Ungulani Ba Ka Khosa, nome tsonga (grupo étnico do sul de Moçambique) de Francisco Esaú Cossa, nado en Inhaminga (distrito de Cheringoma, provincia de Sofala, Mozambique) o 1 de agosto de 1957, é un escritor e profesor de Mozambique.[1]
Traxectoria
Khosa completou a educación primaria na provincia de Sofala e a secundaria, en parte en Lourenço Marques e en parte en Zambézia. En Maputo realizou o seu bacharelato en Historia e Xeografía na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade Eduardo Mondlane e exerceu como profesor de secundaria.
En 1982 traballou durante ano e medio no Ministerio de Educación. Seis meses despois de deixar o Ministerio de Educación, foi convidado a traballar na Asociación de Escritores de Mozambique (AEMO), da que é membro. Foi Director do Instituto Nacional do Livro e do Disco e Director Adxunto do Instituto Nacional de Cinema e Audiovisual de Moçambique. Durante a década de 90, foi cronista assiuo de varios xornais.[1]
Comezou a súa carreira como escritor coa publicación de varios contos e participou na fundación da revista Charrúa de AEMO.
Foi a realidade que viviu en Niassa e Cabo Delgado, onde había zonas de campamentos de reeducación mal organizadas, a que o fixo inclinar máis pola literatura e, por iso, sentiu a necesidade de escribir para falar e expor esta realidade á xente.
Ten un forte vínculo coa cultura brasileira, tendo participado de varios eventos culturais e académicos no Brasil, como FlinkSampa (São Paulo/SP), Afrolic (Recife/PE), FliPoços (Poços de Caldas – MG), USP (São Paulo/SP) e Unicamp (Campinas/SP).[1]
Influencias literarias
Obras
- Ualalapi (1987). Maputo: Associação dos Escritores Moçambicanos. (Novela; gañou o gran premio de ficción mozambicana en 1990) [2] 2013: Belo Horizonte: Nandyala.
- Orgia dos Loucos( 1990). Maputo: Associação dos Escritores Moçambicanos.
- Histórias de amor e espanto (1999). Maputo: INLD.
- No Reino dos abutres (2002).
- Sobreviventes da noite (2005). Maputo: Texto Editora.
- Orgia dos loucos (2008). Maputo: Alcance. 2016: Brasil: Editorial Kapulana.
- Choriro (2009). Lisboa: Sextante Editora.
- Entre as memórias silenciadas (2013).[3] Maputo: Texto Editora.
- O Rei Mocho (2012). Maputo: Escola Portuguesa de Moçambique. 2016: Brasil: Editorial Kapulana.
- Orgia dos Loucos (2016) Brasil: Editorial Kapulana.
- Cartas de Inhaminga (2017).[4]
- Gungunhana (2018). Porto Editora.[5] 2018: Maputo: Plural Editores.
- Gungunhana: Ualalapi e As mulheres do Imperador (2018). Vozes da África.
Premios
- Grande Prémio de Ficção Narrativa, com Ualalapi (1987), 1990.
- Prémio Nacional de Ficção, com Ualalapi (1987), 1994.
- Un dos 100 mellores novelas africanas do século XX: Ualalapi (1987), 2002.
- Prémio José Craveirinha de Literatura, con Os sobreviventes da noite (2005),
- Prémio BCI de Literatura, con Entre as memórias silenciadas (2013), 2013.
- Ordem de Rio Branco, Grau de Comendador (2018) concedido polo Goberno Brasileiro, polos 30 anos de carreira literriaa, iniciada coa publicación de Ualalapi, en 1987.
- Prémio José Craveirinha de Literatura, polo conxunto da obra literaria (2018).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Chabal, Patrick (1996). A literatura poscolonial da África lusófona. Londres: Hurst & Company.
- Chabal, Patrick (1994). Mozambican Voices literatura e nacionalidade. Lisboa: Veiga.
- Khosa, Ungulani Ba Ka (1990). Ualalapi. 2ª ed. Lisboa: Editorial Caminho.
- Laranjeira, Pires (1995). Literaturas africanas de expressao portuguesa. Lisboa: Universidade Aberta.
- Leite, Ana Mafalda (1998). Orais e escritos nas literaturas africanas: Ualalapi, Ungulani Ba Ka Kosa. Lisboa: Colibri.