Gary Anthony James Webb, nado en Hammersmith, Londres o 8 de marzo de 1958[1][2][3] e mellor coñecido profesionalmente como Gary Numan, é un vocalista, compositor, músico e produtor británico. Entrou por vez primeira na industria musical como vocalista da banda de new wave Tubeway Army. Tras publicar dous álbums co grupo, Numan editou o seu disco de estrea en solitario, The Pleasure Principle, en 1979. Máis coñecido polos seus éxitos nas listas "Are 'Friends' Electric?" e "Cars", Numan acadou o seu pico de popularidade entre o gran público entre finais dos 70 e principios dos 80, pero mantén unha leal base de seareiros.
Notas