San Xoán de Touro é unha parroquia pertencente ó concello de Touro. Situada aproximadamente no centro do concello, alberga a capital, Fonte Díaz. Segundo o IGE en 2012 tiña 631 habitantes (315 homes e 316 mulleres) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 655 habitantes.
Xeografía
Limita ó norte coa parroquia de San Xiao de Cebreiro do concello do Pino, ó oeste con Santa María de Loxo, ó suroeste con San Pedro de Ribeira, ó sur con Santa Uxía de Fao, ó sueste con Santiago de Andeade e ó leste con San Fiz de Quión.
A parroquia é atravesada pola estrada comarcal AC-240, que cruza o concello de Touro de suroeste a nordeste.
Nesta parroquia están situados edificios coma a casa do concello, o CPI Fonte Díaz, a piscina municipal, o cuartel da Garda Civil, a área recreativa da Santaia, unha residencia da terceira idade, e outros edificios de interese. Ademais no norte da parroquia aséntase parte dunha escombreira dunha antiga mina de cobre.
A igrexa parroquial está situada na aldea do Barral, aínda que hai outra construída na vila de Fonte Díaz máis recentemente e que se usa con moita máis frecuencia.
Lugares e parroquias
Lugares de Touro
Parroquias de Touro
Notas
Véxase tamén
Outros artigos