Turces, TouroPara outras páxinas con títulos homónimos véxase: Turces.
Santa María de Turces é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Touro, na comarca de Arzúa, na provincia da Coruña. Conta cunha superficie de 4,36 km². Segundo o IGE en 2013 tiña 177 habitantes (85 mulleres e 92 homes) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 248 habitantes. XeografíaLinda polo norte con Beseño, polo sur coa parroquia de Calvos de Socamiño e o río Ulla, polo leste Dombodán e Branzá, estas do concello de Arzúa; e polo oeste, topa coa parroquia de Andeade. Na parroquia está situado o CEIP de Turces. AgroturismoEn Murgás atópase o centro agroturístico Arquesán, da queixaría que funciona dende o ano 1987 producindo queixos Arzúa-Ulloa. Nesta queixaría-escola calquera que acceda a ela poderá proceder a elaboración de queixos ou outros produtos lácteos. Patrimonio
Festas locais
Lugares e parroquiasLugares de Turces
Parroquias de TouroNotasVéxase taménOutros artigos |