Total Control
Total Control é unha banda australiana de post-punk formada en Melbourne no ano 2008. O grupo está composto por Mikey Young (guitarra, teclados), Dan Stewart (voces), Al Montfort (guitarra), Zephyr Pavey (baixo) e James Vinciguerra (batería). Despois dunha serie de sinxelos, o álbum de estrea da banda, Henge Beat, foi publicado en agosto do ano 2011. O seu segundo traballo, Typical System, apareceu en xuño de 2014, e o terceiro, Laughing At The System, en decembro de 2017. HistoriaTotal Control foi formado en 2008 polo membro da banda Eddy Current Suppression Ring Mikey Young e o de UV Race Dan Stewart. A parella, que se uniu xa que tiñan un interese común por artistas de principios dos 80 como Devo, Gary Numan, The Screamers e The Adolescents, gravando algunhas cancións usando un sampler e sintetizadores no estudio caseiro de Young. Durante os seguintes anos conseguiron un seguimento de culto editando unha serie de sinxelos en 7" e tocando tan só un feixe de concertos.[1][2][3] Total Control converteuse nun quinteto coa incorporación do guitarrista Al Montfort, o baixista Zephyr Pavey, e o batería James Vinciguerra. Young explicou a razón da ampliación a The Washington Post: "Bandas con caixas de ritmos e tres sintetizadores non son tan divertidas de ver como as bandas con baterías e guitarras", dixo. "Decatámonos de que non podía ser bo en directo, así que intentamos adaptar as cancións para traballar nunha banda de rock and roll".[1] A banda editou o seu álbum de estrea, Henge Beat, en agosto de 2011 a través do selo de Seattle Iron Lung Records. Despois realizaron unha xira polos Estados Unidos coa banda de San Francisco Thee Oh Sees, coa cal tamén lanzaron un EP compartido, e tocaron no festival All Tomorrow's Parties en Minehead, Somerset en decembro de 2011.[3] O grupo lanzou o seu segundo álbum de estudio, Typical System, en xuño de 2014, novamente a través de Iron Lung.[4] O seu último traballo ata a data, Laughing At The System, apareceu en decembro de 2017.[5] DiscografíaÁlbums
Notas
Véxase taménLigazóns externas |