En 1922, a universidade foi denominada como a Universidade Estatal de Azerbaidján e a partir de 1923, dispúxose que as ensinanzas fosen en ruso. Entre 1926 e 1929 o reitor foi Fagi Shahbazi.
En 1930, o goberno acordou o peche da Universidade por mor da reorganización da educación superior na Unión Soviética e a Universidade foi substituída polo Instituto Pedagóxico Superior. Porén, en 1943 restableceuse, de novo, a universidade, que se converteu no centro científico e pedagóxico da República e continuou funcionando durante os anos da segunda guerra mundial experimentando unha importante escaseza de profesorado.
Polo seu 40º aniversario, en 1959, a Universidade xa contaba con 13 facultades. Pero foi a partir de 1969, cando se desenvolveu enormemente a impartición de coñecemento, pois se crearon varias facultades e departamentos de especialidades modernas e máis de 30 laboratorios de investigacións científicas
Entre os licenciados da BSU houbo dous presidentes de Azerbaidján: Abulfaz Elchibey (graduouse na Facultade de Literatura e Lingua árabe) e Heydar Aliyev,[3] que dominou Azerbaijan a vida política do país, durante 30 anos, dende a Facultade de Historia. Tamén o físico Lev Landau, estudou na BSU entre 1922 e 1924.
A partir de 2010
Hoxe, a BSU imparte 16 titulacións co 55 licenciaturas e 153 máster. BSU é a única universidade da República de Azerbaidján clasificada na Clasificación de Universidades por Rendimiento Académico, ocupando o posto 1872 a nivel mundial na clasificación de 2014-2015.[4]
Relacións internacionais
Ao longo do tempo, a universidade foi tecendo e incrementando as relacións con diversas institucións internacionais como a Asociación de Universidades de Eurasia, que une a un gran número de universidades da anterior Unión Soviética. Entre 2002-2004, a BSU liderou a Asociación de Universidades de Estados de Mar Negro. Ademais, a tamén asinou acordos de cooperación científica e técnica, e programas para intercambiar profesorado non máis de 40 universidades internacionais entre as que destacan: a Universidade Estatal de Moscova, a Universidade Técnica de Oriente Medio, a Universidade Antipole de Niza-Sofía, a Universidade de Bucarest, a Universidade de Indiana, a Universidade Nacional de Kíiv, a Universidade de Viena e outras importantes universidades.[5] Tamén publicou conxuntamente, con varias desas universidades, conferencias científicas, libros de texto e organizou talleres.[3]
Estrutura
Consello académico
O Consello académico de Bakú ten como funcións universitarias estatais: contribuír á educación, a súa calidade, representación da universidade así como o establecemento de relacións internacionais.
Facultades
Matemáticas aplicada e Cibernética Económica
Física
Mecánica e Matemáticas
Química
Bioloxía
Ecoloxía e Ciencias da Terra
Xeoloxía
Xeografía
Historia
Filoloxía
Teoloxía
Economía e Relacións internacionais
Xornalismo
Dereito
Estudos orientais
Psicoloxía e Ciencias Sociais
Biblioteconomía (é a única facultad destes estudos en Azerbaidján)[6]
Institutos de investigación
Instituto de Investigación Científica de Matemáticas Aplicadas