Tino Grandío
Constantino Grandío López, coñecido como Tino Grandío, nado en Lousada (Guntín) o 31 de decembro de 1924 e finado en Lugo o 23 de abril de 1977,[1] foi un pintor galego. Traxectoria![]() Estudou o bacharelato en Lugo e despois trasladouse a Santiago de Compostela. Abandonou os estudos para dedicarse á pintura. En 1949 marchou a Madrid onde recibiu a axuda do escultor Cristino Mallo e do pintor Díaz Caneja. En 1955 foi seleccionado para a Bienal Hispanoamericana de Arte en Barcelona. Realizou exposicións individuais en Madrid, Barcelona, Lisboa, París, Nova York, Múnic e Alexandría e colectivas en América do Sur e algunhas cidades europeas. Tino Grandio foi o autor da portada do LP Galicia, miña nai dos dous mares (1976), álbum de Juan Pardo en galego, no que se musican poemas de Ramón Cabanillas, Eduardo Pondal e Antonio D. Olano. Premios
Notas
Véxase taménLigazóns externas |