pedro Froilaz (in Trastamar comite Petrus Froyle) [ 12] .
Urraca Froilaz faleceu no ano 1102 deixando cinco fillos do seu casamento con Pedro Froilaz[ 13] :
Notas
↑ "Liñaxe Traba S.X" . Xenealoxias do Ortegal . Arquivado dende o orixinal o 16/10/2020. Consultado o 10/12/2018 .
↑ "Liñaxe Aloitiz S.IX-XI" . Xenealoxias do Ortegal . Arquivado dende o orixinal o 28/12/2019. Consultado o 10/12/2018 .
↑ 3,0 3,1 LÓPEZ SANGIL 2005. p. 22
↑ "Liñaxe Aloitiz, s. IX - XI" . www.xenealoxiasdoortegal.net . Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2019. Consultado o 2018-12-19 .
↑ López Sangil, Jose Luis (2001). "La fundación del monasterio de san Salvador de Cines" (PDF) . Anuario Brigantino (24): 144.
↑ "Tenencia Traba" . www.xenealoxiasdoortegal.net . Arquivado dende o orixinal o 06 de decembro de 2018. Consultado o 2018-12-19 .
↑ López Teixeira, Xosé Antonio (2013). Rex et Regina. Urraca, Afonso Raimúndez e a monarquia galega . Toxos Outos. p. 24. ISBN 978-84-15400-78-3 .
↑ López Ferreiro, Antonio (1900). Historia de la Santa a.m. iglesia de Santiago de Compostela 3 . p. 323.
↑ López Morán, Enriqueta (2004). "El Monacato Femenino Gallego en la Alta Edad Media" (PDF) . Nalgures (1): 140.
↑ López Teixeira, Xosé Antonio (2013). Rex et Regina. Urraca, Afonso Raimúndez e a monarquía galega . Toxos Outos. p. 16. ISBN 978-84-15400-78-3 .
↑ Barton, Simon (2002-07-18). The Aristocracy in Twelfth-Century León and Castile (en inglés ) . Cambridge University Press. ISBN 9780521894067 .
↑ "Tenencia do condado de Trastámara nos reinados de Urraca I (1109-1126), e Afonso VII (1111 - 1157)" . www.xenealoxiasdoortegal.net . Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2020. Consultado o 2018-12-19 .
↑ LÓPEZ SANGIL 2005. p. 53
Véxase tamén
Bibliografía