O Torneo das Seis Nacións 2009, coñecido como 2009 RBS 6 Nations polo patrocinio do Royal Bank of Scotland, foi a edición do ano 2009 do Torneo das Seis Nacións de rugby e a décima edición da competición co sistema actual de seis nacións participantes no mesmo. Incluíndo os torneos precedentes Home Nations e o Torneo das Cinco Nacións, esta foi a edición 115 do torneo entre as mellores seleccións do Hemisferio Norte. A competición comezou o 7 de febreiro co partido entre Inglaterra e Italia disputado en Londres e rematou o 21 de marzo co partido entre Gales e Irlanda en Cardiff.
No torneo participaron Inglaterra, Francia, Irlanda, Italia, Escocia e Gales. O equipo campión foi Irlanda, que obtivo o segundo Grand Slam da súa historia, logro que non conseguía dende 1948, alén da súa décima Tripla Coroa, ao derrotar a Inglaterra, Gales e Escocia no torneo e o seu oitavo Millennium Trophy tras derrotar a Inglaterra. Por outra banda, Inglaterra alzouse coa Calcutta Cup logo de gañar a Escocia, o que supuxo o seu título número 63.
↑Martyn Williams captained Wales in their opening match against Scotland after Jones failed a fitness test hours before kickoff. PA Sport (8 February 2009). "Wales make winning start". Six Nations Rugby. Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2009. Consultado o 8 February 2009.
↑Alun Wyn Jones captained Wales in their Round 4 match against Italy, as coach Warren Gatland chose to move Ryan Jones to the bench for that match only. Rimmer, Simon (5 March 2009). "Jones named Wales' 127th captain". Welsh Rugby Union. Arquivado dende o orixinal o 17 de marzo de 2009. Consultado o 10 March 2009.
↑Unlike the other head coaches in the 2009 Six Nations, Martin Johnson holds the position of team manager