O Twickenham Stadium (normalmente coñecido sinxelamente coma Twickenham ou Twickers[1]) é un estadio situado en Twickenham, en London Borough of Richmond upon Thames (municipio do Gran Londres). É o estadio máis grande de rugby do Reino Unido, sendo ampliado recentemente a 82.000 espectadores, o que o converte no segundo estadio máis grande do estado despois do novo estadio de Wembley.
O estadio é a casa da Federación de Rugby-Fútbol (Federación Inglesa de Rugby) ou RFU, e como tal é o principal lugar para a celebración deste deporte en Inglaterra. Acolle así pois á selección de rugby nos seus partidos na casa, ademais tamén acolle o Middlesex Sevens, a final da Aviva Premiership, e decotío partidos da LV Cup e da Champions Cup. O estadio está considerado coma unha icona do rugby de inglés.
Aínda que o campo é utilizado case que exclusivamente polo rugby, no pasado foi ocupado por eventos de grande importancia coma concertos de Bon Jovi, Iron Maiden, Genesis, U2, The Rolling Stones, The Police, Eagles e máis recentemente de R.E.M..
O estadio é visíbel cando os avións se aproximan ao Aeroporto de Heathrow.
Notas