Iron Maiden é unha banda inglesa de heavy metal, orixinaria de Leyton, no East End de Londres.
Traxectoria
A banda foi formada en 1975 polo baixista Steve Harris, un antigo membro de Gypsy's Kiss e Smiler. Iron Maiden é unha das máis exitosas e influentes bandas do New wave of British heavy metal. A banda gañou o Premio Ivor Novello polos seus logros internacionais en 2002. Tamén se lles introduciu no Hollywood's Rock Walk durante a súa xira polos Estados Unidos en 2005. Esta banda é considerada por moitos a mellor banda de Heavy Metal da historia.
O nome fai referencia á "dama de ferro", un instrumento de tortura. A historia de Iron Maiden comeza en 1974, cando Steve Harris con 15 anos de idade, inspirado por Wishbone Ash, Black Sabbath, Free, Yes, FM, Jethro Tull e Genesis, comprou un baixo Telecaster por unhas 40 libras. Steve inicialmente tivo a ilusión de ser xogador de fútbol do West Ham, con todo, había unha chea de xogadores de gran calidade e só uns poucos chegaban a ser profesionais. A pesar diso, el continuou adestrando. Tras meditalo seriamente, perdeu todas as esperanzas de ser algún día un xogador profesional, así que comezou a dedicar todos os seus esforzos á súa outra gran paixón: a música. Isto conduciu á formación dunha banda que chamou "Influence", e que posteriormente pasaría a chamarse Gypsy´s Kiss.
Membros actuais
Discografía
Álbums de estudio
Data de lanzamento
|
Título
|
Selo
|
Clasificación de vendas
|
14 de abril de 1980
|
Iron Maiden
|
Capitol Records
|
#4 (UK)
|
1981
|
Killers
|
Capitol Records
|
#12 (UK), #78 (US)
|
29 de marzo de 1982
|
The Number of the Beast
|
EMI
|
#1 (UK), #33 (US)
|
1983
|
Piece of Mind
|
EMI
|
#3 (UK), #14 (US)
|
setembro de 1984
|
Powerslave
|
EMI
|
#2 (UK), #21 (US)
|
setembro de 1986
|
Somewhere in Time
|
EMI
|
#3 (UK), #11 (US)
|
abril de 1988
|
Seventh Son of a Seventh Son
|
EMI
|
#1 (UK), #12 (US)
|
8 de outubro de 1990
|
No Prayer for the Dying
|
EMI
|
#2 (UK), #17 (US)
|
12 de maio de 1992
|
Fear of the Dark
|
Epic Records
|
# 1 (UK), #12 (US)
|
2 de outubro de 1995
|
The X Factor
|
CMC International
|
# 8 (UK), #147 (US)
|
23 de marzo de 1998
|
Virtual XI
|
CMC International
|
#16 (UK), #124 (US)
|
30 de maio de 2000
|
Brave New World
|
Sony
|
#7 (UK), #39 (US)
|
8 de setembro de 2003
|
Dance of Death
|
Columbia Records
|
#2 (UK), #18 (US)
|
28 de agosto de 2006
|
A Matter of Life and Death
|
EMI, Sanctuary
|
#4 (UK), #9 (US)
|
2010
|
The Final Frontier
|
EMI
|
|
2015
|
The Book of Souls
|
Parlophone
|
|
2021
|
Senjutsu
|
Parlophone
|
|
Álbums en directo
Recompilatorios